Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Programa de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.tic@usc.es

As principais fortalezas desta proposta de programa de doutoramento céntranse na especialización en contidos que abranguen dende o coñecemento das arquitecturas de computación actuais e o seu uso, ata a intelixencia artificial e robótica, pasando polos sistemas distribuídos de información, ou a análise e síntese de información visual ou o deseño electrónico.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600809
    Número prazas: 20

    Coordinador-a do título:
    Anselmo Tomás Fernández Pena
    tf.pena@usc.es

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    18/01/2023

    Códigos ISCED:
    (481) Ciencias de la computación
    (520) Ingeniería y profesiones afines
    (0619) Tecnologías de la información y las comunicaciones (otros estudios)

    As principais fortalezas desta proposta de Programa de Doutoramento céntranse na especialización en contidos que abranguen dende o coñecemento das arquitecturas de computación actuais e o seu uso, ata a intelixencia artificial e robótica, pasando polos sistemas distribuídos de información, ou a análise e síntese de información visual ou o deseño electrónico.

    Este Programa de Doutoramento permitirá dotar de continuidade á oferta curricular de ambas universidades e para manter o elevado nivel de investigación dos grupos que participan no Programa, recoñecido en múltiples convocatorias públicas e a través da avaliación da actividade investigadora dos seus membros.

    Salientar tamén o elevado número de titulados que cobren a demanda de profesionais con capacidade de investigación nas áreas TIC nas empresas e centros de investigación non só nacionais senón tamén a nivel internacional.

    Este programa permitirá dotar de continuidade á oferta curricular de ambas universidades e para manter o elevado nivel de investigación dos grupos que participan no Programa, recoñecido en múltiples convocatorias públicas e a través da avaliación da actividade investigadora dos seus membros. Hai que salientar tamén o elevado número de titulados que cobren a demanda de profesionais con capacidade de investigación nas áreas TIC nas empresas e centros de investigación non só nacionais senón tamén a nivel internacional.

  • Envío de artigo a unha revista

    • E4041A01

    Visita a empresas e/ou centros tecnolóxicos

    • E4041A05

    Ciclos de conferencias de expertos de recoñecido prestixio.

    • E4041A06

    Presentación de un relatorio/póster en congreso nacional ou internacional, ou en outros centros ou universidades.

    • E4041A07
  •  Este Programa de Doutoramento permitirá dotar de continuidade á oferta curricular de ambas universidades e para manter o elevado nivel de investigación dos grupos que participan no Programa, recoñecido en múltiples convocatorias públicas e a través da avaliación da actividade investigadora dos seus membros.

    As principais fortalezas desta proposta de Programa de Doutoramento céntranse na especialización en contidos que abranguen dende o coñecemento das arquitecturas de computación actuais e o seu uso, ata a intelixencia artificial e robótica, pasando polos sistemas distribuídos de información, ou a análise e síntese de información visual ou o deseño electrónico.

    Este Programa de Doutoramento permitirá dotar de continuidade á oferta curricular de ambas universidades e para manter o elevado nivel de investigación dos grupos que participan no Programa, recoñecido en múltiples convocatorias públicas e a través da avaliación da actividade investigadora dos seus membros.

    Salientar tamén o elevado número de titulados que cobren a demanda de profesionais con capacidade de investigación nas áreas TIC nas empresas e centros de investigación non só nacionais senón tamén a nivel internacional.

  • En canto ao perfil de egreso e a imbricación coa estratexia de I+D+i das Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña, o principal obxectivo do programa é formar investigadores no ámbito das tecnoloxías da información (TIC), en aspectos que van desde o deseño en electrónica ata a programación de alto nivel e a computación de altas prestacións, pasando pola intelixencia artificial, o procesado de datos masivos (Big Data) ou o procesamento de imaxes entre outros. É notorio que dita formación pasa por unha actualización constante propia dun ámbito en continuo desenvolvemento, e a investigación tense que actualizar de maneira constante e inmediata aos novos retos e consecuentemente aos novos proxectos que abordan os grupos de investigación adscritos ao programa. A totalidade das teses doutorais que se desenvolven no programa están directamente relacionadas con proxectos competitivos e contratos con empresas en vigor, o que garante unha actualización continua dos temas de investigación e innovación sen que por iso cambien as definicións xerais das 10 liñas de investigación en que se enmarcan os obxectivos do programa. Os niveis de esixencia que se autoimpoñen ao programa son altos, e espérase que os alumnos teñan unha produción científica de calidade, aliñada coa dos grupos nos que se integran.

    Este programa de doutoramento ofrece oportunidades aos egresados para continuar a súa actividade investigadora, mesmo, noutros moitos ámbitos científicos diferentes da computación e que utilizan as TIC. Así, os egresados incorporáronse tanto a contratos académicos en centros de investigación e universidades, como ao mercado de traballo en labores de investigación e desenvolvemento en proxectos innovadores tanto a nivel nacional como internacional, onde as competencias adquiridas foron moi ben acollidas en empresas, universidades e centros de investigación. O seguimento da inserción laboral dos doutores é responsabilidade da CAPD, que realiza consultas aos directores das teses sobre a situación laboral dos egresados, co obxectivo de coñecer
    tanto o sector de actividade (académico, industrial, de servizos, centros de investigación etc.) como a área xeográfica onde realizan o seu traballo (no noso caso, Galicia, España, UE, Oriente medio, …).

    Aínda que non existe un mecanismo explícito de avaliación directa de cada unha das competencias que debe adquirir un doutorando, a CAPD considera que os alumnos que finalizaron os seus estudos neste período suxeito a avaliación, adquiriron en gran medida as competencias previstas polo programa. Os resultados obtidos en termos de calidade das teses e a empregabilidade posterior dos nosos egresados ratifican esta valoración. Garántense todas as competencias, xa que ven reflectidas na produción científica dos egresados.

    O grao de empregabilidade dos egresados do programa é practicamente do 100%. Os egresados deste programa de doutoramento incorporáronse moi maioritariamente ao mercado de traballo en labores de investigación e desenvolvemento de proxectos innovadores tanto a nivel nacional como internacional, onde a

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

  • Título Data de lectura Autoría Dirección
    Planificación e modelización de tarefas robóticas baseadas en ontoloxías orientadas a procesos 21/05/2025 Zhang Sprenger Congyu Juan Antonio Corrales Ramon
    Norman Urs Baier
    BIOMETA: Procedementos bioinformáticos para o avance na implementación da metaxenómica clínica. Mención doutoramento internacional 25/04/2025 Lara María Vázquez González María José Carreira Nouche
    Inmaculada Tomas Carmona
  • Coordinador/a
    Anselmo Tomás Fernández Pena

    Vogais
    Diego Cabello Ferrer
    Paulo Manuel Felix Lamas
    Joaquín Ángel Triñanes Fernández
    Antonio Jesus Garcia Loureiro

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.08.2024.