Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Total: 0
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Complementos formativos Doutorado RD99/2011
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia “Traballo de investigación tutelado” consisten en que un alumno con perfil de acceso alleo ao Programa, poida adquirir as competencias para desenvolver a súa tese no seu ámbito. Nestes casos a memoria do programa contempla que o estudante deberá realizar un traballo de investigación tutelado sobre un tema que determinará o CAPD (3 ECTS) unha vez analizado o perfil do solicitante.
1. Identificación dun tema de investigación no eido das enerxías.
2. Elaboración do ÍNDICE
3. Elaboración do RESUMO
4. Elaboración da INTRODUCIÓN: xustificación do tema, e tras unha busca bibliográfica incluirase un debate sobre os antecedentes e o estado da arte sobre obras que fixeron o mesmo ou similares, é dicir, como someterse a exame e analizar os resultados. Xustificación do traballo.
5. Obxectivo. Elaboración do OBXECTIVO XERAL e posteriormente elaborar os OBXECTIVOS ESPECÍFICOS.
6. Elaboración dunha METODOLOXÍA científica adecuada, análise sistemático da literatura científica. Análise do tema na materia desde unha perspectiva histórica: definición de prazos ou etapas. Análise da normativa por marco temporal: marco legal (facer primeiro un esquema da lexislación e indicar despois o que establece). Análise dos resultados de aplicación da normativa por etapas.
7. Desenvolvemento
8. RESULTADOS E DISCUSIÓN
9. Elaboración das CONCLUSIÓNS que respondan aos obxectivos
10. Elaboración do apartado REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
Bases de datos científicas accesibles a través da biblioteca https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria
Base de datos de lexislación, EURLEX https://eur-lex.europa.eu/homepage.html?locale=es
Boletín oficial do Estado (BOE) https://www.boe.es/
Base de datos estatística: Eurostat, https://ec.europa.eu/eurostat
Instituto Nacional de Estatística https://www.ine.es/
Básicas:
CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con dito campo.
CB12 - Capacidade para concibir, deseñar ou crear, implementar e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír a ampliar as fronteiras do coñecemento a través da investigación orixinal.
CB14 - Capacidade para realizar análises críticas e avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade para comunicarse coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral sobre as súas áreas de coñecemento nos modos e linguas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
Habilidades e destrezas persoais
CA02 - Busca as preguntas clave que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e levar a cabo proxectos novidosos e innovadores no seu campo de coñecemento
CA06 - Crítica e defensa intelectual das solucións.
Outras competencias
OC01 - Coñecer a fronteira do coñecemento e ser capaz de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no ámbito da enerxía undimotriz, mareomotriz e eólica mariña.
OC03 - Terá capacidade de análise e innovación nos factores sociais, legais e económicos implicados na implantación das enerxías renovables.
OC04 - Terá capacidade de innovación en recursos enerxéticos, promovendo o desenvolvemento e aproveitamento das enerxías renovables.
OC08 - Coñecer a fronteira do coñecemento e ser capaz de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no ámbito da enerxía distribuída e as aplicacións da enerxía sostible.
OC09 - Coñecer a fronteira do coñecemento e ser capaz de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no ámbito da caracterización e valorización de biocombustibles e biolubricantes de biomasa.
OC10 - Coñecer a fronteira do coñecemento e ser capaz de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no ámbito da xestión enerxética sostible dos sistemas agroforestais.
OC11 - Coñecer a fronteira do coñecemento e ser capaz de xerar novas achegas nas bases científicas, técnicas e socioeconómicas aplicables no ámbito da modelización e o estudo da dinámica dos sistemas xeofísicos (atmosfera, océano, solo-vexetación e augas subterráneas e superficiais) .
O titor indicado impartirá as clases personalizadas expositivas e interactivas, no que o alumno poderá adquirir as competencias para desenvolver o traballo. O alumno traballará de forma autónoma cada parte e, unha vez finalizada cada unha, voltará a solicitar ao titor una nova clase expositiva/interactiva. Unha vez finalizado o traballo, este será entregado ao titor para a súa avaliación, e acordarase unha data de exposición. A exposición do traballo será sintética de 15 minutos de presentación e 15 minutos máximo de resposta ás cuestións que se lle sexan plantexada.
A avaliación consistirá en tres partes:
• Avaliación continua 30%
• Documento final do traballo 40%
• Presentación do traballo 30%
A materia consta de 3 créditos ECTS, A materia ten unha carga de traballo de 3,0 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten do siguiente xeito:
Actividad Formativa horas presencialidade
Clases expositivas 3 100
Interactivas 20 100
Tutorías 1 100
Estudio personal 51 100
Seguir a materia constantemente durante o curso, preferiblemente o primeiro ano de estudos.
A materia impartirase preferentemente en galego, castelán e inglés