Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Economía Aplicada
Áreas: Área externa M.U en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable, Economía Aplicada
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao final da materia, o alumnado deberá coñecer a complexidade socioeconómica do sistema enerxético actual a partir dos fundamentos termodinámicos do consumo actual, de maneira que poda comparar e seleccionar diferentes alternativas enerxéticas sustentables para diferentes contextos sociais, para así conseguir definir a viabilidade económica e ambiental dun proxecto.
- Implicacións da termodinámica na análise económica da enerxía
- Relaciones entre os cambios nos modelos enerxéticos e económicos ao longo da historia
- Estrutura enerxética actual: situación mundial, europea, española e galega
- Metabolismo económico e limitacións económicas e ambientais do modelo enerxético actual
- A enerxía nunha economía de mercado: o problema dos prezos e o papel dos conglomerados empresariais.
- Grandes retos enerxéticos, alternativas e conflito social.
BÁSICA:
• Ekonomiaz. Revista Vasca de Economía, II, 71 (2009). Número monográfico: “Sociedades en emergencia energética. La transición hacia una economía post-carbono”.
• Fernández Durán, Ramón e González Reyes, Luís (2014): En la espiral de la energía, Libros en Acción-Baladre, Madrid-Carcaixent
• Georgescu-Roegen, Nicholas (1971): La Ley de la Entropía y el proceso económico, Fundación Argentaria-Visor, Madrid, 1996.
COMPLEMENTARIA
• Altvater, Elmar (2011): El fin del capitalismo tal y como lo conocemos. El Viejo Topo, Madrid
• Bárcena, Iñaki; Lago, Rosa e Villalba, Unai (eds) (2009): Energía y deuda ecológica. Transnacionales, cambio climático y alternativas, Icaria Editorial, Barcelona
• Bermejo, Roberto (2011): Manual para una economía sostenible. Los libros de la Catarata, Madrid.
• Carpintero, Óscar (dir) (2015): El metabolismo económico regional español. Madrid: FUHEM Ecosocial
• Klare, Michael T. (2003): Guerras por los recursos. El futuro escenario del conflicto global. Urano Tendencias, Barcelona
• Naredo, José Manuel (2006): Raíces económicas del deterioro ecológico y social. Siglo XXI, Madrid
• Regueiro Ferreira, Rosa Mª (2011): A propiedade do vento galego. Edicións Laiovento, Ames-A Coruña
• Roberts, Paul (2004): El fin del petróleo, Ediciones BSA, Barcelona
• Scheer, Hermann (2005): Autonomía energética. La situación económica, social y tecnológica de la energía renovable. Icaria Editorial, Barcelona
• Seifert, Thomas e Werner, Klaus (2008): El libro negro del petróleo, Capital Intectual, Buenos Aires
BÁSICAS E XERAIS
CG01 - Adquirir e comprender os principais aspectos teóricos, prácticos e metodolóxicos necesarios para a dedicación profesional ao campo das enerxías renovables, a sustentabilidade e o cambio climático
CG08 - Coñecer os factores sociais, xurídicos e económicos que interveñen na implantación das enerxías renovables no marco da sustentabilidade
CG05 - Capacidade para realizar estudos de sustentabilidade, e coñecer e deseñar as operacións unitarias aplicables no campo da arquitectura ambiental e do urbanismo sustentable.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
TRANSVERSAIS
CT07 - Tratar, analizar e obter conclusións sobre uns conxunto datos resultantes dun estudo utilizando fontes documentais
CT13 - Capacidade para analizar as demandas, necesidades e expectativas do mercado
ESPECÍFICAS
CE03 - Asesorar no desenvolvemento de proxectos relacionados coas enerxías renovables e a sustentabilidade enerxética, analizar, desde o punto de vista técnico, económico e social, os proxectos enerxéticos e propor solucións específicas e innovadoras para empresas e particulares
CE11 - Analizar o sistema enerxético actual e os seus efectos no desenvolvemento económico e social das nacións.
Desenvolvemento do temario teórico en clases presenciais nas que se combinan clases expositivas, seminarios, resolución de problemas e traballo individual ou en grupo.
A parte teórica desenvólvese con axuda de diferentes medios audiovisuais que xeren unha proposta atractiva dos contidos e faciliten a comprensión dos mesmos.
A titorización farase en sesións individuais ou en grupos reducidos tanto de tipo presencial como a través dos medios da USC-virtual.
Disporase dun aula virtual para a materia, onde se poderá facilitar información e materiais para o estudantado para facilitar o desenvolvemento da materia e facilitar unha maior fluidez na relación profesor-estudante.
O estudo por parte do alumnado precisará dun traballo persoal baseado nas diferentes fontes de información indicadas.
Tomaranse as medidas hixiénico-sanitarias recomendadas nos protocolos que existan en cada momento na Facultade
A cualificación final será o resultado da valoración de:
Exame final (50 %).
Realización de traballos e/ou actividades individuais ou en grupo (30%). Valoraranse de forma específica as habilidades na procura de material para o desenvolvemento dos temas, a capacidade de síntese na elaboración de traballos e o dominio dos temas.
Asistencia e participación nas clases e debates que se formulen polo profesor sobre diversos temas (20%).
Poderanse realizar diferentes probas para verificación obtención coñecementos téoricos/prácticos e adquisición de habilidades e actitudes.
Estudantes con dispensa de asistencia a clase: Quen teña dispensa de asistencia a clase será avaliado mediante un exame final na data oficial (10 puntos), tendo como contido os textos de lectura obrigatoria e outro material que se indicarán no seu momento, nunha primeira titoría, ao comezo do curso, coa/co alumna/alumno.
Obterán a cualificación de non presentado aquelas persoas que se presentasen ao exame ou non se sometan á avaliación de calquera outra actividade obrigatoria.
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
Na realización dos exercicios e traballos encomendados co obxecto de ser avaliados, deben seguirse certos estándares:
- Toda reprodución literal total ou parcial tomada dun libro, revista, publicación electrónica, páxina web, etc. debe citarse entre comiñas, referenciando correctamente a fonte de onde se tomou, de modo que se poida comprobar que a cita é correcta.
- Tamén deberá facerse dita referencia se é tomada a idea principal doutro texto aínda que baixo unha nova redacción.
- De non seguirse estas normas, considerarase que se está realizando un plaxio, é dicir, unha copia no substancial de obras alleas, facéndoas pasar como propias.
- Tamén se considerará plaxio se dita copia se fai doutro compañeiro ou compañeira, facéndose pasar como autor/a do documento, ou se entrega un documento que foi escrito por outra persoa, así como a realización de probas ou exercicios con uso fraudulento de medios ou tecnoloxías
- A detección na corrección de calquera destas formas de plaxio, dará lugar a que non se siga corrixindo e se considere nulo o exercicio ou traballo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Os obxectivos e competencias avalíanse a través do exame e os traballos escritos que deban entregar, así como mediante as presentacións temáticas, resumes e comentarios previstos.
Sesións de seminario interactivo, titorías individuais e de grupo, a preparación do exame final serán elementos a través dos que o alumnado contribúa a mostrar a adquisición das competencias específicas. Avaliaranse mediante exame final.
As competencias transversais conséguense e avalíanse co conxunto de actividades previstas para o seguimento da materia.
Clases maxistrais 9 h
Docencia interactiva. Seminarios 12 h
Titoría individualizada 3 h
Traballo persoal do alumno e outras actividades 51h
Recoméndase o seguimento continuado das clases, así como da bibliografía básica e complementaria sinalada polo profesor a medida que se desenvolve o programa. Tamén se considera conveniente consultar con frecuencia as principais fontes estatísticas recomendadas polo profesor, co obxecto de familiarizarse co seu uso e poder aplicar as técnicas de análises necesarias para o coñecemento da realidade económica obxecto de estudo.
Recoméndase, así mesmo, a consulta do material complementario que indique o profesor a medida que este desenvolve o programa da materia. A lectura na prensa das noticias relacionadas co contido da materia debe ser un requisito básico.
Xunto ao anterior, é fundamental:
(1) Participación nas presentacións
(2) Preparación das tarefas marcadas seguindo as pautas indicadas
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
Xoan Ramon Doldan Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811569
- Correo electrónico
- xoan.doldan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rosa Maria Regueiro Ferreira
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811574
- Correo electrónico
- rosamaria.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 130 |
Mércores | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 130 |
Xoves | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 130 |
Venres | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 130 |
06.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
24.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |