Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 0.5 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 27 Total: 57.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer as características morfolóxicas e fisiolóxicas básicas dos distintos microorganismos de interese na Microbiología, de tal forma que poidan comprender os aspectos máis específicos da materia
Comprender a importancia dos mecanismos de control dos microorganismos e os principais métodos para realizalo, con especial atención aos de maior interese na Odontoloxía.
Coñecer os fundamentos do sistema de defensa do hospedeiro. Composición e activación da respuesta inmunitaria
Entender as enfermidades infecciosas como o resultado da interacción dos microorganismos co hospedeiro e os principais mecanismos de patoxenia das enfermidades infecciosas
Coñecer a etioloxía, patoxenia e tratamento antimicrobiano das principais enfermidades infecciosas da cavidade oral.
Coñecer e comprender os fundamentos da terapia antimicrobiana e os principais mecanismos de resistencia dos microorganismos fronte á quimioterapia.
Obter unha visión xeral dos microorganismos como axentes causais de enfermidades sistémicas e coñecer a súa repercusión na o saúde bucodental.
Coñecer os principios básicos de inmunología necesarios para comprender as diversas respostas do sistema inmune humano.
Tema 1: Introdución a Microbioloxía
Concepto de Microbioloxía. Introdución histórica. Niveis de organización celular. Principais grupos de microorganismos. Metodoloxía microbiolóxica: aspectos básicos da microscopia. Tinguiduras dos microorganismos. O estudo das poboacións microbianas: o cultivo dos microorganismos
DURACIÓN: 0,5 clases
Tema 2: Morfoloxía da célula bacteriana
Tamaño e forma bacteriana. Estrutura da célula bacteriana. Elementos obrigados: parede celular: tipos e estrutura, formas sen parede. A membrana citoplasmática e mesosomas. O citoplasma bacteriano. Ribosomas. O nucleoide bacteriano e o xenóforo. Elementos facultativos. Glicocálix: cápsula e limos. Apéndices: flaxelos, fimbrias e pilli. Material xenético extranuclear: os plásmidos. Gránulos citoplasmáticos. As formas de resistencia: endosporas e esporoxénese
DURACIÓN: 2 clases
Tema 3: O metabolismo bacteriano e a súa regulación
A nutrición bacteriana e os seus tipos. O transporte de nutrientes nas bacterias. Reaccións de mantemento: a obtención quimiotrofa de enerxía: respiración e fermentación. A fosforilación oxidativa e o transporte electrónico. Metabolismo anaeróbico: tipos de fermentación anaeróbica. Respiración anaerobia. Xeración do poder redutor. Biosíntese: gliconeoxénese, síntese de aminoácidos e nucleótidos. Polimerización e ensamblaxe: síntese de polisacáridos. Replicación e transcrición. Síntese de proteínas en procariotas. Formación da parede bacteriana Integración de catabolismo e anabolismo: vías anaplerópicas. Regulación da actividade enzimática polo produto final: alosterismo. Regulación da síntese proteica: os operóns. Indución, represión e atenuación enzimática. Outros mecanismos de regulación
DURACIÓN: 2 clases
Tema 4: O crecemento e desenvolvemento bacteriano
A división celular nas bacterias: tipos. Factores de crecemento bacteriano: factores de nutrición e ambientais. Fases do crecemento bacteriano e a súa determinación. Medios de cultivo
DURACIÓN: 1 clase
Tema 5: Control do crecemento bacteriano (I). Axentes químicos e físicos
Terminoloxía e métodos de ensaio. Principais axentes físicos de control dos microorganismos. Principais axentes químicos para o control dos microorganismos. Valoración dos axentes de control. Principais métodos de control en Odontoloxía
DURACIÓN: 1 clase
Tema 6: Control do crecemento bacteriano (II). Antibióticos e quimioterápicos
Definicións. Clasificación de antibióticos e quimioterápicos. Mecanismos de acción. Resistencias aos antibióticos. Medida da susceptibilidade microbiana. Os antibióticos en Odontoloxía
DURACIÓN: 1 clase
Tema 7: Xenética bacteriana
Variabilidade bacteriana. Variacións fenotípicas e xenotípicas. Mutación e mutaxénese. Recombinación xenética: transformación e transdución. A sexualidade nas bacterias: conxugación bacteriana. Os transposóns.
DURACIÓN: 1 clase
Tema 8: Características xerais dos virus e outras formas infecciosas simples
Morfoloxía e estrutura dos virus. A xeración de novas partículas virais: multiplicación viral. Os virus temperados e a lisoxenia. Terapia antiviral. Viroides e prións
DURACIÓN: 1,5 clases
Tema 9: Os microorganismos eucariotas
A célula eucariótica. As algas microscópicas. Os protozoos. Fungos: estrutura, tipos morfolóxicos e reprodución
DURACIÓN: 1 clase
Tema 10: Os ecosistemas microbianos. O sistema ecolóxico bucal
Os ecosistemas microbianos. Tipos de asociacións entre organismos. A flora normal. O sistema ecolóxico bucal
DURACIÓN: 1 clase
Tema 11: Relación parasito-hospedeiro: Introducción á Inmunoloxía
Relación hospedador parásito. Introducción a la inmunología
Principios da defensa inmunitaria. Tipos de defensa: innata e adaptativa. Elementos da defensa inmunitaria: células, tecidos, antíxenos e outras proteínas do sistema inmunitario. As células da inmunidade innata e as súas actividades. Fagocitose. O complemento e a sua actividade. Inmunidade humoral: maduración, activación e actividade efetora dos linfocitos B. Inmunidade celular: maduración, activación e actividad efetora dos linfocitos T. Efectos dos mecanismos de defensa sobre os microorganismos. Reaccións de hipersensibilidade e autoinmunidade. Inmunización.
DURACIÓN: 5 clases
Tema 12: Infección e enfermidade
Definicións: patoxenicidade e virulencia. A defensa fronte as infecciones: antíxenos microbianos. Efectos dos mecanismos de defensa sobre os microorganismos. Reaccións de hipersensibilidade e autoinmunidade. Inmunización Factores de virulencia e patoxenicidade bacteriana. Patoxenia das infeccións virais. Modelos de infección. Transmisión das enfermidades infecciosas
DURACIÓN: 3 clases
Tema 13: Introdución á taxonomía microbiana
Concepto de especie en Microbioloxía. Nomenclatura. Tipos de clasificación bacteriana. Clasificación dos virus. Métodos de identificación microbiana: probas de identificación. Principais bacterias e virus de interese sanitario
DURACIÓN: 1 clase
Tema 14: Principais bacterias relevantes na patoloxía oral.
Estreptococos orais. Outras Posibacteria: Outros cocos Gram(+) Lactobacillus, Eubacterium, Togobacteria: Veillonella y Selenomonas. Actinobacteeria: Actinomyces, Corynebacterium, Propionibacteriu, Bifidobacterium y Rothia. Negibacteria: Bacterias G(-) aerobias e facultativas: Eikenella, Campylobacter, Capnocytophaga e Aggrgatibacter (Actinobacillus). Bacterias anaerobias, Porphyromonas, Prevotella, Tannerella, Bacteroides, Fusobacterium
DURACIÓN: 1 clase
Tema 15: A placa bacteriana dental
Aspectos xerais da anatomía do dente. Mecanismos de adherencia das bacterias aos tecidos bucais. A placa bacteriana: composición e estrutura. Formación e maduración da placa dental. O sarrio dental
DURACIÓN: 1 clase
Tema 16: A carie dental
A carie dental: definición e descrición clínica. Etioloxía da carie dental: principais bacterias implicadas. Patoxenia da carie dental
DURACIÓN: 1 clase
Tema 17: A enfermidade periodontal
Clasificación da enfermidade periodontal. Etioloxía da enfermidade periodontal crónica. Patoxenia da enfermidade periodontal crónica. Outras enfermidades infecciosas do periodonto: xenxivites agudas (herpética, do embarazo, G.U.N.A. estreptocócica), periodontite agresiva (localizada e xeneralizada) e o absceso periodontal. Periimplantite.
DURACIÓN: 2 clases
Tema 18: Infeccións dos tecidos pulpares e periapicais
Etioloxía das alteracións pulpares: microorganismos implicados e vías de entrada. Patoxenia e control das infeccións pulpares e periapicais. Complicacións das infeccións bucodentais
DURACIÓN: 1 clase
Tema19: Outras infeccións da cavidade oral
Infeccións focais con orixe oral: concepto, vías de diseminación e principais patoloxías
Infeccións da glándulas salivares. Pericoronite. Halitose. Principais infeccions virais da caviade oral: xenxivoestomatite herpética, herpanxina, enfermidade man-boca-pé, parotidite vírica, condiloma e verrugas por papilomavirus.Hepatites virais. Infección polo virus da inmunodeficiencia humana Candidosis oral: patoxenia, clínica e tratamento. Outras infeccions micóticas de interese odontolóxico: Histoplasmosis, aspergilosis y criptococosis Protozoos parásitos da cavidade oral.
DURACIÓN: 2 clases
Tema20: Principais microorganismos de interese nas patoloxías sistémicas
Bacterias penetrantes extracelulares: cocos pióxenos G(+) (Staphylococcus, Strepctococcus), cocos e bacilos pióxenos G(-) (Neisseria, Bordetella, Haemophylus), bacterias entéricas (Enterobacteriaceae, Campylobacter y Helicobacter); pseudomonadales (Pseudomonas, Legionella). Outras bacterias extracelulares (Listeria, Brucella). Bacterias similares aos fungos (Actinomycetaceae, Mycobacterium). Bacterias toxixénicas (Bacillus, Clostridium, Corynebacterium, Vib rio). Anaerobios non esporulados (Bacteroides, Fusobacterium). Espiroquetas (Treponema, Borrelia). Ricketssias, Chlamydias y Micoplasmas. Virus ARN: Picornavirus, Togavirus, Reovirus, Ortomixovirus y Paramixovirus. Retrovirus oncóxenos Virus ADN: Papovavirus, Adenovirus, Herpesvirus y Poxvirus. Infestacións por helmintos
DURACIÓN: 2 clases
Bibliografía básica e complementaria
TEXTOS XERAIS RECOMENDADOS
“Microbiología oral 2ª ed” Liébana y otros. MacGrawHill-Interamericana
“Microbiología Estomatológica. Fundamentos y guía práctica3ª Ed”. Negroni. Panamericana
“Essential Microbiology for dentistry 5ºed. L. Samaranayake. Elsevier (2018)
TEXTOS RECOMENDADOS PARA A INMUNOLOXÍA BÁSICA
“Inmunología básica: Funciones y trastornos del sistema inmunitario 7ª Ed". ABBAS, A.K.; LICHTMAN, A.H.; PILLAI, S. Elsevier España, 2024.
"Inmunología celular y molecular 10ª Ed." ABBAS, A.K., LICHTMAN, A.H. y PILLAI, S. Elsevier España, 2022
"Inmunología: Biología y patología del sistema inmunitario 5ª Ed.". REGUEIRO, J.R., LOPEZ, C., GONZÁLEZ, S., MARTÍNEZ, E. Editorial Médica Panamericana, 2021
TEXTOS APLICABLES Á PARTE XERAL E SISTEMÁTICA
“Microbiología Médica 8ª ED.” Murray, Rosenthal y Pfaller. Elsevier-Mosby
“Microbiología” Walker. McGraw-Hill Interamericana.
“Microbiología Médica” Mims, Playfair, Roitt, Wakelin y Williams. Harcourt-Brace Mosby.
"Introducción a la Microbiología 12ª Ed Tortora, Funke, Case. Panamericana
TEXTOS ESPECÍFICOS DE MICROBIOLOXÍA BUCAL
“Infecciones orofaciales. Diagnóstico y Tratamiento” Bascones y Manso. Ediciones Avances
“Caries”. Thylstrop y Fejerstov. Doyma.
“Periodontologia Clínica” Carranza. Interamericana.
“Bases Biológicas de la Caries Dental”. Menaker. Salvat
ARTIGOS DE REVISIÓN OU DIVULGACIÓN CIENTÍFICA DE INTERESE
En moitos temas inclúese unha bibiografía específica en revistas de divulgación científica de calidade como "Investigación y Ciencia.
ALGUNHAS PAXINAS WEB DE INTERESE
http://www.microbelibrary.org Mantida pola American Society of Microbiology Interesante colección de imaxes e esquemas
http://www.geocities.com/CapeCanaveral/3504/gallery.htm. Boa colección de cultivos e mostras clínicas.
http://www.dsmz.de/microorganisms/bacterial_nomenclature.php Mantida pola coleccion Alemana de cultivos. Actualiza nomes de xéneros e especies microbianos
http://www.freemedicaljournals.com/htm/esp.htm Permite o acceso a diversas publicacions médicas gratuitas. Boa páxina para facer búsquedas bibliográficas.
O estudo da materia de MicrobioloXía e InmunoloXía proporcionáselle ao alumno un coñecemento do mundo microbiano importante para o seu desenvolvemento profesional, tanto no ámbito do control da infección cruzada como no diagnóstico e tratamento de moitas patoloxías bucodentais.
Ao finalizar o curso o alumno será capaz de diagnosticar e avaliar a progresión das enfermidades infecciosas da cavidade oral e comprender a utilidade das medidas hixiénicas para o seu control. Finalmente será capaz de avaliar as opcións de terapéutica antibiótica no tratamento das infeccións, ben como tratamento único ou como adyuvante doutras accións terapéuticas en odontoloxía restauradora ou reparadora.
Coñecer as ciencias inmunológicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
Estes Coñecementos, habilidades e competencias coinciden cos seguintes da memoria do grao.
Coñecementos
Con01. Coñecer as ciencias biomédicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria. Entre estas ciencias deben incluírse contidos apropiados de Microbiologia e Inmunología
Con03. Coñecer o método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova.
Con04. Coñecer os principios científicos de esterilización, desinfección e antisepsia necesarios para previr as infeccións cruzadas na práctica odontolóxica.
Con07. Coñecer os procedementos e probas diagnósticas clínicas e de laboratorio, coñecer a súa fiabilidade e validez diagnóstica e ser competente na interpretación dos seus resultados.
Con16. Proporcionar un enfoque global dos coidados orais e aplicar os principios de promoción da saúde e prevención das enfermidades bucodentarias.
Con17. Educar e motivar aos pacientes en materia de prevención das enfermidades buco-dentarias, controlar os hábitos bucais patogénicos, instruílos sobre unha correcta hixiene bucal, sobre medidas dietéticas e nutricionais e, en resumo, sobre todos os métodos de mantemento da saúde bucodental.
Con27 Coñecer os procesos xerais de enfermar, curar e reparar, entre os que se inclúen a infección, a inflamación, a hemorraxia e a coagulación, a cicatrización, os traumatismos e as alteracións do sistema inmune, a dexeneración, a neoplasia, as alteracións metabólicas e as desordes xenéticas.
Con29 Coñecer as manifestacións orais das enfermidades sistémicas.
Con46 Manexar infeccións agudas, incluíndo a prescrición farmacolóxica e os aspectos cirúrxicos sinxelos.
Con51 Tratar tanto farmacolóxica, como cirurxicamente os procesos inflamatorios dos tecidos periodontales e/ou periimplantarios incluíndo as técnicas de instrumentación periodontal supra e subgingival.
Habilidades
H/D03. Saber identificar as inquietudes e expectativas do paciente, así como comunicarse de forma efectiva e clara, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, os medios de comunicación e outros profesionais.
H/D04. Comprender e recoñecer os aspectos sociais e psicolóxicos relevantes ao tratamento de pacientes.
H/D07. Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
H/D11. Comprender as ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
H/D14. Coñecer dos procesos xerais da enfermidade, entre os que se inclúen a infección, a inflamación, as alteracións do sistema inmune, a dexeneración, a neoplasia, as alteracións metabólicas e as desordes xenéticas.
H/D15. Estar familiarizado coas características patolóxicas xenerais das enfermidades e trastornos que afectan os sistemas orgánicos, especificamente aquelas que teñen repercusión bucal.
H/D16. Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia dos fármacos e outras intervencións terapéuticas, coñecendo as súas contraindicacións, interaccións, efectos sistémicos e interaccións sobre outros órganos, baseándose na evidencia científica dispoñible.
H/D17. Comprender e recoñecer os principios de ergonomía e seguridade no traballo (incluíndo control de infeccións cruzadas, protección radiolóxica e enfermidades ocupacionais e biolóxicas).
H/D18. Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
H/D19. Coñecer do método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipótese, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
H/D21. Saber realizar un exame bucal completo, incluíndo as oportunas probas radiográficas e de exploración complementarias, así como a obtención de adecuadas referencias clínicas.
H/D23. Establecer o diagnóstico, prognóstico e unha adecuada planificación terapéutica en todas as áreas clínicas da Odontoloxía, sendo competente no diagnóstico, prognóstico e elaboración do plan de tratamento odontolóxico do paciente que requira coidados especiais, incluídos os pacientes médicamente comprometidos (como diabéticos, hipertensos, inmunodeprimidos, anticoagulados, entre outros) e pacientes con discapacidade.
H/D25. Coñecer e aplicar o tratamento básico da patoloxía buco-dentaria máis habitual en pacientes de todas as idades. Os procedementos terapéuticos deberán basearse no concepto de invasión mínima e nun enfoque global e integrado do tratamento bucodental.
H/D26. Saber planificar e realizar tratamentos odontolóxicos multidisciplinares, secuenciais e integrados de complexidade limitada en pacientes de todas as idades e condicións e dos pacientes que requiran coidados especiais.
H/D27. Expor e propoñer as medidas preventivas adecuadas a cada situación clínica.
H/D29. Recoñecer os determinantes da saúde bucal na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
H/D30. Recoñecer o papel do dentista nas accións de prevención e protección ante enfermidades bucais, así como no mantemento e promoción da saúde, tanto a nivel individual como comunitario.
Competencias
Comp01. Capacidade de análise e síntese.
Comp02. Capacidade de organizar e planificar.
Comp03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp07. Resolución de problemas.
Comp08. Toma de decisións.
Comp16. Compromiso ético
Comp17. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp18. Habilidades de investigación.
Comp19. Capacidade de aprendizaxe autónoma
Comp20. Capacidade para adaptarse a novas situacións.
Comp21. Capacidade para xerar novas ideas (creatividade)
Comp24. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Como proxección nos cursos seguintes do grao obterá unha base de coñecemento que lle facilitará a mellor comprensión de materias de cursos posteriores como parte das enfermidades infecciosas en Patoloxía e Terapética Dental, Periodoncia e Odontoloxía Preventiva e Comunitaria.
Como ganancia engadida o curso sempre tentará dar unha visión científica do mundo cotián, buscando exemplos da vida diaria para unha mellor comprensión dos fundamentos científicos da materia.
Coñecer as ciencias inmunológicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
Clases teóricas:
O contido da materia desenvolverase a través de clases teóricas duns 50 minutos de duración con apoio de diverso material audiovisual (proporcionaráselles aos alumnos copia impresa da maioría do material utilizado). Sempre se intentará promover a participación dos alumnos na discusión daqueles aspectos da materia de maior relevancia ou dificultade de comprensión, intentando en calquera caso que estas participacións non sexan demasiado concretas e abundantes como para atrasar significativamente o desenvolvemento da clase sen achegar solucións a problemas xerais.
É moi recomendable levar a materia "ao día" posto que os conceptos explicados en temas anteriores son o soporte necesario para avanzar na explicación da materia de forma comprensible.
Aula Virtual:
Existe un aula virtual da materia.Nela proporase a realización de traballos, realizaranse probas en liña de avaliación continua unha vez finalizada a exposición de cada tema ou bloque temático. Neste espazo colgaranse os guións e obxectivos dos diferentes temas explicados así como a maioría do material audiovisual. De particular relevancia é a existencia dun foro de tutorías no que se promove que sexan os propios alumnos os que participen na resolución das dúbidas expostas polos seus compañeiros, sempre baixo a supervisión do profesor.
Clases prácticas:
Desenvolveranse no laboratorio de Microbioloxía durante unha semana, de tal forma que os alumnos poidan comprender o desenvolvemento secuencial das técnicas microbiolóxicas e poidan traballar con material obtido por eles mesmos, mellor que con cultivos proporcionados polo profesor. Pretendese cos alumnos "crean" na existencia dos microorganismos e realicen as principais ténicas microbiolóxicas e inmunolóxicas que soportan o funcionamento dos equipos automáticos do laboratorio clínico. Os alumnos adquiren a prática necesaria para o manexo do material estéril e das técnicas de traballo aséptico.
A avaliación realizarase mediante un exame e a avaliación continua dos alumnos pola súa participación e actitude durante as clases teóricas e prácticas. O exame consta de aproximadamente de 70 de tipo test con cinco posibles solucións das que só unha é correcta, as respostas incorrectas non puntúan negativo, e un conxunto (10-15) de preguntas curtas de redacción. As preguntas test representan un 65-70% da nota do exame e as preguntas curtas o outro 30-35%. A modo orientativo do valor dos diferentes aspectos valorado :
O exame representa o 70-80% da nota final (o test representa entre o 60 e o 70% e as preguntas curtas o 30-40% restante)
A participación en clase e os seminarios valorarase por criterio do profesor ata 10%
A nota da aula virtual obterase das actividades e probas realizadas e representa o 20%
Para poder ser avaliado deben obterse polo menos un 45% da nota do exame e polo menos un 30% da nota nos contidos de cada área de coñecemento. A porcentaxe correspondente á participación en clase e presentación de seminarios empregarase para incrementar a nota obtida,unicamente en caso de superarse o 50% da nota do exame
Unha aproximación ao tempo de estudo e traballo dedicado á materia pode ser a de 4 horas por cada clase teórica (a duración de cada tema inclúese no programa).
É aconsellable que se teña cursado no Bacharelato a materia de Bioloxía posto que se non moitos dos conceptos básicos para a comprensión da materia poden resultar totalmente descoñecidos.
É moi recomendable levar a materia "ao día" posto que os conceptos explicados en temas anteriores son o soporte necesario para avanzar na explicación da materia de forma comprensible.
A duración dos temas indicada en contidos pódese ver levemente modificado coa evolución da docencia.
Rafael Seoane Prado
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881812365
- Correo electrónico
- rafael.seoane [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Rubén Varela Calviño
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881814933
- Correo electrónico
- ruben.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
Xoves | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
12:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
04.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
04.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
04.07.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |