Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Programa de Doutoramento en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Lugo
Contacto
pd.xestionsustentable@usc.es

A importancia da utilización sustentable dos recursos naturais por parte da sociedade, e en particular da terra, e o desenvolvemento de instrumentos de xestión eficiente do territorio así como o deseño de estratexias de desenvolvemento territorial que permitan conservar os recursos naturais e as funcións ecosistemáticas, requiren da investigación para avanzar no desenvolvemento de mellores instrumentos, técnicas, teorías e modelos.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600523
    Número prazas: 10

    Coordinador-a do título:
    David Miranda Barros
    david.miranda@usc.es

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    25/09/2013

    Códigos ISCED:
    (581) Arquitectura y urbanismo
    (422) Ciencias del medio ambiente
    (0731) Arquitectura y urbanismo

    A importancia da utilizacion sustentable dos recursos naturais por parte da sociedade, e en particular da terra, e o desenvolvemento de instrumentos de xestión eficiente do territorio así como o deseño de estratexias de desenvolvemento territorial que permitan conservar os recursos naturais e as funcións ecosistemáticas, requiren da investigación para avanzar no desenvolvemento de mellores instrumentos, técnicas, teorías e modelos. A formación na investigación é un elemento clave para conducir a vocación investigadora e de avance no coñecemento e desenvolvemento de resultados aplicados por parte dos estudantes que realizaron a súa formación de máster nas distintas disciplinas que estudan o territorio.

    É neste ámbito onde a palabra partenariado cobra especial relevancia. Se o desenvolvemento territorial vén condicionado en gran medida pola capacidade dos diferentes axentes e escalas de cooperar e aproveitar as sinerxias existentes, esto convértese nun elemento clave que inspira e xustifica este Programa de Doutoramento. Investigación, innovación pro-activa e acción deben ir da man neste ámbito para que os procesos de reflexión, aprendizaxe e descubremento representen en si mesmos motores de cambio e adaptación territorial. É necesario trascender os programas estancos e "puros" para, a través da hibridación co ámbito de desenvolvemento e a execución, favorecer a súa transdisciplinariedade, o feedback social e económico e a súa permeabilidade. É deste xeito como se poderán bosquexar novos paradigmas de xestión e distribución dos recursos territoriais.

    Dado que non existe no ámbito rexional e nacional unha oferta académica e investigadora desta natureza, trátase dunha oferta innovadora a escala europea, e é unha oportunidade para ofertar un programa de posgrao que permita investigar en áreas de coñecemento de vangarda cun enfoque interdisciplinario, así como innovar na busca de solucións aos problemas de xestión da terra como recurso, da planificación dos usos do solo e da xestión territorial a distintas escalas, dende a parcela a grandes rexións como a Unión Europea, así como para atraer investigadores do resto do estado, europeos e do resto do mundo.

    A formación na investigación é un elemento clave para conducir a vocación investigadora e de avance no coñecemento e desenvolvemento de resultados aplicados por parte dos estudantes que realizaron a súa formación de máster nas distintas disciplinas que estudan o territorio. É neste ámbito onde a palabra partenariado cobra especial relevancia. Se o desenvolvemento territorial vén condicionado en gran medida pola capacidade dos diferentes axentes e escalas de cooperar e aproveitar as sinerxías existentes, isto convértese nun elemento clave que inspira e xustifica este programa de doutoramento.

    Investigación, innovación proactiva e acción deben ir da man neste ámbito para que os procesos de reflexión, aprendizaxe e descubrimento representen en si mesmos motores de cambio e adaptación territorial. É necesario transcender os programas estancos e «puros» para, a través da hibridación co ámbito de desenvolvemento e a execución, favorecer a súa transdisciplinariedade, o feedback social e económico e a súa permeabilidade. É deste xeito como se poderán bosquexar novos paradigmas de xestión e distribución dos recursos territoriais.

    Dado que non existe no ámbito rexional e nacional unha oferta académica e investigadora desta natureza, trátase dunha oferta innovadora a escala europea, e é unha oportunidade para ofertar un programa de posgrao que permita investigar en áreas de coñecemento de vangarda cun enfoque interdisciplinario, así como innovar na busca de solucións aos problemas de xestión da terra como recurso, da planificación dos usos do solo e da xestión territorial a distintas escalas, dende a parcela a grandes rexións como a Unión Europea, así como para atraer investigadores do resto do estado, europeos e do resto do mundo.

  • Este Programa entra en extinción a partir do curso 2023/2024. Solo poderán matricularse alumnos de continuación.

  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • A importancia da utilizacion sustentable dos recursos naturais por parte da sociedade, e en particular da terra, e o desenvolvemento de instrumentos de xestión eficiente do territorio así como o deseño de estratexias de desenvolvemento territorial que permitan conservar os recursos naturais e as funcións ecosistemáticas, requiren da investigación para avanzar no desenvolvemento de mellores instrumentos, técnicas, teorías e modelos. A formación na investigación é un elemento clave para conducir a vocación investigadora e de avance no coñecemento e desenvolvemento de resultados aplicados por parte dos estudantes que realizaron a súa formación de máster nas distintas disciplinas que estudan o territorio.

    É neste ámbito onde a palabra partenariado cobra especial relevancia. Se o desenvolvemento territorial vén condicionado en gran medida pola capacidade dos diferentes axentes e escalas de cooperar e aproveitar as sinerxias existentes, esto convértese nun elemento clave que inspira e xustifica este Programa de Doutoramento. Investigación, innovación pro-activa e acción deben ir da man neste ámbito para que os procesos de reflexión, aprendizaxe e descubremento representen en si mesmos motores de cambio e adaptación territorial. É necesario trascender os programas estancos e "puros" para, a través da hibridación co ámbito de desenvolvemento e a execución, favorecer a súa transdisciplinariedade, o feedback social e económico e a súa permeabilidade. É deste xeito como se poderán bosquexar novos paradigmas de xestión e distribución dos recursos territoriais.

    Dado que non existe no ámbito rexional e nacional unha oferta académica e investigadora desta natureza, trátase dunha oferta innovadora a escala europea, e é unha oportunidade para ofertar un programa de posgrao que permita investigar en áreas de coñecemento de vangarda cun enfoque interdisciplinario, así como innovar na busca de solucións aos problemas de xestión da terra como recurso, da planificación dos usos do solo e da xestión territorial a distintas escalas, dende a parcela a grandes rexións como a Unión Europea, así como para atraer investigadores do resto do estado, europeos e do resto do mundo.

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Coordinador/a
    David Miranda Barros

    Secretario/a
    Emilio V. Carral Vilariño

    Vogais
    Jose Carlos Cabaleiro Dominguez
    Ana Isabel García Arias
    Pablo Ramil Rego
    Eduardo Jose Corbelle Rico

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2023.