Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Programa de Doutoramento en Ciencias Odontolóxicas

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.odontoloxia@usc.es

Este programa nace co propósito de dar resposta a unha serie de necesidades formativas, científicas e de investigación que se constatan no Sistema Universitario de Galicia (SUG). O Programa de Doutoramento potencia os estudos a nivel de posgrao e promove a formación en investigación de estudantes no ámbito das Ciencias da Saúde e concretamente no campo da Odontoloxía.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600493
    Número prazas: 15

    Coordinador-a do título:
    Benjamin Jose Martin Biedma
    benjamin.martin@usc.es

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    28/09/2021

    Códigos ISCED:
    (724) Estudios dentales
    (721) Medicina
    (0911) Odontología

    A proposta do Programa de Doutoramento en Ciencias Odontolóxicas de acordo co establecido no Regulamento dos estudos de Doutoramento, este programa se adscribe á Escola de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e nace co propósito de dar resposta a unha serie de necesidades formativas, científicas e de investigación constatables no Sistema Universitario de Galicia (SUG):

    • En primeiro lugar, o Programa de Doutoramento que presentamos potencia os estudos a nivel de posgrao e promove a formación en investigación de estudantes no ámbito das Ciencias da Saúde e concretamente no campo da Odontoloxía.

    • En segundo lugar, o Programa de Doutoramento recolle a experiencia adquirida por un equipo docente e investigador cuantitativamente limitado pero altamente especializado e cohesionado cunha ampla produción científica

    • En terceiro lugar, tanto os estudos de grao como de Máster posúen unha moi elevada demanda, a porcentaxe de prazas vacantes foi nula ou case nula desde a súa creación e aprobación.

    Existe en toda España, unha elevada demanda de programas de Doutoramento únicamente deseñados para propiciar a realización de teses doutorais. A un interese persoal no ámbito científico da Odontoloxía non se asocia, polo xeral, o inicio dunha carreira investigadora profesional, exceptuando os docentes universitarios. Non é fácil ademais levar a cabo unha tese doutoral que reúna os requisitos de rigor científico e pertinencia académica actuais senón se reestruturan os programas de doutoramento establecendo unha relación de supervisión entre o director/a e os doutorandos directa e limitada no tempo, aproveitando a experiencia acumulada de socios estratéxicos (asesores, expertos) recoñecidos que participen no proceso. Neste sentido, o programa intégrase na estratexia de I +D+i da USC (incrementar o carácter internacional do Doutoramento, unir potencialidades, promover programas multidisciplinares atractivos,...). Tampouco facilita o proceso o feito de que as condicións laborais dos futuros doutorandos restan tempo e disponibilidade. Pero é notable, o feito de que son máis os recentemente licenciados e graduados que na actualidade solicitan estes estudos coa idea de implementar a súa curricula cunha experiencia investigadora para logo incorporarse a un mercado laboral con valor engadido. Esta demanda real débese moi probablemente ao esforzo en crear sinerxias e internacionalización dos investigadores que forman o cadro docente deste programa de Doutoramento.

    O programa a experiencia adquirida por un equipo docente e investigador cuantitativamente limitado pero altamente especializado e cohesionado cunha ampla produción científica. O programa intégrase na estratexia de I +D+i da USC (incrementar o carácter internacional do Doutoramento, unir potencialidades, promover programas multidisciplinares atractivos.

  • Curso (seminario teórico-práctico) sobre redacción e presentación de traballos de investigación (proxectos de investigación, teses doutorais,...)

    • E2021A01

    Seminario sobre técnicas de investigación avanzada aplicadas ao ámbito odontolóxico

    • E2021A03

    Seminarios/talleres prácticos cun experto (investigador invitado internacional/nacional de recoñecido prestixio nunha área de coñecemento)

    • E2021A04

    Reunións peióodicas (semestrais) cos doutorandos/as para a análise do progreso do traballo de investigación doutoral/tese doutoral

    • E2021A05

    Revisión bibliográfica, establecemento do estado da arte do problema ou pregunta obxecto de investigación

    • E2021A06

    Recollida de datos

    • E2021A07

    Publicación aceptada nunha revista indexada en JCR

    • E2021A08
  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

     A CAPD do programa de doutoramento avaliará de forma individualizada aos/ás candidatos/as e a aqueles con perfís que non se axusten aos indicados para o acceso directo ao programa de doutoramento propoñeralles uns complementos de formación específicos adecuados ao seu perfil. Os complementos de formación que deberán cursar estableceranse en función da formación previa do/a alumno/a e serán tales que lle permitan alcanzar as competencias necesarias para o bo desenvolvemento da súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento. Devanditos complementos de formación poderán ser de materias ou módulos de máster e grao e terán, a efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento. No caso de realizarse con carácter previo, o seu desenvolvemento non computará a efectos do límite temporal establecido para a realización da tese. Estes créditos non computarán para os efectos dos requisitos comúns de acceso ao programa de doutoramento. Estas competencias adquiriranse cursando materias, ata un máximo de 15 créditos ECTS, de cursos e seminarios de metodoloxía da investigación. A realización dos complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa. No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa. No caso de ser previa só se matriculará destes complementos, non se asinará o Compromiso de Supervisión nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación, e a súa realización non computará para os efectos dos prazos mínimos e máximos marcados para a realización dos estudos de doutoramento.

  • A proposta do Programa de Doutoramento en Ciencias Odontolóxicas de acordo co establecido no Regulamento dos estudos de Doutoramento, este programa se adscribe á Escola de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e nace co propósito de dar resposta a unha serie de necesidades formativas, científicas e de investigación constatables no Sistema Universitario de Galicia (SUG). O Programa de Doutoramento que presentamos potencia os estudos a nivel de posgrao e promove a formación en investigación de estudantes no ámbito das Ciencias da Saúde e concretamente no campo da Odontoloxía.

    A proposta do Programa de Doutoramento en Ciencias Odontolóxicas de acordo co establecido no Regulamento dos estudos de Doutoramento, este programa se adscribe á Escola de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e nace co propósito de dar resposta a unha serie de necesidades formativas, científicas e de investigación constatables no Sistema Universitario de Galicia (SUG):

    • En primeiro lugar, o Programa de Doutoramento que presentamos potencia os estudos a nivel de posgrao e promove a formación en investigación de estudantes no ámbito das Ciencias da Saúde e concretamente no campo da Odontoloxía.

    • En segundo lugar, o Programa de Doutoramento recolle a experiencia adquirida por un equipo docente e investigador cuantitativamente limitado pero altamente especializado e cohesionado cunha ampla produción científica

    • En terceiro lugar, tanto os estudos de grao como de Máster posúen unha moi elevada demanda, a porcentaxe de prazas vacantes foi nula ou case nula desde a súa creación e aprobación.

    Existe en toda España, unha elevada demanda de programas de Doutoramento únicamente deseñados para propiciar a realización de teses doutorais. A un interese persoal no ámbito científico da Odontoloxía non se asocia, polo xeral, o inicio dunha carreira investigadora profesional, exceptuando os docentes universitarios. Non é fácil ademais levar a cabo unha tese doutoral que reúna os requisitos de rigor científico e pertinencia académica actuais senón se reestruturan os programas de doutoramento establecendo unha relación de supervisión entre o director/a e os doutorandos directa e limitada no tempo, aproveitando a experiencia acumulada de socios estratéxicos (asesores, expertos) recoñecidos que participen no proceso. Neste sentido, o programa intégrase na estratexia de I +D+i da USC (incrementar o carácter internacional do Doutoramento, unir potencialidades, promover programas multidisciplinares atractivos,...). Tampouco facilita o proceso o feito de que as condicións laborais dos futuros doutorandos restan tempo e disponibilidade. Pero é notable, o feito de que son máis os recentemente licenciados e graduados que na actualidade solicitan estes estudos coa idea de implementar a súa curricula cunha experiencia investigadora para logo incorporarse a un mercado laboral con valor engadido. Esta demanda real débese moi probablemente ao esforzo en crear sinerxias e internacionalización dos investigadores que forman o cadro docente deste programa de Doutoramento.

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

  • Título Data de lectura Autoría Dirección
    Avaliación do índice de satisfacción dos pacientes trala rehabilitación protésica de implantes osteointegrados 17/01/2025 María Núñez Otero
    Enfermidade periodontal como factor cronificador da migraña. Estudo clínico e molecular Tese por compendio de publicacións 24/03/2025 Pablo Ameijeira Dávila
    CARACTERÍSTICAS ORAIS E MANEXO ODONTOLÓXICO DA SÍNDROME DE WOLF- HIRSCHHORN 28/03/2025 Candela Serrano Martín
    ESTUDIO RADIOLÓXICO DA FRACTURA DENTAL: RADIOGRAFIA 2D VERSUS CBCT 3D 20/01/2025 María Soledad Mareque Bueno
    REXENERACIÓN PERIODONTAL CON CÉLULAS NAI OBTIDAS DA PULPA DENTAL (DPSC) E OUTROS BIOMATERIAIS 07/04/2025 Luis Alberto Chauca Bajaña Mario Pérez-Sayáns García
    M. Elena Padín Iruegas
    Estudo da expresión de marcadores apoptóticos no carcinoma de cabeza e pescozo e a súa influencia no pronóstico Mención doutoramento internacional, Tese por compendio de publicacións 27/03/2025 Fábio França Vieira E Silva Mario Pérez-Sayáns García
    Cintia Micaela Chamorro Petronacci
    Efecto da fotobiomodulación con láser de baixa intensidade na xestión de distintas afeccións na cavidade oral. Mención doutoramento internacional, Tese por compendio de publicacións 21/03/2025 Gisela Cristina Vianna Camolesi Mario Pérez-Sayáns García
    Pilar Gandara Vila
  • Coordinador/a
    Benjamin Jose Martin Biedma

    Secretario/a
    Andres Blanco Carrion

    Vogais
    Maria Mercedes Gallas Torreira
    Inmaculada Tomas Carmona
    Abel Garcia Garcia
    Maria Jesus Jose Mora Bermudez
    Urbano Antonio Santana Penin
    Juan Manuel Seoane Leston
    Maria Mercedes Suarez Cunqueiro
    Mario Pérez-Sayáns García
    Pedro Diz Dios
    Jacobo Limeres Posse

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.09.2023.