Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Programa de Doutoramento en Filosofía

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.filosofia@usc.es

A Facultade de Filosofía da USC vén impartindo dende fai máis de dúas décadas un programa de doutoramento que, se ben ten variado lixeiramente a súa denominación (Cuestións Actuais de Filosofía, Filosofía, Filosofía: Cuestións Actuais), ten como obxectivos fundamentais capacitar ao alumnado para a investigación e formar aos estudantes nas distintas cuestións candentes da filosofía contemporánea.

Información do curso académico 25-26:

a información predeterminada das titulacións cambiou para o curso académico 2025-2026

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600498
    Número prazas: 10

    Coordinador-a do título:
    Martin Gonzalez Fernandez
    martin.gonzalez@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    05/12/2013

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    03/06/2022

    Códigos ISCED:
    (226) Filosofia y ética
    (220) Humanidades
    (0223) Filosofía y ética

    A Facultade de Filosofía da USC vén impartindo dende fai máis de dúas décadas un programa de doutoramento que, se ben ten variado lixeiramente a súa denominación (Cuestións Actuais de Filosofía, Filosofía, Filosofía: Cuestións Actuais), ten como obxectivos fundamentais capacitar ao alumnado para a investigación e formar aos estudantes nas distintas cuestións candentes da filosofía contemporánea. É o único Programa en Filosofía que se ofrece no marco do Sistema Universitario Galego.

    Aporta aos estudantes a posibilidade de cursar estudos universitarios en Filosofía a partir do Grao en Filosofía e do Máster Oficial en Filosofía que se oferta na Facultade de Filosofía da USC.

    Nos últimos anos o número de teses defedidas, así como os proxectos de investigación que avalan as liñas de investigación ofertadas teñen sido axeitados e consistents, e teñen atendido a demanda existencial na eurorrexión Galicia e Norte de Portugal.

    Nos últimos anos levamos mantendo unha estreita colaboración con profesores de Filosofía da Universidade de Coimbra, tanto no plano docente, como investigador e de intercambios académicos. Por esta razón, incorpórase de xeito estable no programa unha catedrática da dita Universidade. Tamén incorpórase unha profesora da Universidade de Vigo, Campus de Ourense, que ten demostrado un gran dinamismo investigador nunha das liñas do programa.

    O Programa de Doutoramento previo (Filosofía: Cuestións Actuais) ten promovido o intercambio de profesores e doutorandos coa Universidade de Tenri (Japón). Na actualidade un estudante deste programa está a realizar a súa investigación na mencionada Universidade japonesa, sobre a obra dun filósofo japonés actual. A súa tese enmarcase na liña de investigación "Correntes Actuais da Filosofía" e relacionase cunha materia implantada no Grao denominada "Filosofías Orientais".

    O Programa intégrase na Escola Internacional de Doutoramento da USC, de acordo co establecido no Regulamento dos Estudos de Doutoramento da USC, o que permitirá mellorar a súa eficiencia e xestión.

    O Programa de Doutoramento provén da transformación dun Programa de Doutoramento previo coa mesma denominación: "Filosofía".

    Este é o único Programa en Filosofía que se ofrece no marco do Sistema Universitario Galego. Aporta aos estudantes a posibilidade de cursar estudos universitarios en Filosofía a partir do Grao en Filosofía e do Máster Oficial en Filosofía que se oferta na Facultade de Filosofía da USC. Nos últimos anos o número de teses defendidas, así como os proxectos de investigación que avalan as liñas de investigación ofertadas teñen sido axeitados e consistentes, e teñen atendido a demanda existencial na eurorrexión Galicia e Norte de Portugal. Nos últimos anos mantívose unha estreita colaboración con profesores de Filosofía da Universidade de Coimbra, tanto no plano docente, como investigador e de intercambios académicos. Por esta razón, incorpórase de xeito estable no programa unha catedrática da dita Universidade. Tamén se incorpora profesorado da Universidade de Vigo. O Programa de Doutoramento previo (Filosofía: Cuestións Actuais) ten promovido o intercambio de profesores e doutorandos coa Universidade de Tenri (Xapón). O Programa intégrase na Escola Internacional de Doutoramento da USC, de acordo co establecido no Regulamento dos Estudos de Doutoramento da USC, o que permitirá mellorar a súa eficiencia e xestión.

  • Encontros internacionais de filosofía no Camiño de Santiago

    • E5041A01

    Curso de introducción á metodoloxía da investigación en filosofía

    • E5041A02

    Participación nas actividades da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía

    • E5041A03

    Titorías personalizadas

    • E5041A04
  • A Facultade de Filosofía da USC vén impartindo dende fai máis de dúas décadas un programa de doutoramento que, se ben ten variado lixeiramente a súa denominación (Cuestións Actuais de Filosofía, Filosofía, Filosofía: Cuestións Actuais), ten como obxectivos fundamentais capacitar ao alumnado para a investigación e formar aos estudantes nas distintas cuestións candentes da filosofía contemporánea.

    A Facultade de Filosofía da USC vén impartindo dende fai máis de dúas décadas un programa de doutoramento que, se ben ten variado lixeiramente a súa denominación (Cuestións Actuais de Filosofía, Filosofía, Filosofía: Cuestións Actuais), ten como obxectivos fundamentais capacitar ao alumnado para a investigación e formar aos estudantes nas distintas cuestións candentes da filosofía contemporánea. É o único Programa en Filosofía que se ofrece no marco do Sistema Universitario Galego.

    Aporta aos estudantes a posibilidade de cursar estudos universitarios en Filosofía a partir do Grao en Filosofía e do Máster Oficial en Filosofía que se oferta na Facultade de Filosofía da USC.

    Nos últimos anos o número de teses defedidas, así como os proxectos de investigación que avalan as liñas de investigación ofertadas teñen sido axeitados e consistents, e teñen atendido a demanda existencial na eurorrexión Galicia e Norte de Portugal.

    Nos últimos anos levamos mantendo unha estreita colaboración con profesores de Filosofía da Universidade de Coimbra, tanto no plano docente, como investigador e de intercambios académicos. Por esta razón, incorpórase de xeito estable no programa unha catedrática da dita Universidade. Tamén incorpórase unha profesora da Universidade de Vigo, Campus de Ourense, que ten demostrado un gran dinamismo investigador nunha das liñas do programa.

    O Programa de Doutoramento previo (Filosofía: Cuestións Actuais) ten promovido o intercambio de profesores e doutorandos coa Universidade de Tenri (Japón). Na actualidade un estudante deste programa está a realizar a súa investigación na mencionada Universidade japonesa, sobre a obra dun filósofo japonés actual. A súa tese enmarcase na liña de investigación "Correntes Actuais da Filosofía" e relacionase cunha materia implantada no Grao denominada "Filosofías Orientais".

    O Programa intégrase na Escola Internacional de Doutoramento da USC, de acordo co establecido no Regulamento dos Estudos de Doutoramento da USC, o que permitirá mellorar a súa eficiencia e xestión.

    O Programa de Doutoramento provén da transformación dun Programa de Doutoramento previo coa mesma denominación: "Filosofía".

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado 7 da Memoria do Título

  • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Coordinador/a
    Martin Gonzalez Fernandez

    Secretario/a
    Carlos Alberto Pose Varela

    Vogais
    Maria Nieves Herrero Pérez
    Oscar Parcero Oubiña
    Marcelino Agis Villaverde
    Luis Modesto Garcia Soto
    Beatriz Fernandez Herrero

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2023.