Ir o contido principal

Programa de Doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.loxica [at] usc.es

É un programa de doutoramento interuniversitario e especializado na área de Lóxica e Filosofía da Ciencia, realizado por institucións de recoñecida excelencia, nacional e internacional. As súas liñas de investigación son: argumentación e lóxica, filosofía da linguaxe e da mente, filosofía da ciencia, e estudos sociais da ciencia e a tecnoloxía.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600756
Número prazas: 6

Coordinador-a do título:
Maria De La Concepcion Martinez Vidal
mconcepcion.martinez [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Salamanca

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Salamanca Universidade de La Laguna Universidade de Valencia Universidade de Valladolid Universidade da Coruña

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
21/01/2014

Data de publicación no BOE:
12/06/2014

Data da última acreditación:
25/09/2013

Códigos ISCED:
(226) Filosofia y ética
(220) Humanidades
(140) Formación de personal docente y ciencias de la educación
(0223) Filosofía y ética

É un programa de doutoramento interuniversitario e especializado na área de Lóxica e Filosofía da ciencia, realizado por institucións de recoñecida excelencia, nacional e internacional. As súas liñas de investigación son: argumentación e lóxica, filosofía da linguaxe e da mente, filosofía da ciencia, e estudos sociais da ciencia e a tecnoloxía.

O programa responde á demanda social de información sobre os sistemas científicos-tecnolóxicos, ocupándose dos modelos cognitivos e da súa aplicación á intelixencia artificial, das tecnoloxías da información e dos seus problemas formais de desenvolvemento, e da perspectiva filosófica ligada á comunicación, o significado, a intencionalidade, a representación mental e a racionalidade discursiva.

A súa finalidade é proporcionar formación investigadora e coñecementos especializados e actualizados para formar doutores nos distintos ámbitos da área de Lóxica e Filosofía da ciencia e dos Estudos sociais da ciencia e a tecnoloxía, formando así profesionais cualificados para a resolución de conflitos e a intermediación e para formular, analizar, razoar e resolver problemas complexos.

A finalidade do programa é proporcionar formación investigadora e coñecementos especializados e actualizados para formar doutores nos distintos ámbitos da área de Lóxica e Filosofía da ciencia e dos Estudos sociais da ciencia e a tecnoloxía, formando así profesionais cualificados para a resolución de conflitos e a intermediación e para formular, analizar, razoar e resolver problemas complexos.

O programa interuniversitario de doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia deséñase co obxecto de atender fundamentalmente á demanda dos actuais titulados universitarios que desexen recibir unha especialización adicional ou formación investigadora e que realice un máster relacionado co campo da lóxica e a filosofía da ciencia, aos estudantes de sistemas universitarios estranxeiros que desexen cursar estudos de doutoramento no noso país, e á de profesionais titulados universitarios que decidan actualizar os seus coñecementos e destrezas ou modificar o seu perfil. Os nosos estudantes serán previsiblemente:

‐ Titulados en Filosofía (graduados que realicen un máster afín ao PD ou Doutores que desexen variar o seu perfil).

‐ Titulados no área das ciencias naturais, matemáticas e informática (Graduados ou Doutores que realicen un máster afín ao PD).

‐ Titulados no área das ciencias sociais e filologías (Graduados ou Doutores que realicen un máster afín ao PD).

É necesario que o alumno poida ler correctamente textos filosóficos e científicos polo menos en español e inglés.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

A Comisión Académica do PD, por medio da subcomisión delegada, resolverá sobre a admisión de cada un dos solicitudes, podendo, se o estima oportuno, convocar a unha entrevista ao candidato. A resolución será comunicada aos interesados que a partir dese momento e dentro dos prazos que dispoña cada universidade poderán formalizar a matrícula no PD.

Os criterios de valoración das solicitudes serán os seguintes:

a) Adecuación da titulación alegada para o ingreso. Enténdese que terán preferencia os alumnos que proveñen ou ben do Máster en Lóxica e Filosofía da Ciencia ou do Máster en Estudos Sociais da Ciencia e a Tecnoloxía ou os que, sendo procedentes doutros estudos de nivel equivalente, teñan cursado materias que faciliten a asimilación dos coñecementos e competencias ofrecidos desde o PD

b) Media do expediente académico no título de grado (ou licenciatura) e no título de máster

c) Carta de motivación e de presentación, no seu caso

d) Publicacións científicas

e) Estancias académicas en centros de prestixio

f) Experiencia investigadora

g) Experiencia profesional

h) Becas ou axudas

i) Premios

j) Dominio documentado do inglés ou doutro idioma estranxeiro

k) O compromiso de dirección por parte dun dos profesores do programa

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Seminarios de investigación

  • E5081A01

Reunións de exposición de resultados de investigación

  • E5081A02

Cursos de formación metodolóxicos, especializados ou prácticos

  • E5081A03

Asistencia a congresos nacionais ou internacionais

  • E5081A04

Elaboración de publicacións científicas

  • E5081A05

Estancias noutros centros de investigación

  • E5081A06

Actuacións de mobilidade

  • E5081A07

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Profesores Área
Alejandro Sobrino Cerdeiriña
Lóxica e Filosofía da Ciencia
Maria De La Concepcion Martinez Vidal
Lóxica e Filosofía da Ciencia
Martin Pereira Fariña
Lóxica e Filosofía da Ciencia
Profesores Área
Profesores Área
José Luis Falguera López
Lóxica e Filosofía da Ciencia
Óscar Horta Alvarez
Filosofía Moral
Javier De Donato Rodriguez
Lóxica e Filosofía da Ciencia
Profesores Área
Óscar Horta Alvarez
Filosofía Moral

O programa responde á demanda social de información sobre os sistemas científicos-tecnolóxicos, ocupándose dos modelos cognitivos e da súa aplicación á intelixencia artificial, das tecnoloxías da información e dos seus problemas formais de desenvolvemento, e da perspectiva filosófica ligada á comunicación, o significado, a intencionalidade, a representación mental e a racionalidade discursiva.

É un programa de doutoramento interuniversitario e especializado na área de Lóxica e Filosofía da ciencia, realizado por institucións de recoñecida excelencia, nacional e internacional. As súas liñas de investigación son: argumentación e lóxica, filosofía da linguaxe e da mente, filosofía da ciencia, e estudos sociais da ciencia e a tecnoloxía.

O programa responde á demanda social de información sobre os sistemas científicos-tecnolóxicos, ocupándose dos modelos cognitivos e da súa aplicación á intelixencia artificial, das tecnoloxías da información e dos seus problemas formais de desenvolvemento, e da perspectiva filosófica ligada á comunicación, o significado, a intencionalidade, a representación mental e a racionalidade discursiva.

A súa finalidade é proporcionar formación investigadora e coñecementos especializados e actualizados para formar doutores nos distintos ámbitos da área de Lóxica e Filosofía da ciencia e dos Estudos sociais da ciencia e a tecnoloxía, formando así profesionais cualificados para a resolución de conflitos e a intermediación e para formular, analizar, razoar e resolver problemas complexos.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento

  • Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica
  • Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.
  • Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento
  • Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar
  • Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada
  • A crítica e defensa intelectual de solucións.

Outras competencias

  • Capacidade para adquirir coñecementos avanzados nos campos da argumentación e a lóxica, a filosofía da linguaxe , a filosofía da ciencia e da tecnoloxía.
  • Capacidade para deseñar un proxecto de investigación co que analizar e avaliar criticamente achegas anteriores e no que poidan aplicar os seus coñecementos e metodoloxía de traballo.
  • Capacidade para realizar unha síntese de ideas novas e complexas que produzan un coñecemento máis profundo do contexto investigador no que se traballe.
  • Capacidade para elaborar materiais sobre a súa propia investigación e difundir os resultados.

• Capacidade para adquirir coñecementos avanzados nos campos da argumentación e a lóxica, a filosofía da linguaxe , a filosofía da ciencia e da tecnoloxía.

• Capacidade para deseñar un proxecto de investigación co que analizar e avaliar criticamente achegas anteriores e no que poidan aplicar os seus coñecementos e metodoloxía de traballo.

• Capacidade para realizar unha síntese de ideas novas e complexas que produzan un coñecemento máis profundo do contexto investigador no que se traballe.

• Capacidade para elaborar materiais sobre a súa propia investigación e difundir os resultados.

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado 7 da Memoria do Título

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Maria De La Concepcion Martinez Vidal

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

6,0

6,0

6,0

6,0

6,0

6,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

16,67

50,0

33,33

33,33

50,0

16,67

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

1,0

2,0

1,0

2,0

1,0

2,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

12,0

12,0

12,0

11,0

8,0

7,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

50,0

0,0

50,0

100,0

50,0

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

50,0

0,0

50,0

100,0

50,0

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

50,0

0,0

50,0

100,0

50,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

33,33

33,33

33,33

27,27

25,00

28,57

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

16,67

16,67

8,33

0,0

0,0

0,0

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

41,67

50,0

50,0

45,45

62,5

85,71

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

9,09

0,0

0,0

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

58,33

50,0

50,0

45,45

37,5

0,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

40,0

16,67

16,67

0,0

0,0

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

33,33

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

40,0

20,0

40,0

60,0

66,67

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

-

0,5

1,0

-

0,5

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

16,0

12,0

12,0

14,0

14,0

14,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

2,6667

2,4

3,0

3,5

3,5

3,5

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

83,33

80,0

100,0

100,0

100,0

100,0

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

66,67

60,0

100,0

100,0

100,0

100,0

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

13,33

12,5

12,5

0,0

20,0

20,0

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

-

16,67

11,11

-

17,02

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

1,0

0,0

2,0

3,0

0,0

2,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

-

100,0

66,67

-

100,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

-

0,0

33,33

-

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

-

0,0

0,0

-

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

1,0

0,0

1,0

2,0

0,0

1,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

1,0

1,0

0,0

1,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

2,9589

-

4,4384

4,8795

-

4,9315

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

-

-

-

4,8137

-

5,4411

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

-

0,0

0,0

-

0,0

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

-

100,0

66,67

-

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

-

50,0

33,33

-

50,0

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

50,0

55,56

40,0

0,0

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2023.