-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 3Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5
Horas de Titorías: 1.5
Clase Expositiva: 12
Clase Interactiva: 12
Clínicos EEES: 3
Total: 78Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Bioquímica e Bioloxía MolecularÁreas:
Bioquímica e Bioloxía MolecularCentro
Facultade de Medicina e OdontoloxíaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Posto que a Bioquímica Clínica é a disciplina que aplica os coñecementos da Bioquímica Básica e da Química Analítica á diagnose médica, ao tratamento e ao manexo dos doentes, debe proporcionar a base obxectiva para avaliar os efectos bioquímicos dun proceso patolóxico particular e a resposta fronte á terapia. Por isto, os principais obxectivos van ser:
- Coñecer a orixe e mais o control da variabilidade biolóxica e fisiolóxica dos datos bioquímicos.
- Coñecer o uso dos resultados da Bioquímica Clínica no diagnóstico e manexo das enfermidades médicas comúns.
- Coñecer as bases bioquímicas e o significado clínico da meirande parte das probas realizadas rutineiramente no soro/plasma e noutros líquidos corporais, nun laboratorio de bioquímica clínica.
- Subministrar o coñecemento teórico básico e as habilidades experimentais e interpretativas para que un graduado en medicina poida utilizar correctamente as análises clínicas.A través de clases expositivas e seminarios interactivos abordaránse os seguintes puntos de interese:
- Fases das determinacións analíticas: Causas de variación na preobtención, obtención e postobtención de mostras biolóxicas
- Avaliación do equilibrio ácido-base. Gasometrías.
- Avaliación do equilibrio hidroelectrolítico.
- Avaliación da función renal.
- Avaliación da función e intregridade hepática.
- Proteínas plasmáticas: Aplicacións clínicas.
- Diagnóstico e seguimento da diabetes mellitus.
- Avaliación das dislipemias.
- Marcadores cardíacos: Aplicacións clínicas.
- Marcadores tumorais: Aplicacións clínicas.Básica:
- Principios de Bioquímica Clínica y Patología Molecular. Álvaro González Hernández. 3ª edición. Elsevier-2019.
- Tietz Fundamentals of Clinical Chemistry and Molecular Diagnostics. Rifai N, Horvath A, Wittwer C. 8ª edición. Elsevier-2019.
- Bioquímica clínica. Texto y atlas en color. Murphy, Michael. 6ª edición. Elsevier-2020
Complementaria:
- Balcells. La clínica y el laboratorio. J.M. Prieto Valtueña, J.R. Yuste Ara. 23 edición. Elsevier-2019
- Henry’s Clinical Diagnosis and Management by Laboratory Methods. 23rd Ed. Richard A. McPherson & Matthew R. Pincus. Elsevier-Saunders, 2017.
- Interpretación clínica de pruebas diagnósticas. L.V, Rao, L. Michael Snyder. 11ª edición. Wolters Kluwer 2020.
Páxina web Lab Tests Online: www.labtestonline.esO curso debe proporcionar unha base suficiente para que o futuro graduado en Medicina sexa quen de:
- Desenvolver unha apreciación crítica do papel dos datos bioquímicos no diagnóstico e manexo da enfermidade.
- Coñecer a base bioquímica da enfermidade.
- Avaliar criticamente as variacións analíticas que lle poden afectar á xeración de datos bioquímicos clínicos.
- Interpretar o significado dos resultados bioquímicos.
- Axustarse, co coñecemento razoado, aos procedementos e protocolos deseñados polo laboratorio clínico para a obtención de resultados máis fiables e representativos do estado do doente.
- Solicitar axeitadamente as probas analíticas máis idóneas en cada unha das fase do diagnóstico, tratamento e manexo dos doentes.Docencia expositiva
A docencia expositiva está concibida co fin de potenciar a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Nas clases teóricas o profesor exporá e explicará os aspectos máis relevantes de cada tema, axudando aos alumnos a que alcancen os obxectivos da materia. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais e o espazo virtual da materia (Campus Virtual da USC), así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino.
Docencia interactiva
Realizaranse seminarios e prácticas clínicas sobre temas relacionados cos contidos teóricos da materia e discutiranse casos clínicos. O profesor guiará e orientará ao estudante no proceso de aprendizaxe. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais, o espazo virtual da materia (Campus Virtual da USC) e laboratorios, así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino. As sesions prácticas desenvolveranse en grupos moi reducidos de estudantes no Laboratorio Central do CHUS.
Titorías
Esta actividade utilizarase principalmente para a aclaración de dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos relacionados cos contidos da materia. Nesta actividade farase uso de medios audiovisuais, ordenadores, espazo virtual da materia (Campus Virtual da USC) e outros medios que o profesor considere oportunos.A avaliación constará de tres partes: exame final, avaliación das prácticas clínicas e avaliación das clases interactivas de seminario.
O exame final representará o 80% da nota final (máximo de 8 puntos). Este exame final será de preguntas tipo test e/ou preguntas curtas, abarcando todos os aspectos relacionados cos contidos da materia. O alumno deberá demostrar no exame un coñecemento adecuado de cada unha das partes da materia. Será necesario obter no exame final unha nota mínima de 4 puntos para que se poidan sumar as notas obtidas nas outras dous partes.
As prácticas clínicas representarán o 10% da nota final (máximo de 1 punto). Para a súa avaliación poderán formularse preguntas na proba de coñecementos teóricos e terase en conta a actitude e o traballo desenvolvido polo alumno no laboratorio. É obrigatoria a asistencia as prácticas para poder superar a materia. A cualificación gardarase durante os dous cursos académicos seguintes.
As clases interactivas de seminario representarán o 10% da nota final (máximo de 1 punto). Para a súa avaliación teranse en conta controles periódicos da aprendizaxe, asistencia e nivel de participación nas distintas actividades realizadas.
Para superar a materia será necesario obter no exame final unha nota mínima de 4 puntos (dun máximo de 8 puntos) e conseguir un mínimo de 5 puntos na suma da nota do exame final máis as notas correspondentes ás prácticas clínicas e as clases interactivas de seminario. Ademáis, como se indicou anteriormente, é obrigatoria a asistencia ás prácticas para poder superar a materia.
Nos casos nos que se detecte a realización fraudulenta de exercicios e probas de avaliación, aplicarase o que recolle a “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.* Expositivas: 22 horas
* Seminarios: 3 horas
* Prácticas clínicas: 3 horas
* Titorías: 0.5 horas
* Estudo do alumno: 46,5 horas
Total volume de traballo: 75 horasAsistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.
Utilización das titorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
O alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa aplicación no ámbito médico.
Recomendase tamén a visita frecuente ó Campus Virtual como medio de comunicación entre o profesor e o alumno, para estar informado das novidades da asignatura e para acceso a toda a documentación que os profesores poñan a sua disposición.
-
Maria Dolores Vazquez Illanes
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812335
- Correo electrónico
- mdolores.vazquez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Javier Rodriguez Garcia
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- javier.rodriguez.garcia@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Martes 10:30-11:30 Grupo /CLE_01 Castelán Aulario-Aula 1 11:30-12:30 Grupo /CLE_02 Castelán Aulario-Aula 2 Mércores 10:30-11:30 Grupo /CLE_01 Castelán Aulario-Aula 1 11:30-12:30 Grupo /CLE_02 Castelán Aulario-Aula 2 Xoves 10:30-11:30 Grupo /CLE_01 Castelán Aulario-Aula 1 11:30-12:30 Grupo /CLE_02 Castelán Aulario-Aula 2 Venres 10:30-11:30 Grupo /CLE_01 Castelán Aulario-Aula 1 11:30-12:30 Grupo /CLE_02 Castelán Aulario-Aula 2 Exames 26.05.2025 16:00-18:00 Grupo /CLE_01 Aulario-Aula 1 26.05.2025 16:00-18:00 Grupo /CLE_01 Aulario-Aula 2 26.05.2025 16:00-18:00 Grupo /CLE_01 Aulario-Aula 3 26.05.2025 16:00-18:00 Grupo /CLE_01 Aulario-Aula 4 26.05.2025 16:00-18:00 Grupo /CLE_01 Aulario-Aula Magna 25.06.2025 12:30-14:30 Grupo /CLE_01 Aulario-Aula 1 25.06.2025 12:30-14:30 Grupo /CLE_01 Aulario-Aula 2 25.06.2025 12:30-14:30 Grupo /CLE_01 Aulario-Aula 3 25.06.2025 12:30-14:30 Grupo /CLE_01 Aulario-Aula 4 25.06.2025 12:30-14:30 Grupo /CLE_01 Aulario-Aula Magna