Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Total: 0
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Complementos formativos Doutorado RD99/2011
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral da materia é fornecer aos alumnos unha base teórica e empírica sobre a análise das políticas agrarias e de desenvolvemento rural e as políticas de desenvolvemento rexional, que proporcione unhas coordenadas iniciais de cara á elaboración da súa tese de doutoramento neste campo.
Como resultado final, preténdese que o/a alumno/a:
• Domine o marco conceptual e as principais referencias teóricas, así como os modelos e instrumentos, para o estudo das políticas agrarias e de desenvolvemento rural e as políticas de desenvolvemento rexional.
• Coñeza as principais liñas de investigación neste campo e as cuestións nas que poden centrarse investigacións futuras en Galicia e España.
A finalidade última é que cada alumno/a estea en condicións de definir o proxecto da súa tese de doutoramento e conte cos coñecementos necesarios para iniciar a elaboración da mesma.
Obxectivos específicos
-Proporcionar uns coñecementos básicos sobre as políticas agrarias aplicadas nos países da OCDE, cunha referencia especial ao modelo inicial e as sucesivas reformas da Política Agraria Común da Unión Europea.
-Revisar os principais esquemas teóricos e instrumentos analíticos para o estudo e interpretación do apoio público á agricultura.
-Examinar a evolución e contido actual das políticas de desenvolvemento rural en Europa e América Latina.
-Familiarizar ao alumnado cos novos modelos de desenvolvemento rural, cunha atención especial á diversificación de actividades.
-Proporcionar ao alumnado coñecementos básicos sobre a actuación pública en contextos de descentralización, incluíndo a política rexional.
-Examinar os modelos comparados de descentralización en distintos países da OCDE e as súas consecuencias rexionais, a partir do modelo español.
I. POLÍTICAS AGRARIAS E DE DESENVOLVEMENTO RURAL: MARCO TEÓRICO E EMPÍRICO E LIÑAS DE INVESTIGACIÓN
1. Marco conceptual para a análise das políticas agrarias e instrumentos de medición do apoio público á agricultura
2. As políticas agrarias nos países capitalistas desenvolvidos durante as décadas recentes; nivel e composición do apoio público ao sector agrario
3. O contido e sucesivas reformas da Política Agraria Común da Unión Europea
4. A política de desenvolvemento rural da UE: evolución histórica e contido no período 2007-2013
5. A PAC vixente nos anos recentes (2014-2022). A nova reforma da PAC para o período 2023-2027
6. Referencia específica a liñas de investigación seleccionadas
a. As axudas directas á agricultura; a cuestión da desvinculación das axudas respecto á produción
b. Mobilidade e abandono de terras; as políticas relacionadas coa mobilidade da terra
c. Novos modelos e estratexias de desenvolvemento rural; os programas cun enfoque territorial
d. Estratexias de diferenciación e novos esquemas de comercialización dos produtos agroalimentarios: marcas oficiais de
calidade (Denominacións de Orixe), circuitos curtos
II. POLÍTICA REXIONAL E ACTUACIÓN PÚBLICA NUN SISTEMA DESCENTRALIZADO
7. Aproximación xeral: as Facendas descentralizadas e a política rexional nunha perspectiva teórica
8. Liñas de investigación propostas
a. O sistema autonómico español: eficiencia, equidade, converxencia
b. Os mecanismos de nivelación e a equidade. Alternativas comparadas
c. Descentralización e converxencia rexional
d. As políticas de desenvolvemento rexional
I. Políticas agrarias e de desenvolvemento rural
Arnalte, E. et al. (1998): El desarrollo rural: políticas aplicadas situación actual del debate y perspectivas del futuro a nivel europeo. Working Document, AGRI-106, Dirección General de Estudios del Parlamento Europeo. Estrasburgo.
Bureau, D.; Mahé, L. (2008): CAP Reform Beyond 2013: An Idea for a Longer View, Notre Europe, Studies & Research, nº 64. http://www.notre-europe.eu.
Chatellier, V.; Mauguin, P. (2008), “Du bilan de santé à la refondation de la PAC”, Terra Nova, Dossier Europe (7/8). http://tnova.fr/index.php?option=com_content&view=article&id=549.
