Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 14 Clase Expositiva: 40 Clase Interactiva: 76 Clínicos EEES: 46 Total: 176
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Estomatoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. O alumno deberá adquirir os coñecementos teóricos imprescindibles sobre as ciencias básicas nas que se basea a periodoncia.
2. Ter coñecementos adecuados sobre as características do periodonto, en canto á anatomía, función e fisioloxía das súas diferentes estruturas tanto en situación de saúde coma de enfermidade.
3. Baseado en criterios científicos, escoller e efectuar os procedementos e manobras clínicas e de laboratorio, fundamentais para o establecemento dun diagnóstico periodontal individualizado para cada paciente e rexistrar e interpretar a información necesaria para lograr ese diagnóstico.
4. Establecer un prognóstico, en función do diagnóstico alcanzado, e os plans terapéuticos axeitados para cada caso.
5. Demostrar os coñecementos teóricos, clínicos e tecnolóxicos suficientes e necesarios para efectuar a prevención e tratamento da patoloxía periodontal.
6. Comportarse na súa relación co paciente dacordo cos principios deontolóxicos.
PROGRAMA TEÓRICO
TEMA 1. Anatomía do periodonto
1.1. Anatomía macroscópica
1.2. Anatomía microscópica: enxiva. Cemento radicular. Ligamento periodontal. Óso alveolar. Histoloxía
TEMA 2. Etioloxía das enfermidades periodontais
2.1. Placa bacteriana
2.2. Microbioloxía da enfermidade periodontal
2.3. Factores coadxuvantes
2.4. Trauma oclusal
TEMA 3. Patoxenia da enfermidade periodontal
3.1. Histoloxía da xenxivite
3.2. Mecanismo patoxénico da enfermidade periodontal
3.3. Inmunoloxía na enfermidade periodontal
3.4. Xenética das enfermidades periodontais
TEMA 4. Epidemioloxía da enfermidade periodontal
TEMA 5. Diagnóstico da enfermidade periodontal
5.1. Diagnóstico clínico
5.2. Diagnóstico radiolóxico
5.3. Diagnóstico microbiolóxico
5.4. Diagnóstico inmunolóxico e bioquímico
TEMA 6. Clasificación das enfermidades periodontais
TEMA 7. Xenxivite
TEMA 8. Periodontite
8.1. Periodontite I.
8.2. Periodontite II.
8.3. Periodontite como manifestación de enfermidades sistémicas.
TEMA 9. Fases terapéuticas (pasos) no tratamiento da periodontite
TEMA 10. Tratamento non cirúrxico da enfermidade periodontal (pasos 1 e 2)
10.1. Hixiene oral. Motivación. Profilaxe
10.2. Antimicrobianos
-Antisépticos
-Antibióticos
10.3. Axuste oclusal
10.4. Instrumentación subxenxival
-Fundamentos do tratamento periodontal non cirúrxico
-Instrumentación periodontal
-Instrumentación periodontal avanzada
TEMA 11. Introdución á cirurxía periodontal
11.1. Preoperatorio
11.2. Coidados postoperatorios
11.3. Introdución ó tratamento cirúrxico. Tipos de cirurxía periodontal
11.4. Cicatrización nos distintos tipos de cirurxía
TEMA 12. - Planificación e tratamento cirúrxico avanzado do paciente con infección periodontal
TEMA 13. - Rexeneración tisular guiada
13.1. Principios biolóxicos da rexeneración en periodoncia e implantes
13.2. Biomateriais
13.3. Rexeneración tisular guiada (métodos barreira)
13.4. Factores de crecemento e proteínas derivadas do esmalte (EMDOGAIN)
TEMA 14. - Cirurxía plástica periodontal
14.1. Aumento xenxival: dimensións xenxivais e saúde periodontal. Recesión do tecido xenxival. Procedementos para o aumento xenxival. Cicatrización tras os procedementos de aumento xenxival
14.2. Recubrimento radicular: procedementos de recubrimento radicular. Técnicas cirúrxicas para o tratamento da recesión xenxival. Cicatrización do tecido xenxival tras a aplicación das distintas técnicas
TEMA 15.- Medicina periodontal
TEMA 16.- Fase de mantemento do paciente periodontal e do paciente portador de implantes
16.1. Fase de mantemento do paciente periodontal
16.2. Fase de mantemento do paciente portador de implantes
TEMA 17.- TRATAMENTOS INTERDISCIPLINARES
17.1. Lesións endo-periodontais
17.2. Tratamentos orto-periodontais
17.3. Tratamentos perio-prótese
PROGRAMA PRÁCTICO
1. Introdución á clínica periodontal
1.1. Historia xeral
1.2. Historia odontolóxica
1.3. Historia periodontal
1.4. Instrumental cirúrxico e non cirúrxico
2. Índices. Profundidade de bolsa. Nivel de inserción. Mobilidade. Furcacións
3. Diagnóstico. Probas complementarias. Plan de tratamento
4. Raspado e alisadura radicular sobre simuladores dentais
5. Confección de historia periodontal, serie radiográfica, técnicas de hixiene, profilaxe.
6. Tratamento periodontal (pasos 1 e 2)
6.1. Realización da fase hixiénica en pacientes periodontais e asistencia á fase cirúrxica
6.2. Realización da fase de mantemento en pacientes periodontais
6.3. Realización da fase de mantemento en pacientes portadores de implantes
7. Realización de suturas en cirurxía periodontal
8. Recoñecemento do instrumental cirúrxico.
Libros:
- Clinical Periodontology and Implant Dentistry, 2 Volume Set, 8th Edition
Niklaus P. Lang (Editor), Jan Lindhe (Editor) Wiley-Blackwell
- Atlas De Periodoncia. Rateitschack . Editorial Salvat, Año 1991.
- Carranza - Newman. Periodontología Clinica. Editorial Mc Graw - Hill Interamericana. 8va. Edición 1998.
- Bascones,A. Periodoncia Básica .Ed. Avances. Madrid. 1992.
Revistas:
- American Academy of Periodontology. World Workshop in Periodontics. Annals of Periodontoly. 1996; 1: 1-947.
- European Federation of Periodontology. 4th European Workshop on Periodontology. Periodontal Practice. J Clin Periodontol 2002; 29 (suplement 3): 1-233.
- Proceedings of the World Workshop on the Classification of Periodontal and Peri-Implant Diseases and Conditions. Co-edited by Kenneth S. Kornman and Maurizio S. Tonetti. 2018
- Treatment of Stage I‐III Periodontitis – The EFP S3 Level Clinical Practice Guideline. Journal of Clinical Periodontology, May 2020.
Competencias
Competencias Instrumentais
Comp01 Capacidade de análise e síntese.
Comp02 Capacidade de organizar e planificar.
Comp03 Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp04 Coñecemento dunha segunda lingua.
Comp05 Habilidades básicas de manexo do computador.
Comp06 Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp07 Resolución de problemas.
Comp08 Toma de decisións.
Competencias interpersoais:
Comp09 Capacidade crítica e autocrítica.
Comp10 Traballo en equipo.
Comp11 Habilidades interpersoais.
Comp12 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar.
Comp13 Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
Comp14 Apreciación da diversidade e multiculturalidade.
Comp15 Habilidade de traballar nun contexto internacional.
Comp16 Compromiso ético.
Competencias sistémicas:
Comp17 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp18 Habilidades de investigación.
Comp19 Capacidade de aprendizaxe autónoma
Comp20 Capacidade para adaptarse a novas situacións.
Comp21 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
Comp22 Liderazgo.
Comp23 Coñecemento de culturas e costumes doutros países.
Comp24 Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp25 Deseño e xestión de proxectos.
Comp26 Iniciativa e espírito emprendedor.
Comp27 Preocupación pola calidade.
Comp28 Motivación de logro.
Competencias do Traballo Fin de Grao:
Comp29 Presentación e Defensa ante o Tribunal Universitario dun traballo de fin de grao, consistente nun exercicio de integración dos contidos formativos recibidos e das competencias adquiridas.
Habilidades ou destrezas
H/D01 Coñecer os elementos esenciais da profesión de odontólogo, incluíndo os principios éticos e as responsabilidades legais.
H/D02 Comprender a importancia de tales principios para o beneficio do paciente, da sociedade e a profesión, con especial atención ao secreto profesional.
H/D03 Saber identificar as inquedanzas e expectativas do paciente, así como comunicarse de forma efectiva e clara, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, os medios de comunicación e outros profesionais.
H/D04 Comprender e recoñecer os aspectos sociais e psicolóxicos relevantes ao tratamento de pacientes.
H/D05 Saber aplicar os principios do control da ansiedade e do estrés sobre un mesmo, sobre os pacientes e sobre outros membros do equipo odontolóxico.
H/D06 Comprender a importancia de desenvolver unha práctica profesional con respeto á autonomía do paciente, as súas crenzas e cultura.
H/D07 Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
H/D08 Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
H/D09 Comprender a importancia de manter e utilizar os rexistros con información do paciente para a súa posterior análise, preservando a confidencialidade dos datos.
H/D10 Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar aos estudiantes na prevención, a detección precoz, a asistencia, e a rehabilitación das víctimas desta forma de violencia.
H/D11 Comprender as ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
H/D12 Comprender e recoñecer a estructura e función normal do aparato estomatognático, a nivel molecular, celular, tisular e orgánico, nas distintas etapas da vida.
H/D13 Comprender e recoñecer as ciencias dos biomateriais esenciais para a práctica odontolóxica, así como o manexo inmediato das posibles alerxias aos mesmos.
H/D14 Coñecer dos procesos xerais da enfermidade, entre os que se inclúen a infección, a inflamación, as alteracións do sistema inmune, a dexeneración, a neoplasia, as alteracións metabólicas e os desordes xenéticos.
H/D15 Estar familiarizado cas características patolóxicas xerais das enfermidades e trastornos que afectan aos sistemas orgánicos, específicamente aquelas que teñen repercusión bucal.
H/D16 Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia dos fármacos e outras intervencións terapéuticas, coñecendo as súas contraindicacións, interaccións, efectos sistémicos e interaccións sobre outros órganos, basándose na evidencia científica dispoñible.
H/D17 Comprender e recoñecer os principios de ergonomía e seguridade no traballo (incluíndo control de infeccións cruzadas, protección radiolóxica e enfermedades ocupacionais e biolóxicas).
H/D18 Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
H/D19 Coñecer do método científico e tener capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información novidosa. Ser capaz de formular hipóteses, recolectar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
H/D20 Obter e elaborar unha historia clínica que conteña toda a información relevante.
H/D21 Saber realizar un examen bucal completo, incluíndo as oportunas probas radiográficas e de exploración complementarias, así como a obtención de adecuadas referencias clínicas.
H/D22 Ter capacidade para elaborar un xuicio diagnóstico inicial e establecer unha estratexia diagnóstica razonada, sendo competente no recoñecemento das situacións que requiran unha atención odontolóxica urxente.
H/D23 Establecer o diagnóstico, pronóstico e unha adecuada planificación terapéutica en tódalas áreas clínicas da Odontoloxía, sendo competente no diagnóstico, pronóstico e elaboración do plan de tratamento odontolóxico do paciente que requira coidados especiais, incluidos os pacientes médicamente comprometidos (como diabéticos, hipertensos, inmuno-deprimidos, anticoagulados, entre outros) e pacientes con discapacidade.
H/D24 Recoñecer as situacións de risco vital e saber facer maniobras de soporte vital básico.
H/D25 Coñecer e aplicar o tratamento básico da patoloxía buco-dentaria mais habitual en pacientes de tódalas idades. Os procedementos terapéuticos deberán basearse no concepto de invasión mínima e nun enfoque global e integrado do tratamento bucodental.
H/D26 Saber planificar e realizar tratamentos odontolóxicos multidisciplinares, secuenciais e integrados de complexidade limitada en pacientes de tódalas idades e condicións e dos pacientes que requiran coidados especiais.
H/D27 Plantexar y propor as medidas preventivas adecuadas a cada situación clínica.
H/D28 Adquirir experiencia clínica baixo a adecuada supervisión.
H/D29 Recoñecer os determiñantes da saúde bucal na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
H/D30 Recoñecer o papel do dentista nas accións de prevención e protección ante enfermidades bucales, así como no mantemento e promoción da saúde, tanto a nivel individual como comunitario.
H/D31 Coñecer o Sistema Nacional de Saúde, así como os aspectos básicos da lexislación sanitaria, xestión clínica e utilización adecuada dos recursos sanitarios, comprendendo a importancia do papel do dentista no ámbito da Atención Primaria de Saúde.
Coñecementos
Con 34. Realizar tratamientos básicos da patoloxía buco-dentaria en pacientes de tódalas idades. Os procedementos terapéuticos deberán basearse no concepto de invasión mínima e nun enfoque global e integrado do tratamento bucodental.
Con 36. Tomar e interpretar radiografías e outros procedementos baseados na imaxen, relevantes na práctica odontolóxica.
Con 38. Determiñar e identificar os requisitos estéticos do paciente e das posibilidades de satisfacer as súas inquedanzas.
Con 42. Prescripción apropiada de fármacos, coñecendo as súas contraindicacións, interaccións, efectos sistémicos e repercusións sobre outros órganos.
Con 43. Aplicar técnicas de anestesia loco-rexional.
Con 46. Manexar infeccións agudas, incluíndo a prescripción farmacolóxica e os aspectos cirúrxicos sinxelos.
Con 51.Tratar tanto farmacolóxica, como cirúrxicamente os procesos inflamatorios dos tecidos periodontais e/ou periimplantarios incluíndo as técnicas de instrumentación periodontal supra y subxenxival.
Darase o programa teórico mediante clases maxistrais. Nos seminarios discutiranse casos clínicos adaptados ós contidos do programa así como o análise e solución de problemas de forma interactiva entre alumnos e profesor. Nas prácticas de laboratorio e clínicas aplicaranse de forma práctica os coñecementos adquiridos. Aprendizaxe baseada en problemas. Unha vez que o profesor plantexe os aspectos fundamentais de cada problema (patoloxía) na clase, os alumnos organizados en grupos deberán analizar (avaliar os aspectos mais importantes de cada patoloxía) durante o seu tempo de traballo personal, mediante a búsqueda e o análise da bibliografía apropiada e coa axuda e supervisión dun tutor. O análise dos problemas presentarase de novo na clase polos alumnos y discutiranse os resultados. Nas tutorías o profesor atenderá persoalmente ós alumnos para orientalos e resolve-las dudas que estes plantexen.
-Avaliación continuada: Valorarase ó longo do curso, tanto no traballo presencial como persoal, a participación e a adquisición de coñecementos, actitudes e destrezas necesarias para obter as competencias previstas.
-Probas escritas teórico-prácticas (ó final de cada cuatrimestre) onde o alumno demostrará os seus coñecementos teóricos e a súa capacidade para interpretar, comprender e resolver os problemas tratados ó longo do programa. Realizaranse ó final de cada cuatrimestre e corresponderán ó 60% da nota final da asignatura.
A proba correspondente ó primer cuatrimestre poderá eliminar parte da materia a presentar no examen do segundo cuatrimestre, que tamén terá carácter parcial en canto a coñecementos, sempre e cando se acade o 70% da nota máxima. En caso contrario, volverase a incorporar a materia no examen final.
No examen final e no examen do segundo cuatrimestre (que inclue únicamente a materia impartida nese periodo), o aprobado marcarase no 50% sobre a nota máxima.
Aqueles alumnos que liberasen o primeiro parcial e queiran subir a calificación, deberán presentarse o examen final, asumindo que a nota obtida no examen do primeiro cuatrimestre non será conservada.
Avaliación das prácticas preclínicas e clínicas segundo os seguintes criterios (40% da nota final):
-Prácticas preclínicas:
1. Disposición do estudante
2. Adquisión de coñecementos teórico-prácticos
3. Desempeño nas prácticas de laboratorio
4. Participación activa
-Prácticas clínicas:
1. Ergonomía
2. Hixiene e esterilización
3. Trato co paciente
4. Coñecemento e anexo da historia médica
5. Capacidade de confección do plan de tratamento
6. Coñecemento e manexo do instrumental
7. Coñecemento das distintas técnicas
8. Destreza operatoria
Estes criterios serán aplicados en cada práctica realizada que se valorará nunha escala de 0 a 10. Para aprobar esta parte da asignatura deberase alcanzar un 50% na calificación de cada tipo de prácticas, sendo estas de asistencia obrigatoria, de modo que se facilitará a recuperación das prácticas esixindo un xustificante pola ausencia.
Estudo individual: 100 horas
Elaboración de memorias de prácticas: 10 horas
Elaboración de traballos PBL: 30 horas
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 20 horas
Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas: 20 horas
A asistencia ás clases expositivas e interactivas é fundamental para o seguemento e superación da materia. O estudo dos documentos recomendados para cada tema tamén se considera imprescindible para superar a materia. Asimesmo os alumnos deberán seguir as indicacións do profesorado e estudar diariamente os conceptos tratados nas clases.
Juan Blanco Carrion
Coordinador/a- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812415
- Correo electrónico
- juan.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Pilar Batalla Vázquez
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- mpilar.batalla [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Antonio Liñares Gonzalez
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- antonio.linares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Yago Leira Feijóo
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- yago.leira.Feijoo [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Miguel Servet
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 4 |
12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 4 |
19.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
19.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 4 |
07.07.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |