Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:
A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:
• Bases de datos reunidas
• Revistas electrónicas
• Sumarios electrónicos
• Servizo de préstamo interbibliotecario
Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.
A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.
A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.
O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.
Outros recursos:
Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)
Redes de aulas de informática
Área de xestión de infraestruturas
Servizo de medios audiovisuais
Servizo de prevención de riscos
A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago dispón dunha dotación de infraestruturas coas que poder levar a cabo de maneira adecuada os ensinos que se propoñen neste programa.
A Universidade de Vigo pon a disposición dos doutorandos todos os recursos e instalacións da Facultade de Filoloxía e Tradución
Ademais o profesorado da Universidade de Vigo contará con ferramentas docentes en liña e síncronas-remotas como o Servizo de Teledocencia e Vigo-tv, iniciativas que se desenvolven a través da área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (ATIC).
Trátase de servizos de complemento á docencia, baseado en Internet como contorna e que se dirixen, por unha banda, ao profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos e, por outra, ao alumnado preuniversitario que teña en mente cursar os seus estudos superiores.
Na Universidade da Coruña, a Facultade de Filoloxía será o centro de referencia onde se atopan igualmente as dependencias administrativas do Departamento de Filoloxía Inglesa, co-responsable do programa. Este centro dispón tamén de todos os recursos materiais e servizos que permiten o correcto desenvolvemento dos correspondentes ensinos.
Ademais, o Departamento ten acceso, a través dun dos seus grupos de investigación, a outros recursos básicos tal como o Middle English Compendium.
Como apoio á actividade docente presencial, a Universidade da Coruña pon a disposición do profesorado a plataforma informáticas de e-learning Moodle. O centro dispón tamén de servizo de reprografía atendido por unha empresa externa contratada pola Universidade, e varios puntos de autoservizo de reprografía. Por último, é preciso sinalar que o centro está preparado para o acceso aos diferentes pavillóns e servizos de todas as persoas que teñan algunha discapacidade, contando para iso con plataformas transportadoras e ramplas de entrada, así como ascensores con teclado numérico Braille.
Ademais dos recursos humanos e materiais dispoñibles en cada unha das universidades, os doctorandos participantes no programa beneficiaranse dos medios e servizos dispoñibles nas entidades e institucións coas que se ten convenio para a realización de tarefas de formación académica e investigadora. Tal como indícase no apartado 1.5, as universidades participantes colaboran de forma oficial con diversas universidades europeas e norteamericanas como editoriais, empresas privadas, organismos oficiais e centros de investigación como o Centro Ramón Piñeiro.
Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado 7 da Memoria do Título