European Union DG AGRI (2014): Rural Development in the European Union. Statistical and Economic Information. Report 2013.
http://ec.europa.eu/agriculture/statistics/rural-development/2013/index…
García Álvarez-Coque, J.M., Sineiro García, F. (coord.) (2011): Apoyo público a la agricultura española 2003-2010. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (MAGRAMA), Madrid.
Houée, P. (1996): Les politiques de développement rural. INRA. París.
Keenleyside C., Tucker GM (2010): Farmland Abandonment in the EU: an Assessment of Trends and Prospects. Report prepared for WWF. Institute for European Environmental Policy, Londres.
López Iglesias, E. (1996): Movilidad de la tierra y dinámica de las estructuras agrarias en Galicia. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, Madrid.
López Iglesias, E. (2003): “Las estructuras agrarias en España: análisis de sus transformaciones en la década de los noventa”. Papeles de Economía Española, nº 96, pp. 20-37.
López Iglesias, E.; Sineiro García, F.; Lorenzana Fernández, R. (2013): “Processes of farmland abandonment: land use change and structural adjustment in Galicia (Spain)”, en Ortiz-Miranda, D.; Moragues-Faus, A.M.; Arnalte-Alegre, E. (Eds.): Agriculture in Mediterranean Europe. Between Old and New Paradigms, Emerald Group Publishing Limited. Research in Rural Sociology and Development, Bingley UK, pp. 91-120.
Massot, A. (2009): España ante la refundación del la Política Agrícola Común de 2013, Real Instituto Elcano. Documento de Trabajo 35/2009. www.realinstitutoelcano.org.
OCDE (2013): Agricultural Policies in OECD Countries: Monitoring and Evaluation 2012, OCDE, París.
Oliveira Baptista, F. (2001): Agriculturas e territórios, Celta Editores, Oeiras.
Pérez Fra, M. (2004): “A Iniciativa Comunitária LEADER no marco teórico da Política Agrária”, Revista Galega de Economía, Volume 13, pp. 175-198.
Pérez Yruela, M., Giménez Guerrero, M. (1994): "Desarrollo local y desarrollo rural: el contexto del programa Leader", Papeles de Economía Española, nº 60/61, pp. 219-233.
Pointereau P et al. (2008): Analysis of farmland abandonment and the extent and location of agricultural areas that are actually abandoned or are in risk to be abandoned. JRC Scientific and Technical Reports (EUR 3411 EN).
Ramos, E., Gallardo, R. (2009): El futuro de la PAC tras 2013: la reforma de la Política de Desarrollo Rural, Dirección General de Estudios del Parlamento Europeo. Estrasburgo.
Schejtman, A., Berdegué, J. (2004): Desarrollo territorial rural. RIMISP. Santiago de Chile.
Sumpsi, J.M., Pérez Correa, E. (coord.) (2002): Políticas, instrumentos y experiencias de desarrollo rural en América Latina y Europa. Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación, Madrid.
II. Política rexional e actuación pública nun sistema descentralizado
Boadway, R., Shah, A. (2009): Fiscal Federalism, Cambridge University Press.
Boadway, R., Shah, A. (eds.) (2007): Intergovernmental Fiscal Transfers: Principles and Practice, Public Sector Governance and Accountability Series, The International Bank for Reconstruction and Development / The World Bank.
Bosch i Roca, N. (2012): “La financiación autonómica: presente y futuro”, Papeles de Economía Española, nº 133.
Caamaño, J., Lago Peñas, S. (2008): ''Evolución y problemas del marco de estabilidad presupuestaria en España: especial referencia a las haciendas autonómicas'', en Villar, M. (Ed.): Estudios jurídicos en memoria de Don César Albiñana García-Quintana, Madrid: Instituto de Estudios Fiscales, Volumen III, 3117-3140.
De la Fuente, A., Gundín, M. (2008): La financiación regional en España y en cuatro países federales, CIEF‐Fundación Caixa Galicia, A Coruña.
De la Fuente, A. (2010): “El nuevo sistema de financiación regional: un análisis crítico y proyecciones para 2009”, Hacienda Pública Española / Revista de Economía Pública, 195-(4/2010), pp. 91-138.
Fernández Leiceaga, X., Lago Peñas, S. (2013): “Las finanzas autonómicas: expansión y crisis, 2002-2012”, Papeles de Economía Española.
Fernández Leiceaga, X., Álvarez Corbacho, X., Lago Peñas, S. (2013): “El FCI: análisis y propuestas de reforma”, en Online at http://mpra.ub.uni, MPRA Paper No. 51107.
