Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Trátase dunha materia sustantiva que servirá tanto para unha formación básica como transversal, sendo fundamental para algunhas das saídas profesionais da titulación como as desenvolvidas nas áreas de control sanitario e ambiental, a epidemioloxía, a clínica e a industria.
Con esta materia preténdese dotar ao estudante de Farmacia dos coñecementos básicos imprescindíbeis para a comprensión do mundo microbiano e da súa importancia para o ser humano, especialmente no que compite á saúde, ao medio ambiente e á industria.
Co desenvolvemento das clases prácticas preténdese que os alumnos adquiran competencias e habilidades nas seguintes áreas:
- Aplicación dos conceptos de esterilización e desinfección
- Observación de poboacións de bacterias, leveduras e fungos
- Illamento de microorganismos
- Análise de curvas de crecemento de bacterias
- Análise de mostras de auga
- Interpretación de resultados
- Elaboración dun informe do traballo práctico no que se sintetice e describa con rigor a súa experiencia no traballo con microorganismos
Programa de clases expositivas:
As clases expositivas desenvolveranse en 30 sesións dunha hora cada unha.
Tema 1. Concepto e desenvolvemento histórico da Microbioloxía (2h)
Tema 2. Natureza e estrutura da célula bacteriana (5h)
Tema 3. Metabolismo e crecemento bacterianos (5h)
Tema 4. Control de microorganismos (4,5h)
Tema 5. Natureza e estrutura dos virus (4,5h)
Tema 6. Xenética bacteriana (5h)
Tema 7. Natureza e estrutura de fungos filamentosos e levaduras (1h)
Tema 8. Introdución á Biotecnoloxía microbiana (1h)
Tema 9. Introdución á Microbioloxía ambiental (1h)
Tema 10. Introdución á Microbioloxía dos alimentos (1h)
Programa de clases prácticas:
As clases prácticas desenvolveranse en 4 sesións
Práctica 1. Observación macroscópica de bacterias, fungos e levaduras.
Práctica 2. Observación microscópica: Tincións
Práctica 3. Técnicas de illamento, resemeia e cultivo
Práctica 4. Curva de crecemento bacteriano
Práctica 5. Probas metabólicas
Práctica 6. Reacción de KOH. Determinación do Gram
Práctica 7. Análise microbiolóxica de auga
Práctica 8. Conceptos de esterilización e reciclado de material
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Título: Brock: Biología de los Microorganismos, 14ª edición
Autores: Madigan MT, Martinko JM, Bender KS, Buckley DH e Stahl DA
Editorial: Pearson Education
Ano: 2015
ISBN: 9788490352793
Título: Microbiología Esencial, 1ª edición
Autores: Martín A, Béjar V, Gutiérrez J, Llagostera M, Quesada E.
Editorial: Editorial Médica Panamericana
Ano: 2019
ISBN: 9788498357868 (versión impresa + libro electrónico)
ISBN: 9788491102427 (versión eBook)
Título: Microbiología, 7ª edición
Autores: Prescott LM, Harley JP e Klein DA
Editorial: McGraw-Hill Interamericana
Ano: 2008
ISBN: 9788448168278
Título: Introducción a la Microbiología, 9ª edición
Autores: Tortora GJ, Funke BR, Case CL
Editorial: Editorial Médica Panamericana
Ano 2007
ISBN: 9789500607407
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Título: El enemigo invisible: La historia secreta de los virus
Autores: Dorothy H. Crawford
Editorial: Ediciones Península
Ano: 2020
ISBN: 9788483075029
Título: La maldición de Tutankamón y otras historias de microbiología
Autores: Raúl Rivas
Editorial: Almuzara Editorial, Guadalmazan Editorial
Ano: 2019
ISBN: ISBN: 9788417547011
Título: El asesino que envenenó a Napoleón y otras historias de microbiología
Autores: Raúl Rivas
Editorial: Editorial Guadalmazan
Ano: 2019
ISBN: 9788417547110
Título: Contagio: La evolución de las pandemias
Autores: David Quammen
Editorial: Editorial Debate
Ano: 2020
ISBN: 9788418006760
Título: Microbiota: los microbios de tu cuerpo
Autores: Ignacio López-Goñi
Editorial: Almuzara Editorial
Ano: 2018
ISBN: 9788494778650
Título: Virus: Una guía ilustrada de 101 microbios sorprendentes
Autores: Marilyn J. Roossinck
Editorial: AKAL Editorial
Ano: 2020
ISBN: 9788494778650
De considerarse necesario faranse recomendacións de bibliografía complementaria ó longo do transcurso do curso
Coñecementos:
Con 06. Adquirir coñecementos básicos en xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos
sanitarios para promover o uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.
Con 10. Coñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional,
prestando especial importancia ao autoaprendizaxe de novos coñecementos baseándose na evidencia científica
dispoñible.
Con 20. Coñecer e comprender o control microbiolóxico dos medicamentos.
Con 22. Coñecer a natureza e comportamento de axentes infecciosos.
Con 39. Coñecer as técnicas analíticas relacionadas con diagnóstico de laboratorio, tóxicos, alimentos
e medioambiente.
Con 46. Coñecer os principios e a metodoloxía científica aplicada ás ciencias farmacéuticas, incluíndo a historia
e función social da Farmacia.
Habilidades:
H/D 01. Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención de enfermidade, no ámbito individual,
familiar e comunitario; cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
H/D 04. Desenvolver análise hixiénica‐sanitarios (bioquímicos, bromatolóxicos, microbiolóxicos e parasitolóxicos,
entre outros), especialmente os relacionados coa saúde en xeral e cos alimentos e medioambiente
en particular.
H/D 05. Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar con pacientes
e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
H/D 13. Estimar os riscos biolóxicos asociados á utilización de substancias e procesos de laboratorios implicados.
H/D 14. Comprender a relación entre o ciclo de vida dos axentes infecciosos e as propiedades dos principios
activos.
H/D 15. Desenvolver habilidades para identificar dianas terapéuticas e de produción biotecnolóxica de fármacos, así como
de uso da terapia xénica.
H/D 18. Promover o uso racional do medicamento e produtos sanitarios.
Competencias:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 02. Capacidade de organizar e planificar.
Comp 03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp 04. Coñecemento dunha segunda lingua.
Comp 06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes
diversas).
Comp 10. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 11. Traballo en equipo.
Comp 12. Habilidades interpersoais.
Comp 17. Compromiso ético.
Comp 18. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 20. Capacidade de aprender.
Comp 25. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp 28. Preocupación pola calidade.
Comp 29. Motivación de logro.
A) Clases expositivas:
Lección maxistral impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes con apoio de medios audiovisuais. Estas clases seguirán os contidos teóricos propostos no Programa Docente da materia, dispoñible na USC virtual.
B) Clases interactivas:
As clases interactivas desenvolveranse en 4 sesións de 2 horas. Serán clases de discusión nas que se poden propoñer e resolver aplicacións da teoría, clases con contidos que axuden a comprender partes do temario e finalmente poderá realizarse unha actividade de aprendizaxe en grupo. O profesor contará co apoio de medios audiovisuais. A realización das diferentes actividades terá lugar de forma individual ou en grupo segundo estableza o profesor previamente. A avaliación da participación e competencia dos alumnos realizarase mediante o control da asistencia, a participación nas discusións e mediante os resultados dos cuestionarios e das actividades realizadas ao final de cada interactiva. Tamén será valorada a actitude do alumno durante o desenvolvemento das diferentes actividades. A asistencia a estas clases é OBRIGATORIA. As cualificacións das clases interactivas manteranse ata que o alumno supere a materia
C) Clases prácticas de laboratorio: Clases prácticas de laboratorio: as prácticas realizaranse con grupos de 20 alumnos no laboratorio de prácticas do Departamento de Microbioloxía da Facultade de Farmacia (Bloque C, 4º piso).
Durante as prácticas preténdese que o alumno adquira as habilidades propias do traballo nun laboratorio e consolide os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade require unha boa actitude individual. Para estas prácticas o alumno disporá dun manual de laboratorio na USC virtual. Este manual incluirá consideracións xerais sobre o traballo, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar no que se fará constar una breve presentación dos fundamentos e a metodoloxía a seguir. o alumno realizará individualmente as experiencias necesarias para a consecución dos obxectivos da práctica.
Para a avaliación das prácticas teranse en conta tanto a memoria de prácticas como as respostas aos controis levados a cabo durante as mesmas. Tamén terase en conta a actitude do estudante durante as prácticas e habilidades na súa realización, aspectos que poderán influír na puntuación final.
A realización das prácticas é OBRIGATORIA. A nota das prácticas de laboratorio en caso de igualar ou superar 0,5 puntos dun máximo de 1 manteranse ata que o alumno aprobe a materia.
D) Titorías: Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios alumnos como entre estes e o profesorado, poderá utilizarse o foro do Campus Virtual, Teams ou o correo electrónico.
Son titorías programadas nas que se aclaran as dúbidas sobre calquera aspecto teórico-práctico ou de avaliación da materia.
E) Haberá a posibilidade de realizar unha actividade voluntaria de Aprendizaxe-Servizo enmarcada dentro do programa MicroMundo (un proxecto de ciencia cidadá para a difusión do uso adecuado dos antibióticos baseado nunha estratexia pedagóxica de aprendizaxe e servizo, socio da rede matriz Tiny Earth de EE.UU). Esta actividade realizarase sempre e cando haxa un número suficiente de alumnos voluntarios para levala a cabo e se consiga coordinar a actividade con varios centros de ensino secundario da nosa contorna. Esta actividade desenvolverase ao longo de todo o curso e estará coordinada polo profesorado da materia Microbioloxía I en colaboración cos centros de ensino secundario. Os alumnos voluntarios realizarán as mesmas prácticas de laboratorio que o resto dos seus compañeiros e a maiores terán un adestramento específico no que recibirán información sobre como previr a aparición de bacterias resistentes a antibióticos mediante o uso racional dos mesmos. Ademais aprenderán técnicas de illamento de microorganismos do solo e ensaiarán o posible efecto inhibitorio destes fronte a distintas cepas bacterianas, a fin de intentar atopar novos microorganismos produtores de antibióticos. Nunha segunda fase estes alumnos voluntarios irán aos centros de ensino secundario para concienciar aos estudantes de ESO e Bacharelato sobre o uso racional dos antibióticos e levar a cabo con eles a busca de microorganismos produtores empregando as instalacións do centro de ensino.
A avaliación consistirá en:
- Realización dun exame sobre os contidos teóricos da materia impartidos tanto durante as clases expositivas como durante as prácticas. Consistirá nun exame con preguntas sobre conceptos clave (preguntas 'curtas' e/ou de resposta múltiple). Ademais, ao final de cada tema realizarase un control. Os controis parciais cubertos en cada unha das partes do curso contarán no cálculo do 70% da nota correspondente á teoria (os controis valoraranse con 1 punto e o examen con 6 puntos dentro da avaliación total).
- Para a avaliación das prácticas teranse en conta tanto as memorias de prácticas como as respostas dos controis levados a cabo durante a realización das prácticas (control no primeiro día de prácticas que avaliarán a lectura e comprensión dos obxectivos e fundamentos de cada unha das prácticas expostas no manual de prácticas e, un segundo control o último día de prácticas que avaliará a comprensión dos resultados obtidos).
Tamén terase en conta a actitude do estudante durante as prácticas e habilidades na súa realización, aspectos que poderán influír na puntuación final despois da conclusión dos controis. A nota de prácticas supoñerá o 10% da nota final.
- Avaliación continuada durante as clases interactivas mediante a valoración das actividades realizadas durante as mesmas. A nota das clases interactivas supoñerá o 20% da nota final.
• Cualificación global: A cualificación global da materia, en total 10 puntos, será a suma do obtido no exame teórico e controis parciais, nas prácticas de laboratorio y nas clases interactivas, de acordo coa seguinte distribución:
–Exame de teoría e cuestionarios ao final da cada tema: 7 puntos, sendo obrigado obter polo menos 3,5 puntos para poder aprobar a materia.
–Prácticas de laboratorio: 1 puntos, sendo obrigado obter polo menos 0,5 puntos para poder aprobar a materia.
–Clases interactivas: 2 puntos, sendo obrigada a asistencia ás mesmas para á obtención de puntos neste apartado da avaliación
No caso do alumnado participante no programa MicroMundo, a avaliación desta actividade, debido ao seu carácter práctico, estará incluída no apartado de "prácticas de laboratorio" que supón 1 punto sobre a nota final, correspondendo 0,5 puntos ás prácticas propias da materia e 0,5 puntos ao adestramento específico para esta actividade de aprendizaxe-servizo. Este adestramento específico será avaliado Téndose en conta a actitude do estudante durante as prácticas e habilidades na súa realización.
• Para aprobar a materia, o alumno deberá obter polo menos 3,5 puntos dos 7 correspondentes ao exame/controis de teoría e 0,5 puntos do 1 correspondente ás prácticas. No caso de non acadar un 3,5 no exame/controis parciais, non se sumarán as notas das prácticas e interactivas (notas que se gardarán para as sucesivas convocatorias). En caso de acadar un 3,5 ou mais no apartado do exame/controis parciais, sumaranse as notas das prácticas e as interactivas. Unha vez sumadas as notas dos tres apartados, o alumno deberá alcanzar o 50% da puntuación total (5 puntos dun total de 10) para aprobar a materia.
• Avaliación das competencias: a avaliación das competencias adquiridas na materia realizarase das seguintes formas:
-No exame e cuestionarios parciais: coñecementos (10, 20, 22, 39), Habilidades (05, 13, 14, 15, 18) e competencias (18, 20, 25, 28, 29)
-En prácticas de laboratorio: coñecementos (10, 20, 22, 39. 49), Habilidades (01, 04, 13, 14, 15) e competencias (01, 04, 10, 18, 20, 28, 29)
-Nas clases interactivas: coñecementos (6,20,22,39), Habilidades (01, 04, 14, 15, 18) e competencias (01, 02, 03, 04, 06, 10, 11, 12, 17, 20, 29)
• Na 2ª oportunidade da convocatoria, só se realizará o exame de teoría. A avaliación nesta 2ª oportunidade realizarase conservando a cualificación correspondente a os controis parciais, ás prácticas e ás clases interactivas. A nota final seguirá os mesmos criterios que na 1ª oportunidade.
• En convocatorias sucesivas manteranse as cualificacións correspondentes as clases interactivas e as prácticas de laboratorio.
TRABALLO PRESENCIAL AULA OU NO LABORATORIO:
Clases expositivas en grupo grande (30 horas)
Clases interactivas en grupo reducido (8 horas)
Titorías en grupo moi reducido (2 horas)
Prácticas de laboratorio (16 horas)
Exames e revisión (4 horas)
Total de horas de traballo presencial na aula ou no laboratorio (60 horas)
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
Estudio autónomo individual ou en grupo (60 horas)
Resolución de exercicios, ou outros traballos (14 horas)
Orientación e resolución de dúbidas (8 horas)
Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria de prácticas (4 horas)
Realización e revisión do exame (4 horas)
Total horas de traballo persoal do alumno (90 horas)
• Es recomendábel que os alumnos asistan regularmente ás clases expositivas, así como que preparen a materia como mínimo semanalmente có obxectivo de que se podan realizar as clases interactivas cun coñecemento suficiente do alumno sobre a materia.
• Nas clases prácticas, esixirase unha actitude responsábel e un coñecemento, desde o seu comezo, dos riscos e medidas de seguridade a observar durante o traballo con microorganismos. Esixirase a lectura do manual de prácticas, dispoñible na USC virtual, previamente á súa realización.
• Nas clases interactivas, o alumno deberá mostrar unha actitude positiva e participativa, e deberá demostrar o seu coñecemento dos temas a debater.
• Recomendacións de cara á avaliación.
- Preparar adecuadamente a materia, especialmente nos conceptos e temas chave que serán resaltados polo profesor durante as clases expositivas polo que se recomenda a asistencia a todas as clases e o traballo continuado.
- Nas prácticas de laboratorio recoméndase ao alumno mostrar atención as indicacións do profesorado, seguir estritamente as normas de seguridade, e esforzarse en adquirir as destrezas necesarias durante os exercicios. Así mesmo recoméndase encarecidamente que o alumno lea atentamente antes de acudir a cada sesión de prácticas o contido do manual de prácticas facilitado a través de la USC virtual.
- É importante que o alumno demostre unha actitude activa e de participación durante as clases interactivas.
• Recomendacións de cara a recuperación.
- Repasar extensivamente a materia, especialmente en aqueles aspectos nos que se demostraran debilidades (que serán indicadas polo profesor durante a revisión dos exames).
Maria Trinidad De Miguel Bouzas
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881814947
- Correo electrónico
- trinidad.demiguel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Isabel Bandin Matos
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816087
- Correo electrónico
- isabel.bandin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Sandra Sanchez Poza
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881814944
- Correo electrónico
- sandra.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Emma Gonzalez Rosales
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- emmagonzalez.rosales [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo B /CLE_02 | Galego | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |
Martes | |||
18:00-19:00 | Grupo B /CLE_02 | Galego | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Grupo B /CLE_02 | Galego | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |
Xoves | |||
18:00-19:00 | Grupo B /CLE_02 | Galego | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |
Venres | |||
18:00-19:00 | Grupo B /CLE_02 | Galego | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |