-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
HistoriaÁreas:
PrehistoriaCentro
Facultade de Xeografía e HistoriaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Coñecer os principais aspectos da evolución cognitiva e social da especie humana, os modelos (arqueolóxicos e antropolóxicos) asociados ao seu coñecemento, así como as súas principais manifestacións: a fala, a relixión e a arte por unha banda, e os modelos de sociedade por outra.
Tema 1. Evolución e cognición: “arqueoloxía da mente”. Rexistro fósil, artefactos, modelos: posibilidades e limitacións. A arqueoloxía e o acceso á complexidade social e de pensamento.
Tema 2. A linguaxe. A adquisición do fala no proceso evolutivo humano. O debate sobre o Neandertal. A escritura.
Tema 3. O pensamento simbólico: a “arte”. Teorías sobre a arte prehistórica.
Tema 4: O pensamento simbólico: a “relixión” e o comportamento ritual. As teorías da relixión “primitiva”. Relixión e arqueoloxía.
Tema 5. Modelos aplicados ao estudo da Prehistoria: etoloxía humana, modelos primates e etnoarqueoloxía.Os modelos antropolóxicos: das sociedades de bandas ás organizacións estatais. Aplicación arqueolóxica.Bibliografía básica:
S. Mithen, Arqueología de la mente, Barcelona, Crítica, 1998.
C. Renfrew e E. Zubrow (eds.), The ancient mind. Elements of cognitive archaeology, Cambridge, Cambridge University Press, 1994.
A. Rivera Arrizabalaga, Arqueología del lenguaje, Madrid, Akal, 2009.
A. Rivera y M. Menéndez, Manual de arqueología y paleoantropología cognitivas, UNED, 2023.
Leroi-Gourhan, A., 1985, Los primeros artistas de Europa. Introducción al arte parietal paleolítico, Ed. Encuentro.
Llinares García, Mar, 2012, Los lenguajes del silencio. Arqueologías de la religión, Madrid, Akal.
Bibliografía complementaria:
Ofrecerase para cada tema na aula.Comprender as posibilidades e limitacións do coñecemento arqueolóxico.
Aprender a analizar o material arqueolóxico (desde o punto de vista da sociedade e a mentalidade).
Desenvolvemento da capacidade de cruzar datos e observacións procedentes de distintas disciplinas.Docencia expositiva: exposición en aula do contido do temario por parte do profesor. Elaboración e exposición entre 2/3 persoas dun traballo titorado sobre algún dos contidos da materia. Ofrecerase un listado de trabajos as bibliografías iniciais. O traballo exporase e entregarase un guión e a bibliografía no espazo habilitado na Aula Virtual.
Docencia interactiva: sobre as lecturas indicadas, e o visionado de películas e documentais, posta en común na aula e elaboración dun traballo individual. O traballo entregarase no espazo habilitado na Aula VirtualElaboración e exposición do traballo sobre os contidos da docencia expositiva: ata 7 puntos. A valoración do traballo será colectiva, pero haberá tamén valoraciones individuais (expresión, capacidade de resposta a preguntas...)
Elaboración do traballo individual sobre os contidos das clases interactivas: ata 3 puntos.
A non realización do traballo sobre os contidos expositivos suporá un Non presentado
Datas límite de entrega das tarefas: data do exame oficial
Na convocatoria extraordinaria de avaliación, manterase a puntuación obtida nos ítems que foran superados e repetirase ou entregarase a parte non superada ou non realizada
Dispensa de asistencia: o traballo individual sobre os contidos expositivos suporá o 100% da cualificación.Horas expositivas: 32
Horas interactivas: 16
Titorías: 3
Total horas presenciais: 51
Tempo de estudio e preparación da materia: 70
Total: 121 horasCombinar a asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas co estudo persoal, procurando levar a materia ao día.
É recomendable o manexo funcional dalgunha das principais linguas estranxeiras.En el caso de fraude académico, tal y como se define en el artículo 42 del Reglamento por el que se establecen las normas de convivencia de la Universidad de Santiago de Compostela, y de conformidad con lo dispuesto en el artículo 11. g) de la Ley de Convivencia Universitaria, se aplicarán las sanciones previstas por la normativa. Entre los comportamientos premeditados tendentes a falsear los resultados de un examen o trabajo se incluyen el plagio y el empleo no consentido de herramientas de Inteligencia Artificial.
-
Maria Del Mar Llinares Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Prehistoria
- Teléfono
- 881812571
- Correo electrónico
- mar.llinares@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Carrero Pazos
- Departamento
- Historia
- Área
- Prehistoria
- Teléfono
- 881812565
- Correo electrónico
- miguel.carrero@usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
-
2º semestre - Do 03 ao 09 de marzo Mércores 17:00-19:00 Grupo /CLE_01 Galego Aula 13 Xoves 17:00-19:00 Grupo /CLE_01 Galego Aula 13 Exames 28.05.2025 18:30-21:00 Grupo /CLE_01 Aula 10 04.07.2025 18:00-20:30 Grupo /CLE_01 Aula 08