Lago Peñas, S., Fernández Leiceaga, X. (2014): “Los límites a la redistribución entre territorios: un análisis comparado”, Cuadernos de Información Económica, nº 238, enero‐febrero.
Leal, A., López Laborda, J. (2013): “Federalismo fiscal en tiempos de crisis: compartir el coste del ajuste”, en Bosch, N. y Solé-Ollé; A. (Eds.): Informe sobre Federalismo Fiscal 12, 26-34.
Martínez‐Vazquez, J., Searle, B. (2008): Fiscal Equalisation: Challenges in the Design of intergovernmental Transfers, Springer.
Monasterio Escudero, C., Suárez Pandiello, J. (1996): Manual de Hacienda Autonómica y Local, Ariel.
Shah, A. (ed.) (2007): Intergovernmental fiscal transfers: principles and practice, The International Bank for Reconstruction and Development / The World Bank
Ter-Minassian, T. y Jiménez, J.P. (2011): “Macroeconomic challenges of fiscal decentralization in Latin America in the aftermath of the global financial Crisis”, Working Paper 112, Serie Macroeconomía del Desarrollo, CEPAL, Santiago de Chile.
Von Hagen, J. y Foremny, D. (2013): “Federalismo fiscal en tiempos de crisis: compartir el coste del ajuste”, en Bosch, N. y Solé-Ollé; A. (Eds.): Informe sobre Federalismo Fiscal 12, 14-25.
Competencias xerais do Doutoramento ás que contribúe a materia
Básicas
CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
Capacidades e destrezas persoais
CA02 - Atopar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
CA05 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
Outras competencias
OC3 - Desenvolver a capacidade crítica, impulsar a inquietude e o interese investigador, especializarse no manexo de material bibliográfico, especializarse na utilización de bases de datos e programas informáticos que faciliten o seu tratamento, aprender a transmitir de forma adecuada os desenvolvementos da súa capacidade investigadora a través da confección de artigos científicos e relatorios en congresos.
OC4 - Comprender o papel actual do sector público na economía: o marco xeral no que actúa, a necesidade da súa intervención activa en distintos ámbitos (territorial, produtivo e social) e a importancia da súa estrutura multinivel no proceso de toma de decisións.
OC5 - Aplicar os criterios e a metodoloxía da análise económica para obter procedementos xerais de deseño e análise de políticas públicas: estruturación de problemas, prognóstico, recomendación e avaliación.
OC12 - Adquirir hábitos e estratexias para a redacción e elaboración de documentos de traballo, comunicacións e relatorios, artigos.
O curso desenvólvese a través de clases de docencia interactiva, combinando as seguintes metodoloxías docentes:
• Exposición de coñecementos por parte dos profesores.
• Resolución de problemas e estudos de caso: resolución colectiva de exercicios, realización de debates e dinámicas de grupo, co profesor e outros estudantes na aula.
• Traballo teórico-práctico dirixido: aprendizaxe baseada na realización individual dun traballo inicial, que poda constituir o punto de partida para unha futura Tese de Doutoramento, aplicando coñecementos e presentando resultados.
Un soporte esencial estará constituído pola Aula Virtual construída para o curso, na que os/as alumnos/as encontrarán: textos de lectura obrigatoria, referencias bibliográficas para a profundización nas temáticas abordadas e os restantes materiais de apoio que se vaian incorporando.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O sistema de avaliación basearase nos seguintes elementos:
• Asistencia e participación activa nas clases.
• Notas de lectura sobre os textos indicados polos profesores.
• Resolución e debate de casos prácticos
• Elaboración e presentación na clase de traballos encomendados polo profesor.
Tendo en conta que cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo para o estudante, esta materia representa un total de 125 horas de traballo, repartidas como sigue:
Traballo presencial 40
Docencia interactiva 40
Traballo persoal do/a alumno/a 85
Realización das lecturas recomendadas, redacción de notas de lectura 40
Resolución de casos prácticos, elaboración dos traballos encomendados, preparación da súa presentación na clase 45
Asistencia regular e participación activa nas sesións de docencia interactiva, lectura da bibliografía e realización das restantes actividades que se programen ao longo do curso.
Edelmiro López Iglesias
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811718
- Correo electrónico
- edelmiro.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade