Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e Envellecemento

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Lugo
Contacto
pd.ccsociasenvellecemento@usc.es

Este programa de doutoramento ofrece un espazo para a formación avanzada no campo dos estudos sobre envellecemento demográfico e lonxevidade a través da perspectiva científica das Ciencias Sociais. Configúrase, neste sentido, como un ciclo de estudos que agrega diferentes áreas disciplinares, buscando capitalizar as súas similitudes, pero tamén as súas diferenzas, nun enfoque centrado nas complementariedades, que se asumen como fundamentais para a comprensión dun fenómeno multidimensional como o envellecemento demográfico e a lonxevidade.
Trátase dun programa de estudos que se aliñará coas prácticas máis esixentes a nivel internacional no campo da formación avanzada, co obxectivo de afirmarse como un programa de referencia no campo dos estudos sobre o envellecemento.
De acordo coa normativa, o programa desenvolverase ao longo de 3 anos, aínda que se prevé que un/a alumno/a cando as circunstancias o permitan poida presentar a súa tese a partir dos 18 meses de permanencia no programa. Con independencia do anterior, tal e como figurará no convenio, haberá de terse en conta a normativa de aplicación da universidade en que o alumno/a se atope matriculado.
O programa de doutoramento UNISF Ciencias Sociais e Envellecemento inclúe cursos de formación transversal, específica e outras actividades formativas

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5601468
    Número prazas: 4

    Coordinador-a do título:
    Maria Jose Piñeira Mantiñan
    mariajose.pineira@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego, Portugués

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Vigo

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo Universidade de Trás-Os-Montes e  Alto Douro Universidade do Porto

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    11/08/2022

    Data de publicación no BOE:
    21/10/2022

    Data da última acreditación:
    22/06/2021

    Códigos ISCED:
    (142) Ciencias de la educación
    (310) Ciencias sociales y del comportamiento
    (0111) Ciencias de la educación

  • Seminario básico anual: «Envellecemento e ciencias sociais. Desenvolvementos teóricos e metodolóxicos e temas de estruturación»

    • E3131A01

    Seminario A, primeiro semestre: Estruturas, procesos, representacións sociais e experiencias de envellecemento e lonxevidade

    • E3131A02

    Seminario B, primeiro semestre: Seminario sobre institucións sociais e envellecemento

    • E3131A03

    Seminario B, segundo semestre: Seminario sobre Envellecemento e Sociedade

    • E3131A04

    Seminario primeiro semestre: Métodos de investigación en ciencias sociais sobre o envellecemento

    • E3131A05

    Participación en foros científicos e presentación de relatorios en congresos científicos

    • E3131A06

    Publicacións de libros, capítulos de libros e publicacións artigos en revistas indexadas

    • E3131A07

    Defensa dos plans de investigación e avaliacións anuais

    • E3131A08

    Promoción da mobilidade para a obtención do doutoramento internacional

    • E3131A09
  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Coordinador/a
    Maria Jose Piñeira Mantiñan

    Vogais
    Maria De Los Angeles Piñeiro Antelo
    Francisco Ramon Duran Villa
    Rubén Camilo Lois González
    Carlos Dosil Diaz
    Jose Antonio Aldrey Vazquez

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.12.2023.