Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Comprender os elementos e ideas que entran na asignación de valor ás obras de arte
- Comprender e ser conscientes das dinámicas que veñen afectando desde finais do século XIX ao mercado da arte e o coleccionismo internacional.
- Ser conscientes das oscilacións no gusto e a súa influencia no mercado.
- Apreciar as nocións ou ideas que poden servir para artellar unha colección de arte.
- Coñecer os pasos principais na xestión profesionalizada dunha colección
- Coñecer os debates actuais en torno á situación económica dos produtores culturais
BLOQUE 1: MERCADO E ECONOMÍA DA ARTE
1. O que se agocha tralo prezo: valor, plusvalía e fetichismo.
2. O papel das galerías na evolución da historia da arte contemporánea.
3. As feiras internacionais de arte.
4. Economía, sistema da arte e precarización do traballo creativo.
BLOQUE 2: XESTIÓN DE COLECCIÓNS
5. Coleccionismo de arte: historia e novos modelos.
6. As institucións culturais: servizo público e participación privada.
DE REFERENCIA
DÍAZ AMUNÁRRIZ, C., La gestión de las galerías de arte, Agencia Española de Cooperación Internacional para el desarrollo, Madrid, 2017. URL: http://www.aecid.es/Centro-Documentacion/Documentos/Publicaciones%20AEC…
GRAW, I., ¿Cuánto vale el arte? Mercado, especulación y cultura de la celebridad, Mardulce, Buenos Aires, 2015.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, M.A., Xestión das galerías de arte, da materia Mercado da arte e xestión de coleccións. Colección Unidades didácticas, Universidade de Santiago de Compostela, 2015. URL: https://www.usc.gal/omp/index.php/spic/catalog/book/804
ROSLER, M., Clase cultural. Arte y gentrificación, Buenos Aires, Caja Negra Editora, 2017.
BIBLIOGRAFÍA
ALBARRÁN, J., Disputas sobre lo contemporáneo, Exit, Madrid, 2019.
ALIAGA, J. V.; NAVARRETE, C., Producción artística en tiempos de precariado laboral, Tierradenadie Ediciones, Madrid, 2017.
BOLTANSKI, L.; CHIAPELLO, E., El nuevo espíritu del capitalismo, Akal, 2002.
CARRILLO, J. (ed.), Desacuerdos: sobre arte, políticas y esfera pública en el Estado español, vols. 1, 2, 3, 4 y 8, 2004-2014. MACBA / Arteleku / Universidad Internacional de Andalucía, Barcelona, 2004.
COHEN-SOLAL, A., El galerista Leo Castelli y su círculo, Turner, Madrid, 2011.
DURÁN, J. Mª, Hacia una crítica de la economía política del arte, Plaza y Valdés, Madrid, 2008.
FINDLAY, M., El valor del arte: dinero, poder, belleza, Fundació Gala-Salvador Dalí, Figueres, 2013.
FREY, B.; POMMEREHNE, W., Musas e mercados. Exploracións na economía da arte, Laiovento, Santiago, 1996.
JIMÉNEZ-BLANCO, M. D.; MACK, C., Buscadores de belleza: historias de los grandes coleccionistas de arte, Arial, Barcelona, 2007.
LAZZARATO, M., “Las desdichas de la ‘crítica artista’ y del empleo cultural”, Instituto europeo para políticas culturales progresivas (2007). URL: https://transversal.at/transversal/0207/lazzarato/es
LINDEMANN, A., Coleccionar arte contemporáneo, Taschen, Colonia, 2010.
LUCAS, A.; NAVARRO M., Soledad Lorenzo: una vida con el arte, Proyectos utópicos, Madrid, 2014.
McANDREW, C., El Mercado español del arte en 2017. Cuadernos Arte y Mecenazgo, Fundación La Caixa. URL: https://coleccion.caixaforum.com/cuaderno-arte-y-mecenazgo
NORTH, M., Art and Commerce in the Dutch The Golden Age, Yale University Press, New Haven, 1997., Gregory Sholette. Materia oscura. Arte activista y la esfera pública de oposición, Archivos del índice, 2015. URL:
ROWAN, J., Cultura libre de estado, Madrid, Traficantes de Sueños, 2016. URL: https://www.traficantes.net/libros/cultura-libre-de-estado
SHOLETTE, G. Materia oscura. Arte activista y la esfera pública de oposición
Archivos del Índice, 2015. URL: https://cargocollective.com/archivosdelindice/Materia-oscura
THORNTON, S., Siete días en el mundo del arte, Edhasa, Barcelona, 2010.
TRANSFORM, Producción cultural y prácticas instituyentes. Líneas de ruptura en la crítica institucional, Traficantes de sueños, Madrid, 2009.
VELTHUIS, O., “Introduction. The contemporary art market between stasis and flux”. In Maria Lind, Olav Velthuis (eds.): Contemporary Art and Its Commercial Markets: A Report on Current Conditions and Future Scenarios, Sternberg Press, Berlín, 2021.
VETTESE, A., Invertir en arte: producción, promoción, y mercado del arte contemporáneo, Pirámide, Madrid, 2002.
Wu, Chin-tao: Privatizar la cultura: la intervención empresarial en el mundo del arte desde la década de 1980. Madrid: Akal
O alumno/a será capaz de:
- Analizar e sintetizar os coñecementos adquiridos.
- Manexar as ferramentas habituais na xestión de coleccións.
- Desenvolver unha análise crítica da elaboración de coleccións por parte de institucións.
- Implicarse na defensa e conservación do patrimonio cultural.
O desenvolvemento da materia vaise efectuar dacordo sempre cos contidos do programa, e constará dos seguintes elementos:
- Clases expositivas, nas que a través das explicacións do profesor e da análise de textos, os alumnos poderán adquirir os coñecementos teóricos e debatir nas clases.
- Clases interactivas, nas que os alumnos realizarán, divididos en grupos, traballos sobre coleccionismo ou sobre dinámicas no mercado da arte.
- Visitas a coleccións ou charlas de profesionais, mediante as cales o alumnado poderá tomar contacto directo con especialistas deste ámbito. Dentro destas últimas, prevese (sempre e cando haxa orzamento) a realización de prácticas de campo coordinadas con outras materias de 4º, que serán obrigatorias e avaliables, e terán como destino algunha destas opcións: a) Allariz, Xunqueira de Ambía, Santa Mariña de Augasantas, Celanova; b) Valença, Tui, Oia, Baiona; c) Lugo, d) A Coruña; e) Pontevedra.
- Tutoría personalizada.
Nas clases expositivas e interactivas explicaranse aqueles aspectos que se consideren máis relevantes dos temas que figuran no apartado de contidos, sendo en todo caso a totalidade do contido do programa obxecto de avaliación. Na dinámica das clases vaise incentivar a participación do alumnado e intentarase fomentar o pensamento crítico con respecto aos contidos.
TIPO DOCENCIA TOTAIS HORAS/MATERIA
Doc. Expositiva........................... 32
Doc. Interactiva.......................... 16
Titorización personalizada.............. 3
A materia levarase a cabo a partir da suma dos seguintes valores:
- Exame: conta un 60% sobre a nota final.
- Asistencia e participación nas interactivas: 20%.
- Traballo final: conta un 20%.
É imprescindible para aprobar a materia ter realizado as tarefas propostas nas clases interactivas e o traballo final, que se debe facer en grupo. Igualmente, débese ter superado tanto a parte teórica (exame) como a correspondente á práctica (asistencia e traballo), chegando ao 50% da nota en ámbolos casos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicaranse as disposicións do Regulamento para a evaluación do rendemento académico dos estudiantes e a revisión das cualificacións. O mesmo será de aplicación para os casos comprobados de plaxio na realización de traballos.
OPORTUNIDADE DE XULLO
Aqueles alumnos que non realicen as actividades correspondentes á docencia interactiva ou non as aproben, terán que respostar no exame de xullo unha pregunta a maiores, relativa aos contidos vistos nas Interactivas. Estes contidos estarán dispoñibles previamente na Aula Virtual da materia.
En caso de non teren presentado o traballo final na data prevista, terán unha segunda oportunidade en xullo, cun traballo que determinará o profesor. As porcentaxes para a avaliación de xullo vanse manter: parte teórica 60% e parte práctica 40%.
DISPENSA
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun examen final específico que suporá o 100% da cualificación.
TEMPO PRESENCIAL DO ALUMNO: 51 HORAS
Doc. Expositiva........................... 32
Doc. Interactiva.......................... 16
Titorización personalizada.............. 3
TEMPO DE ESTUDIO E ACTIVIDADE PERSOAL: 99 HORAS
Estudio da materia impartida nas clases expositivas:......... 58 h
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca, etc: ..... 32 h.
Preparacion de presentacións, debates, etc ..................... 9 h.
- Consulta da bibliografía recomendada.
- Asistencia ás sesións interactivas, imprescindible para a superación da materia.
- Consultas co profesor nas horas de titoría.
Miguel Anxo Rodriguez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812601
- Correo electrónico
- miguelanxo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xose Ramon Cisneros Perez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- xoseramon.cisneros.perez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09 |
13.01.2025 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
18.06.2025 18:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |