Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 10 Total: 29
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Estomatoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Coñecer a xestión profesional da clínica odontolóxica
2.- Coñecer a lexislación que afecta ás clínicas dentais e o seu personal
3.- Ser capaz de planificar e organizar un modelo de negocio dental tipo
4.- Comprender a xestión de recursos humans e materiais dunha clínica dental
5.- Dominar a comunicación efectiva cos doentes e o equipo
6.- Coñecer os fundamentos deontolóxicos da profesión
7.- Coñecer os principios e fundamentos da xestión, planificación e marketing nunha clínica odontolóxica
8.- Promover a necesidade da aprendizaxe autónoma continua e a motivación pola calidade
PROGRAMACIÓN TEÓRICA
1.- Introducción á Planificación e Xestión da Clínica Odontolóxica: Conceptos xerais, obxectivos e interés profesional da organización, xestión e marketing dental. Aspectos administrativos e legais na clínica odontolóxica. Xestión estratéxica.
2.- O doente-cliente: Tipos, a primera visita, información, comunicación, atención. Valor do Cliente: concepto. Captación e fidelización dos doentes-clientes. Resolución de reclamacións, xestión de crisis.
3.- Xestión e Planificación da Clínica Odontolóxica: Planificación e plan de negocio. Plan económico financieiro. O equipo: liderado, dirección, xestión de R.R.H.H., proceso de selección, formación e motivación. Estructura, ubicación e deseño da clínica odontolóxica. Calidade de servizo e creación de valor: satisfacción e prezo. Xestión por procesos e calidade asistencial. Análisis estratéxico. Xestión interna.
4.- Marketing da Clínica Odontolóxica: Plan estratéxico: estudo de mercado, xeneralidades do marketing sanitario, segmentación e posicionamento. Marca e imaxen. Marketing de servizos. A clínica dental como empresa de servizos. Publicidade.
PROGRAMACIÓN PRÁCTICA
1.- Informatización de la consulta (paperless practice): Organización de citas e ficheiros. Programas informáticos de xestión dental. Integración das novas tecnoloxías e IA na clínica odontolóxica. Ferramentas ofimáticas básicas.
2.- Aspectos legais na clínica dental (LOPD, documentación, residuos sanitarios, prevención de riscos laboráis, licenzas/normativas como centro sanitario, seguro de responsabilidade profesional, control horario/xornada laboral e outros).
3.- Marketing interno e externo. Posicionamento no mercado, creación de imaxe / logotipo de marca. Conferencias promocionais.
4.- Dinámica de equipos. Xestión do tempo. Distribución de tarefas e fluxos de traballo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA
Corral, I., Itza, F., Martí, J.F. (2007). Organización, gestión y calidad en la clínica dental. ERGÓN Ediciones, Barcelona.
Echarri, P., Fernández, J.M., Geli, J., Mesenguer, J.R. (2006). Marketing para la clínica odontológica. (1ª parte y 2ºparte). Ed. Nexus médica. Barcelona.
Gallas-Torreira, M. (2018). Gestión de calidad del servicio odontológico: aproximación teórico-práctica. Ed. Académica Española (EAE), Latvia.
Harrison, J.L., Willis, D.O., Thieman, Ch. K. (2023). Business Basics for Dentists. Second Edition. Ed. John Wiley & Sons, Inc., New Jersey, USA.
Hernández, A., Martínez, J.M. (2014). Marketing Sanitario. Evolución-Revolución. Business Marketing School, ESIC Editorial, Madrid.
Morchón, P. (2017). El camino hacia el éxito de tu clínica dental. Ed. Quintessence, S.L. España. Barcelona.
Okuji, M. (2010). Dental practice: get in the game. Winning bussiness strategies for new dentists. Quintessence Publishing Co, Inc. Quintessence Books.
Roig Jornet, P. (2018). Odontología Slow. Gestión hacia la excelencia. Ed. Quintessence, S.L. España. Barcelona.
Sáez, F. (2011). Cómo crear y gestionar tu consulta. S.P.A.,S.L. Madrid.
Utrilla, M., Viñals, P., Carralero, I. (2011). Gestión en Odontología. Bellisco Ediciones Técnicas y Científicas, Madrid.
Utrilla, M. (2010). Manual de contabilidad en Odontología. BELLISCO Ediciones.
Young, L.B., O´Toole, C.R., Wolf, B. (2015). Communication skills for dental health care providers. Ed. Quintessence Publishing Co, Inc. Quitessence books.
ENLACES DE INTERESE
General Council of Dentists. Collegiate Organization of Dentists of Spain http://www.colegiodedentistas.com/
Dental Economics. Periodical Magazine http://www.dentaleconomics.com/index.html
http://www.infomed.es/.
Recollidos na memoria do título de Grao en Odontoloxía da USC:
- COÑECEMENTOS:
Con 12 Coñecer os biomateriais dentais: a súa manipulación, propiedades, indicacións, alerxias, biocompatibilidade, toxicidade, eliminación de residuos e impacto ambiental.
Con13 Coñecer o Sistema Nacional de Saúde, os aspectos básicos da lexislación sanitaria, xestión clínica e utilización adecuada dos recursos sanitarios, comprendendo a importancia do papel do dentista no ámbito da Atención Primaria de Saúde
Con15 Aplicar os principios de ergonomía no traballo odontolóxico, tanto a nivel individual como dentro do equipo e traballo cando sexa apropiado, tamén nos principios de prevención de riscos laborais asociados a práctica odontolóxica.
Con16 Proporcionar un enfoque global dos coidados orais e aplicar os principios de promoción da saúde e prevención das enfermidades bucodentarias.
Con20 Coñecer as repercusións das tendencias demográficas e epidemiolóxicas na práctica da odontoloxía.
Con21 Coñecer a organización e a provisión da asistencia en salud oral na comunidade, tanto a nivel privado como público, así coma a asistencia sanitaria xeral e do papel do dentista en estes ámbitos.
Con23 Coñecer os preceptos ético-deontolóxicos lexislativos e administrativos que regulan a profesión odontolóxica e a súa aplicación na xestión e na práctica clínica, así como coñecer a organización, competencias e funcións das corporacións profesionais. Cumplimentar todo tipo de documentos e rexistros médico-legais.
Con24 Coñecer o papel do dentista dentro das profesións sanitarias e traballar con outros profesionais sanitarios e outros membros do equipo odontolóxico.
Con25 Recoñecer que o doente é o centro de atención e que todas as interaccións, incluidas prevención, diagnóstico, planificación e execución do tratamento e mantemento, deben procurar o seu mellor interés, evitando calquera tipo de discriminación e respetando a confidencialidade.
- HABILIDADES ou DESTREZAS:
H/D01 Coñecer os elementos esenciais da profesión de odontólogo, incluindo os principios éticos e as responsabilidades legais
H/D02 Comprender a importancia destes principios para o beneficio do paciente, da sociedade e a profesión, con especial atención
a o secreto profesional.
H/D03 Saber identificar as inquietudes e expectativas do paciente, comunicarse de forma efectiva e clara, na forma oral e na escrita, cos pacientes, os familiares, os medios de comunicación e outros profesionais.
H/D04 Comprender e recoñecer os aspectos sociais e psicolóxicos relevantes para tratamento de pacientes.
H/D06 Comprender a importancia de realizar unha práctica profesional con respeito a la autonomía do paciente, as súas creenzas e cultura.
H/D07 Promover a aprendizaxe de manera autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
H/D08 Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
H/D09 Comprender a importancia de manter e utilizar os rexistros con información do paciente para o seu posterior análisise, preservando a confidencialidade dos datos.
H/D17 Comprender e recoñecer os principios de ergonomía e seguridade no traballo (incluido control de infeccións cruzadas, protección radiolóxica e enfermedades ocupacionais e biolóxicas).
H/D18 Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
H/D20 Obter e elaborar unha historia clínica que conteña toda a información relevante.
H/D30 Recoñecer o papel do dentista nas accións de prevención e protección das enfermidades bucaies, tamén no mantemento e promoción da saúde, a nivel individual e comunitario.
- COMPETENCIAS:
Comp 04 Coñecemento de unha segunda lingua
Comp 06 Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e xestionar información de diversas fontes)
Comp 08 Toma de decisións
Comp 09 Capacidad crítica e autocrítica
Comp 11 Habilidades interpersonais
Comp 12 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar
Comp 13 Capacidade para comunicarse con expertos de outras áreas
Comp 14 Apreciación da diversidade e da multiculturalidade
Comp 16 Compromiso ético
Comp 17 Capacidade de aplicar os conocimientos na práctica
Comp 19 Capacidade de aprendizaxe autónomo
Comp 20 Capacidade de adaptarse a novas situaciones
Comp 21 Capacidade para xerar nuevas ideas (creatividad)
Comp 22 Liderado
Comp 25 Deseño e xestión de proxectos
Comp 26 Iniciativa e espíritu emprendedor
Comp 27 Preocupación pola calidade
Comp 28 Motivación de logro
Especialmente a capacidade de análise e síntese, resolución de problemas, toma de decisións, capacidade crítica e autocrítica, traballo en equipo, habilidades nas relacións interpersonais, fomentar a calidade asistencial, capacidade de adaptación as novas situacións.
Na parte teórica os contidos serán impartidos polo profesorado mediante clases expositivas co apoio do campus virtual para achega de documentación para o estudo ( documentos .doc e .pdf, presentacións .ppt, vídeos ou enlaces web) e os tests de autoevaliación da materia. Nas prácticas aplicaránse de forma práctica os coñecementos adquiridos en seminarios, talleres prácticos/prácticas clínicas coa metodoloxía de resolución de problemas, esta docencia será impartida na clínica odontolóxica con doentes e nos seminarios interactivos programados. Nas tutorías o profesorado atenderá persoalmente de forma individual ou en grupo o alumnado para orientalos no estudo da materia e resolver as dúbidas e comentarios planteados na docencia teórica e práctica da materia.
Haberá unha avaliación continua, valorando a asistencia e participación do alumno nas clases e sesións interactivas (20%). A realización de tarefas consitirá fundamentalmente en tests de autoavaliacións, análise e comentario de textos e artículos científicos seleccionados e exercicios prácticos. Haberá unha proba final escrita de contidos teóricos tipo test de opción múltiple (60% de nota final) e dos contidos das clases interactivas de tipo pregunta corta (20% de nota final). No caso de constatarse a realización fraudulenta de exercicios ou probas (plaxio e/ou uso indebido das tecnoloxías) será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O alumno dedicará 45 horas ao estudo dos temas presentados na docencia expositiva, dedicando aproximadamente 15 horas á preparación das sesións interactivas e preto de 10 horas para ler textos e documentos recomendados.
Ter cursado materias con prácticas clínicas constitúe unha recomendación ainda que a memoria do título de grao non recolle ningún prerrequisito para cursar a materia. Aconséllase aos estudantes asistir e participar activamente nas clases teóricas e prácticas, recomendase revisar e documentarse sobre os aspectos teóricos tratados nas sesións expositivas/interactivas previas.
Durante o curso académico recoméndase consultar diariamente o correo electrónico institucional (@rai.usc.es) e o Campus Virtual da materia para participar nas sesións de Teams e webtutorías e realizar as tareas indicadas o que permitirá o control e seguimento da participación activa para a avaliación final.
É recomendable dispor de coñecementos informáticos e ofimáticos previos.
Maria Mercedes Gallas Torreira
Coordinador/a- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812354
- Correo electrónico
- mercedes.gallas.torreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
08.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
08.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
11.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |