Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 91 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 22 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Recoñecer a morfoloxía, estrutura e os aspectos funcionais do sistema nervioso central, dos órganos dos sentidos e dos pares craniais na especie humana.
- Coñecer e comprender a terminoloxía neuroanatómica para poder aplicala correctamente.
- Adquirir coñecementos de neuroanatomía que permitan comprender a exploración básica do sistema nervioso normal.
A) Clases expositivas (36h)
Bloque I. Aspectos básicos
Tema 1. Introdución ao estudo do sistema nervioso. Sistema nervioso da vida de relación e sistema nervioso autónomo. Sistema nervioso central e sistema nervioso periférico.
Tema 2. A neurona. A sinapse. A glía. Concepto de dexeneración e rexeneración no sistema nervioso.
Tema 3. Concepto de sistema motor e sistema sensitivo. Fibras motoras e sensitivas. Tipos de sensibilidade. Receptores sensitivos.
Tema 4. Organización xeral do sistema nervioso periférico. Clasificación dos nervios periféricos. Estrutura do nervio raquídeo. Aspectos xerais sobre a distribución dos nervios raquídeos. Dermatomas. Organización xeral do sistema nervioso vexetativo.
Tema 5. Recordo do desenvolvemento embriolóxico do SNC tras o coñecemento do sistema nervioso adulto.
Tema 6. Introdución á exploración do sistema sensitivo e o sistema motor. Principais métodos neuroanatómicos para o estudo microscópico do SNC.
Bloque II. Morfoloxía externa do sistema nervioso central
Tema 1. Morfoloxía da medula espiñal. Configuración exterior. Relacións. Meninxes raquídeas.
Tema 2. Morfoloxía do tronco encefálico: Configuración exterior do bulbo raquídeo.
Tema 3. Morfoloxía do tronco encefálico: Configuración exterior da ponte.
Tema 4. Morfoloxía do tronco encefálico: Configuración exterior do mesencéfalo.
Tema 5. Morfoloxía do IV ventrículo e do acueduto de Silvio.
Tema 6. Morfoloxía do cerebelo. Relacións.
Tema 7. Morfoloxía do cerebro. Concepto de telencéfalo e diencéfalo. Ventrículo diencefálico.
Tema 8. Morfoloxía do diencéfalo. Tálamo. Hipotálamo. Epitálamo. Subtálamo.
Tema 9. Conformación exterior dos hemisferios. Sistema límbico. Formacións interhemisféricas. Ganglios basais.
Tema 10. Ventrículos telencefálicos.
Tema 11. Meninxes e líquido cefalorraquídeo. Barreira hematoencefálica.
Tema 12. Vascularización arterial do encéfalo e a medula espiñal.
Tema 13. Vascularización venosa do encéfalo e a medula espiñal.
Bloque III. Estrutura do sistema nervioso central
Tema 1. Estrutura da medula espiñal. Xeneralidades. Citoarquitectura.
Tema 2. Estrutura da medula espiñal. Mieloarquitectura. Vías sensitivas e motoras na medula espiñal.
Tema 3. Medula espiñal. Consideracións funcionais. Anatomía clínica da medula espiñal.
Tema 4. Tronco encefálico. Estrutura xeral do troncoencéfalo.
Tema 5. Bulbo raquídeo. Citoarquitectura e mieloarquitectura. Anatomía clínica.
Tema 6. Protuberancia. Citoarquitectura e mieloarquitectura. Anatomía clínica.
Tema 7. Mesencéfalo. Citoarquitectura e mieloarquitectura. Anatomía clínica.
Tema 8. Formación reticular do tronco encefálico.
Tema 9. Cerebelo. Xeneralidades sobre a súa estrutura e función. Citoarquitectura e mieloarquitectura.
Tema 10. Cerebelo. Conexións. Concepto anatomofuncional. Anatomía clínica do cerebelo.
Tema 11. Diencéfalo. Xeneralidades sobre a súa estrutura. Estudo anatomofuncional do subtálamo e o epitálamo. Epífise.
Tema 12. Tálamo: citoarquitectura e mieloarquitectura. Conexións. Concepto anatomofuncional e anatomía clínica.
Tema 13. Hipotálamo: citoarquitectura e mieloarquitectura. Conexións. Concepto anatomofuncional e anatomía clínica.
Tema 14. Telencéfalo. Xeneralidades sobre a súa estrutura. Núcleos basais do telencéfalo: estrutura; conexións; concepto anatomofuncional e anatomía clínica.
Tema 15. Córtex cerebral: citoarquitectura e mieloarquitectura. Áreas funcionais do córtex cerebral. Bases neuroanatómicas da linguaxe. Anatomía clínica.
Tema 16. Sistema límbico. Concepto. Aspectos estruturais e funcionais.
Tema 17. Anatomía clínica das vías motoras.
Tema 18. Anatomía clínica das vías da sensibilidade.
Tema 19. Anatomía clínica da vía óptica e as vías ópticas reflexas.
Tema 20. Anatomía clínica das vías da audición e as vías vestibulares.
Tema 21. Vías olfactorias e gustativas.
Bloque IV. Anatomía dos pares craniais
Tema 1. Nervio olfactorio.
Tema 2. Nervio óptico.
Tema 3. Nervios motores oculares.
Tema 4. Nervio trixémino.
Tema 5. Nervio facial e intermediario de Wrisberg.
Tema 6. Nervio estatoacústico.
Tema 7. Nervios do grupo do vago. Nervio glosofarínxeo. Nervio pneumogástrico. Nervio espiñal.
Tema 8. Nervio hipogloso.
Bloque V. Anatomía dos órganos dos sentidos
Tema 1. Recordo funcional dos órganos dos sentidos xa abordados nos bloques anteriores.
Tema 2. Sentido da visión. Globo ocular: capa esclerocorneal. Túnica vascular: coroide, corpo ciliar e iris. Retina. Anatomía clínica.
Tema 3. Medios refrinxentes do globo ocular. Cornea. Cristalino. Humor acuoso e corpo vítreo. Anatomía clínica.
Tema 4. Anexos do ollo: aparello motor e aparello sustentador. Aparello protector: pálpebras e sistema lacrimal.
Tema 5. Sentido da audición. Oído externo. Oído medio. Anatomía clínica.
Tema 6. Oído interno: labirinto óseo e labirinto membranoso. Anatomía clínica.
B) Clases interactivas (22h)
- Medula espiñal mediante maquetas e material de cadáver.
- Tronco encefálico mediante maquetas e material cadavérico.
- Cerebelo mediante maquetas e pezas obtidas de cadáver.
- Cerebro mediante maquetas e pezas cadavéricas.
- Estudo das meninxes endocraniais e formacións durais.
- Vascularización do sistema nervioso central.
- Pares craniais mediante maquetas e pezas de cadáver.
- Estudo anatómico do globo ocular e do oído mediante maquetas.
Básica
Felten DL., O’Banion MK, Maida MS. Netter. Atlas de neurociencia. 4ª ed. Madrid: Elsevier; 2023. Acceso electrónico en ClinicalKey.
Haines DE. Principios de Neurociencia. Aplicaciones básicas y clínicas. 5ª ed. Madrid: Elsevier Saunders; 2019. Acceso electrónico en ClinicalKey.
Haines DE. Neuroanatomía clínica. Texto y atlas. 10ª ed. Barcelona: Wolters Kluwer; 2021. Acceso electrónico eLibro.net.
Snell R. Neuroanatomía clínica. 8ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2019.
Atlas
Schünke M., Schulte E., Schumacher U., Voll M., Wesker K. Prometheus. Texto y Atlas de Anatomía. Tomo 3: Cabeza, cuello y neuroanatomía. 5ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2022.
Netter FH. Atlas de Anatomía Humana. 8ª ed. Madrid: Elsevier. 2023. Acceso electrónico en ClinicalKey.
Paulsen F., Waschke J. Sobotta. Atlas de Anatomía Humana. Volumen 3: Cabeza, cuello y neuroanatomía. 25 ed. Madrid: Elsevier; 2024. Acceso electrónico en ClinicalKey.
Complementaria
Díaz-Ruiz C, Muñoz A, Rodríguez-Pallares J. Meninxes, líquido cefalorraquídeo e barreira hematoencefálica. Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones e Intercambio científico; 2015. Acceso electrónico: https://www.usc.gal/libros/gl/medicina/201-meninxes-liquido-cefalorraqu….
García Porrero JA, Hurlé JM. Neuroanatomía humana. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2015.
Jorge-Barreiro J, Castaño MT, Quintáns M, López-Martín E. Cuadernos prácticos de neuroanatomía. Tomo 1,2,3,4; 2008.
Muñoz A, Rodríguez-Pallares J, Díaz-Ruiz C. Morfoloxía externa do encéfalo e da medula espiñal. Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones e Intercambio científico; 2015. Acceso electrónico: https://www.usc.gal/libros/gl/medicina/214-morfoloxia-externa-do-encefa….
Rodríguez-Pallares J, Díaz-Ruiz C, Muñoz A. Vascularización do sistema nervioso. Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones e Intercambio científico; 2015. Acceso electrónico: https://www.usc.gal/libros/gl/medicina/216-vascularizacion-do-sistema-n….
Rodríguez-Pallares J, Díaz-Ruiz C, Muñoz A. Pares craniais. Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones e Intercambio científico; 2020. DOI: https://dx.doi.org/10.15304/9788417595968.
Competencias básicas e xerais
CG5. Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
CG6. Desenvolver a práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades de traballo en equipo.
CG7. Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
CG9. Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
CG23. Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
CG31. Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
CG37. Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
Competencias específicas
CEMI.12. Desenvolvemento embrionario e a organoxénese
CEMI.14. Coñecer a morfoloxía, estrutura e función do sistema nervioso central e periférico
CEMI.20.- Recoñecer con métodos macroscópicos, microscópicos e técnicas de imaxe a morfoloxía e estrutura de tecidos, órganos e sistemas.
CEM.22. Exploración física básica.
Nas clases expositivas, abordaranse fundamentalmente os contidos dos bloques temáticos 1, 3 e 4 do programa. Impartiranse clases maxistrais, empregando medios audiovisuais e debuxos na lousa. Promoverase a participación do alumnado. Nas clases interactivas abordaranse preferentemente os contidos dos bloques temáticos 2 e 5. Os estudantes identificarán na sala de técnica anatómica as estruturas en maquetas e preparacións de encéfalo e medula espiñal procedentes de cadáver. Nas clases prácticas promoverase a aprendizaxe autónoma e os alumnos traballarán de forma individual e en equipo, orientados polo profesorado. As notas de clase e o atlas son esenciais como material de apoio. Para a realización de calquera actividade na Sala de Técnica Anatómica será obrigatorio o uso de bata branca e luvas. Esixirase ao alumno un uso coidadoso e respectuoso do material de prácticas. Realizarase un seguimento da participación e actitude do alumno nas actividades programadas. Realizaranse titorías individualizadas para a orientación da aprendizaxe e a resolución de dúbidas e habilitarase un foro público de titorías na aula virtual da materia.
Valoraranse os coñecementos teóricos e competencias adquiridas nas clases expositivas (CG5, CG7, CG9, CG31, CG37, CEMI.12, CEMI.14, CEMI.20 e CEMI.22) mediante unha proba final. O nivel de aprobado será o 50% da puntuación. É necesario aprobar este exame para superar a materia.
Os coñecementos, así como as destrezas e habilidades adquiridas nas clases interactivas (CG5, CG6, CG7, CG31, CG37 e CEMI.14) valoraranse mediante unha proba sobre o material traballado nas prácticas, que consistirá no recoñecemento de estruturas neuroanatómicas. O nivel de aprobado será o 70% da puntuación. É necesario aprobar este exame para superar a materia. A asistencia a clases interactivas é obrigatoria e requisito imprescindible para superar a materia.
A proba final representará ata o 70% da cualificación máxima global. Ademais, realizarase unha avaliación continua na que se terá en conta conxuntamente a asistencia a clases expositivas e interactivas, a actitude, os coñecementos prácticos, a realización e contido das actividades programadas durante o curso, e outros méritos achegados durante o curso. A avaliación continua representará ata un 30% da cualificación global.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Resolución do 15 de xuño de 2011, DOG do 21 de xullo de 2011).
6 créditos ECTS:
Horas expositivas: 36
Horas interactivas: 22
Horas de titorías: 1
Revisión exames: 1
Total de horas presenciais: 60
Estudo individual: 65
Actividades programadas: 25
Exame: 5
Total de horas non presenciais: 90
Aconséllase que o estudante utilice como referencia as notas de clase e as imaxes e esquemas que o profesor suxira como material didáctico. Debe complementar esta información coa lectura e estudo de textos suxeridos na bibliografía. Os libros e atlas son guías esenciais para a adquisición de destrezas e habilidades prácticas da materia. Aconséllase levar a materia ao día e facer uso das titorías para orientar a aprendizaxe e resolver dúbidas.
Para o máximo aproveitamento da materia é recomendable que os estudantes posúan coñecementos previos de anatomía, bioloxía celular e embrioloxía, de inglés para o manexo da bibliografía/recursos didácticos e competencias no uso de tecnoloxías da información e a comunicación. O alumnado terá á súa disposición unha aula virtual da materia na plataforma Moodle, cos recursos e canles de comunicación que ofrece. Ademais, poderase empregar como medio de comunicación docente-alumnado a aplicación Microsoft Teams e o correo electrónico.
Jose Luis Labandeira Garcia
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881815468
- Correo electrónico
- joseluis.labandeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Elena Lopez Martin
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812310
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Maria Muñoz Patiño
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812221
- Correo electrónico
- anamaria.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jannette Rodriguez Pallares
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881815466
- Correo electrónico
- jannette.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Dominguez Meijide
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- antonio.meijide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Alicia Costa Besada
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- mariaalicia.costa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Del Carmen Diaz Ruiz
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812463
- Correo electrónico
- mdelcarmen.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lucía Agustina García Crivaro
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- luciaagustinagarcia.crivaro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Laura Camacho Meño
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- laura.camacho.meno [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
Martes | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
Xoves | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Venres | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
10.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
10.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
10.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
10.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
10.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
10.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
10.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
13.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
13.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
13.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
13.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |