Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 6 Clínicos EEES: 6 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Conseguir que o alumno ao rematalo seu estudo sexa capaz, mediante a adquisición dos coñecementos, actitudes e hábitos correspondentes, de:
1. Identificar os factores de risco que poidan afectar a saúde e coñecer como estes actúan.
2. Adoptar as medidas hixiénicas e profilácticas persoais e comunitarias máis doadas para a prevención da enfermidade e a promoción da saúde.
3. Contribuír á planificación e dirección da atención sanitaria á comunidade:
a) Identificando os problemas de saúde e analizándoos nos seus diversos aspectos mediante a aplicación da metodoloxía epidemiolóxica.
b) Colaborando na execución dos plans de asistencia sanitaria e promoción da saúde.
c) Dirixindo un equipo de saúde.
d) Participando na educación sanitaria.
Parte I: CONCEPTOS (2)
Lección 1. A saúde e as súas determinantes. Historia natural da saúde e da enfermidade.
Lección 2. Saúde Pública. Instrumentos da Saúde Pública: Sanidade ambiental, Medicina Preventiva, Educación para a saúde. Prevención da enfermidade e promoción da saúde.
Parte II: SAÚDE AMBIENTAL (5)
Capítulo 1: SANEAMENTO AMBIENTAL (4)
Lección 3. Ecoloxía e saúde humana. Saúde da Terra: burato de ozono e efecto invernadoiro. Cambio climático. Contaminación atmosférica.
Lección 4. Aspectos sanitarios da auga de bebida. Servizos de abastecemento de augas de consumo. Depuración da auga de bebida.
Lección 5. Augas residuais: depuración. O solo. Eliminación e tratamento dos residuos sólidos urbanos. Residuos sanitarios. Residuos industriáis.
Lección 6. Problemas sanitarios dos contaminantes físicos: Ruído. Radiacións ionizantes e non ionizantes.
Capítulo 2: HIXIENE DOS ALIMENTOS. SEGURIDADE ALIMENTARIA (1)
Lección 7. Aspectos sanitarios dos alimentos. Seguridade alimentaria. APPCC no sector alimentario
Parte III. SAÚDE LABORAL E MEDICINA DO TRABALLO (3)
Lección 8. Saúde laboral. Condicións de traballo e saúde. Patoloxía laboral
Lección 9. Prevención de riscos laborais. Organización da Saúde laboral en España
Lección 10. Riscos laborais do persoal sanitario.
Parte IV: HÁBITOS E SAÚDE. EDUCACIÓN SANITARIA (4)
Lección 11. Educación para a saúde: concepto e campos de acción. Métodos de Educación Sanitaria.
Lección 12. Estilos de vida e saúde. Dependencias: Epidemioloxía e prevención da dependencia ao alcohol e as drogas psicotrópicas
Lección 13. Epidemioloxía e prevención do tabaquismo.
Lección 14. Epidemioloxía e prevención dos trastornos do comportamento alimentario: anorexia e bulimia.
Parte V. EPIDEMIOLOXÍA Y PREVENCIÓN DE LAS ENFERMEDADES TRANSMISIBLES, CRÓNICAS E ACCIDENTES. (18)
Capítulo 1: EPIDEMIOLOXÍA E PREVENCIÓN DAS ENFERMIDADES TRANSMISIBLES: ASPECTOS XERAIS (3)
Lección 15. Epidemioloxía xeral e prevención das enfermidades transmisibles.
Lección 16. Técnicas de Saneamento: Desinfección. Desinsectación. Desratización.
Lección 17. Profilaxe de disposición. Vacinas: características xerais. Calendarios de vacinacións. Quimioprofilaxe. Gammaglobulinoprofilaxe.
Capítulo 2: EPIDEMIOLOXÍA E PREVENCIÓN DAS ENFERMIDADES TRANSMISIBLES (10)
Lección 18. Epidemioloxía e prevención das Enfermidades de transmisión fecal-oral. Febre tifoidea. Toxiinfeccions alimentarias. Intoxicacións por toxinas mariñas. Hepatite A e E.
Lección 19. Epidemioloxía e prevención das enfermidades de transmisión aérea. Enfermidade meningocócica. Enfermidade dos lexionarios. Outras enfermedades de transmisión aérea.
Lección 20. Epidemioloxía e prevención da tuberculose. Plan de control.
Lección 21. Epidemioloxía e prevención da gripe.
Lección 22. Epidemioloxía e prevención das enfermedades de Transmisión parenteral. Patóxenos de transmisión sanguínea: Epidemioloxía e prevención das hepatites B, C e Delta. VIH e SIDA.
Lección 23. Epidemioloxía e prevención das enfermidades transmisibles por contacto cutáneo mucoso: Infeccións de Transmisión Sexual (ITS). Tétanos. Infeccións nosocomiais.
Lección 24. Calidade asistencial. Seguridade do paciente.
Lección 25. Zoonoses: Epidemioloxía e prevención da Brucelose. Rabia. Outras zoonosis.
Lección 26. Enfermidades infecciosas emerxentes. Zoonoses emerxentes: Variante da ECJ, Diarrea sanguinolenta e síndrome hemolítico urémico.
Lección 27. Epidemioloxía e prevención das enfermidades transmitidas por artrópodos: Paludismo. Febre amarela e dengue. Regulamento sanitario internacional. Consellos sanitarios ao viaxeiro
Capítulo 4: EPIDEMIOLOXÍA E PREVENCIÓN DAS ENFERMIDADES NON TRANSMISIBLES E ACCIDENTES (5)
Lección 28. Epidemioloxía xeral das enfermidades non transmisibles. Importancia. Estratexias de prevención. Cribados
Lección 29. Epidemioloxía e prevención do cancro.
Lección 30. Epidemioloxía e prevención das enfermidades cardiovasculares
Lección 31. Epidemioloxía e prevención da diabete e obesidade.
Lección 32. Epidemioloxía e prevención dos accidentes de tráfico e domésticos
Parte VI: ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN SANITARIA (4)
Lección 33. Economía da saúde.
Lección 34. Planificación, programación e avaluación de programas de saúde.
Lección 35. Modelos e sistemas sanitarios. Sistema sanitario español: Lei Xeral de Sanidade. Organización sanitaria da Comunidade Autónoma Galega
Lección 36. Organismos sanitarios internacionais: OMS
SEMINARIOS (6 horas)
1.Pobreza e saúde. Obxectivos de desenvolvemento do milenio
2.Vixiláncia epidemiolóxica. EDOs.
3.Educación Sanitaria no ámbito clínico asistencial. Consello médico
4.Intoxicacións e toxiinfeccións alimentarias:Estudo dun brote.
5.Actuacións ante un caso de tuberculose.
6.Consellos ao viaxeiro internacional
PROGRAMA DE PRÁCTICAS (6 horas)
Realizaranse no Servizo de Medicina Preventiva do Hospital Clínico Universitario pasando os alumnos polas diferentes Unidades do Servizo (Prevención de Riscos Laborais, Epidemioloxía e Sanidade Ambiental, Medicina Preventiva e Unidade de Tuberculose) adquirindo información e participando nas actividades que se realizan no Servizo entre as que destacan a vixilancia epidemiolóxica da infección nosocomial (xermes alerta, estudos de incidencia, EPINE) e das EDO; enquisa epidemiolóxica e estudos de brotes; bioseguridade ambiental; epidemioloxía e prevención da tuberculose; prevención de riscos laborais (recoñecementos médicos, avaliación de riscos, vacinacións), e consulta de medicina preventiva (convivintes de enfermidades infecciosas, vacinacións; viaxes internacionais e deshabituación tabáquica).
BIBLIOGRAFIA BÁSICA:
Piédrola Gil, Fernández-Crehuet Navajas, Gestal Otero, Delgado Rodríguez, Bolúmar Montrull, Herruzo
Cabrera & Serra Majem……… PIÉDROLA GIL. MEDICINA PREVENTIVA Y SALUD PÚBLICA. 12ª ed.
Dic. 2015. Manual de referencia no mundo hispano-falante sobre a disciplina de numerosos autores
especialistas nas diferentes áreas.
Martínez González. CONCEPTOS DE SALUD PÚBLICA Y ESTRATEGIAS PREVENTIVAS UN MANUAL
PARA CIENCIAS DE LA SALUD. 2ª ed. Feb.2018 Manual que actualiza os principais aspectos da Saúde
Pública cun sistema moi sintético de presentar os temas que facilita a lectura e comprensión.
Alvarez Alva R, Kuri-Morales P. SALUD PUBLICA Y MEDICINA PREVENTIVA. 5ª ed. Enero 2018.
Recolle os fundamentos da disciplina, actualizando os contidos e se teñen engadido algúns novos capítulos
en resposta aos avances e novas ferramentas que a Saúde Pública ten para facer fronte aos novos e vellos
retos.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Gestal Otero JJ. Riesgos laborales del personal sanitario. (3ª ed). Madrid: McGraw-Hill/Interamericana de España 2003.
- Salleras L. Vacunaciones preventivas. Principios y aplicaciones. (2ª ed). Barcelona: Masson 2003.
- Gil Hernández F. La Medicina del Trabajo al día. Barcelona: Masson 2005.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN AS QUE CONTRIBUE A MATERIA
3. Saber aplicar o principio de xustiza social a práctica profesional e comprender as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación.
5. Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia ao aprendizaxe de xeito autónomo de novos coñecementos e técnicas e a motivación pola calidade.
10. Comprender e recoñecer os axentes causais e factores de risco que determinan os estados de saúde e o desenvolvemento da enfermidade.
19. Plantexar e propoñer medidas preventivas doadas en cada situación clínica.
25. Coñecer e recoñecer os determinantes da saúde na poboación, tanto os genéticos como os dependentes do sexo e estilos de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
26. Asumir o seu papel en las acciones de prevención y protección ante enfermedades, lesiones o accidentes y mantenimiento y promoción de la salud, tanto a nivel individual como comunitario.
27. Reconocer su rol en equipos multiprofesionais, asumindo o liderado cando proceda, tanto para a prestación de coidados de saúde, como nas intervencións para a promoción da saúde.
29. Coñecer as organizaciones nacionais e internacionais de saúde e os entornos e condicionantes dos diferentes sistemas de saúde.
30. Coñecementos básicos do Sistema Nacional de Saúde e de lexislación sanitaria.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
a) Coñecer os principios e aplicar os métodos propios da medicina preventiva saúde pública.
b) Comprender o principio de factor de riesco e a súa importancia na prevención da enfermidade.
c) Recoñecer os determinantes da saúde na poboación.
d) Coñecer as bases da relación entre saúde e medioambiente.
e) Coñecer os principios da seguridade alimentaria.
f) Aprender las bases da saúde laboral.
g) Coñecer cómo realizar a prevención e protección ante enfermidades, lesións e accidentes..
h) Establecer as pautas para a administración de vacinas.
i) Coñecer os principios da planificación, programación e avaliación de programas de saúde.
j) Coñecer a planificación e administración sanitaria a nivel mundial, europeo, español e autonómico.
k) Establecer as bases para a avaliación da calidade asistencial e estratexias de seguridade do paciente.
l) Coñecer as implicacións económicas e sociais que comporta a actuación médica, considerando criterios de eficacia e eficiencia.
Desde o punto de vista cognitivo, a ensinanza encamiñarémola máis á educación conceptual que á transmisión pura e simple de información, xa que gran parte desta será posiblemente obsoleta antes de que o estudante teña a oportunidade de aplicala. Procuraremos a formación de conceptos, non a súa simple aprendizaxe de memoria, senón a interiorización da función conceptual, que capacite o alumno para comprender a nosa ensinanza e, cando se lle presente a oportunidade, modificar os modelos que xa non se axusten ben aos novos descubrimentos.
Trataremos de capacitar os alumnos para que sexan capaces de proseguir despois, individualmente ou en equipo, a súa formación permanente e capacidade creativa. Máis que encher trataremos de formar cabezas; producir persoas educables que poidan aprender e adaptarse eficientemente.
Presentaremos na aula os conceptos e procedementos relacionados cos contidos da materia, e faremos un
seguimento grupal dos temas propostos para ser desenvolvidos nos seminarios.
Discusións e presentacións de temas nos seminarios e titorías en grupos reducidos, cando sexa posible.
As actividades formativas nas que os estudantes realicen algún tipo de traballo ou actividade de carácter grupal ou individual serán avaliadas a partires da documentación entregada polo alumno (informes) e/ou presentacións realizadas e as habilidades e actitudes amosadas durante a súa participación nos seminarios e nas prácticas.
Se o número de alumnos permite o seguemento individual, este terá un peso do 20% na
cualificación final. En tanto isto non sexa posible o 85 % da cualificación se baseará no resultado do exame, que consistirá nunha proba escrita tipo test e/ou exame tradicional, oral ou escrito, de preguntas a desenvolver, co nivel de apto no 70% de respostas correctas e sen que conten negativamente as falladas. A isto, poderá sumarse un 5% da asistencia a clases e seminarios, outro 5% da asistencia ás prácticas, e outro 5% da realización e aptitude do Curso Avanzado de Formación en Competencias en Información, organizado pola Biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais:
- Expositivas: 30
- Seminario: 10
- Prácticas clínicas: 8
- Titorías: 3
Horas non presenciais:
- Estudio individual. Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca o similares: 46 horas.
- Búsqueda de material y elaboración de trabajos para los seminarios: 48 horas
- Asistencia a charlas, u otras actividades recomendadas: 3.5 horas.
Leer os temas antes das clases e seminarios e participar activamente en clases e seminarios preguntando todas as dúbidas.
Jose Miguel Fernandez Naveiro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- josemiguel.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
José Luis Iglesias Amorín
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- joseluis.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria De Los Angeles Bouzas Rodriguez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- angeles.bouzas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Cristina Fernandez Perez
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- cristinafernandez.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | R.N.S.-Aula 3 |
Xoves | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | R.N.S.-Aula 3 |
09:30-11:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | R.N.S.-Aula 4 |
26.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 1 |
26.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 2 |
26.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 3 |
26.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 4 |
26.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula Magna |
26.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 1 |
26.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 2 |
26.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 3 |
26.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula 4 |
26.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula Magna |