Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Traballos presentados

A construcion de ter mais participio no español falado en Galicia
Autoría
A.V.P.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
17.02.2025 13:15
Resumo
A variedade de español de Galicia, tradicionalmente desatendida pola dialectoloxia hispanica, foi obxecto de interese nos ultimos anos. Traballos como Porto Dapena (2001) e Guillermo Rojo (2004), entre outros, sinalaron a influencia do galego no español de Galicia, pero ainda hoxe son escasas as publicacions baseadas en mostras representativas do uso linguistico real. O obxectivo deste TFG e aportar a analise de novos datos sobre unha construcion que parece reflexar a influencia do galego no español de Galicia. A estructura sintactica seleccionada e a combinacion do verbo ter cun participio, que segundo a bibliografia mostra na fala de Galicia un funcionamento distinto ao que ten noutras variedades do español. Para o estudo utilizaranse os datos do corpus oral ESLORA. O uso dos datos do corpus permite facer unha analise cualitativa e cuantitativa. Na analise vanse ter en conta as caracteristicas linguisticas das construcions (sintacticas e semanticas) e tamen a sua distribucion sociolinguistica. Porto Dapena, Alvaro. 2001. El español en contacto con el gallego. II Congreso Internacional de la Lengua Española. Valladolid. Rojo, Guillermo. 2004. El español de Galicia. En Rafael Cano (ed.), Historia de la lengua española, 1087-1101. Barcelona: Ariel.
Dirección
VAZQUEZ ROZAS, MARIA VICTORIA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ ESPIÑEIRA, MARIA JOSE (Presidente/a)
SANTALLA DEL RIO, MARIA PAULA (Secretario/a)
CREGO GARCIA, VICKY (Vogal)
O tratamento da dor en Sol de Inverno. de Rosa Aneiros, e Actos Humanos, de Han Kang: unha análise comparada
Autoría
S.G.G.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
17.02.2025 13:00
Resumo
A literatura bélica ten sido tradicionalmente abordada dende perspectivas próximas á historiografía ou á épica perpetuando unha imaxe estática e elitista da guerra e contribuíndo á exaltación da figura do heroe. Aquí se propón unha análise comparada das obras de Rosa Aneiros, Sol de Inverno, de 2009, e de Han Kang, Actos Humanos, de 2018, en tradución ao castelán de Sunme Yoon. O eixo vertebrador desta análise é o tratamento da dor a través da proposta desenvolvida en 2003 por Susan Sontag en Regarding the Pain of Others. Observarase unha mudanza no paradigma da literatura de guerra que, adoptando un ollar máis íntimo e subxectivo, opta por dar voz ás vítimas daqueles capítulos violentos da historia que a miúdo. son silenciados ou manipulados por parte das institucións e os medios de comunicación. A escolla destas obras permite non só dar conta das mudanzas no panorama literario e os seus posibles vínculos coa autoría feminina e outros acontecementos históricos recentes, mais tamén explorar a dimensión emocional nas narrativas de guerra poñendo o foco no xeito en que se recolle e transmite a experiencia da dor para chegar a un entendemento transcultural e transfronteirizo do sufrimento humano. Alén diso, reflexionarase sobre o poder da literatura non só como arma de denuncia, senón tamén como espazo de loito e memoria colectiva.
Dirección
DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO (Titoría)
Tribunal
VILAVEDRA FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
RIVADULLA COSTA, DIEGO (Secretario/a)
SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO (Vogal)
Lingua e Identidade nos concellos de Noia, Outes e Santa Comba: a mocidade de 18 a 35 anos.
Autoría
L.F.R.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.02.2025 11:30
Resumo
A relación entre a lingua e identidade é unha cuestión de gran interese, sobre todo no contexto do sector xuvenil galego, onde estas dúas se atopan en constante interacción e cambio. Neste Traballo de Fin de Grao, tres estudantes de tres localidades diferentes (Noia, Outes e Santa Comba) pretendemos inquirir nos nosos propios concellos sobre a conexión que existe entre a lingua e a identidade galega. Para isto, ao longo de varios meses, entrevistamos segundo o enfoque cualitativo a diversas persoas de entre 18 e 35 anos, conversando con elas, gravando a súa voz e sacando conclusións que nos permitan extraer datos de relevante carácter informativo; achegándonos á situación real destes tres concellos e ao significado que este sector lle outorga á identidade galega.
Dirección
FEIJO TORRES, ELIAS JOSE (Titoría)
Tribunal
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
Sousa Fernández, Xulio (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
Paisaxe lingüística: o impacto do Camiño de Santiago nas vilas de Padrón e de Negreira
Autoría
L.B.H.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.02.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza a pegada do Camiño de Santiago na Paisaxe Lingüística (PL) nas vilas de Padrón e Negreira. Tendo en conta que esta serve como espazo para comprender as dinámicas culturais e sociais dun territorio, este estudo é fundamental para entender a relación entre lingua e identidade cultural. A través da análise da presenza do galego nos espazos públicos podemos observar como se preserva ou modifica a lingua local en función de distintos factores, entre outros, o turismo, a economía ou a globalización. Tamén permite avaliar a efectividade das políticas lingüísticas e identificar procesos de cambio sociolingüístico. Padrón, última parada do camiño portugués, e Negreira, primeira etapa do Camiño de Fisterra-Muxía ofrecen unha posibilidade significativa para estudar como a ruta xacobea modifica o entorno lingüístico nestas localidades. A investigación céntrase na análise de elementos visibles, como sinalizacións, carteis informativos ou denominacións de establecementos. Ademais, explóranse as dinámicas de convivencia lingüística entre o galego e outras linguas relacionadas coa internacionalización do Camiño de Santiago. A metodoloxía consiste na delimitación do espazo xeográfico, definindo as áreas específicas que serán obxecto de análise. Nestas áreas realizarase a toma de fotografías de todo o espazo, excluíndo elementos internos ou dinámicos, como textos temporais. Posteriormente levarase a cabo a clasificación e análise destas imaxes, para, finalmente, elaborar unha conclusión que permita unha clara comprensión das dinámicas lingüísticas presentes nestes lugares públicos. Os resultados permitirán coñecer a relación entre o Camiño de Santiago e a Paisaxe Lingüística (PL), destacando as súas implicacións culturais, identitarias e turísticas.
Dirección
REGUEIRA FERNANDEZ, XOSE LUIS (Titoría)
Tribunal
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
Sousa Fernández, Xulio (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
Variación na expresión do futuro en galego a través de textos narrativos modernos
Autoría
A.R.D.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.02.2025 12:00
Resumo
Nalgunhas variedades romances, como o español de América, estase a producir un notable avance no proceso de substitución do futuro morfolóxico (-rei) pola forma perifrástica ir (a) + infinitivo para a expresión dos valores temporais de futuridade (Bermúdez, 2016). En galego, os estudos existentes (Meier, 1974; Rojo, 1974; López Martínez, 2012), aínda que apuntan cara ao mantemento do valor de prospección en ámbalas dúas formas, tamén amosan, con certas diferenzas, un aumento na frecuencia de uso do futuro analítico en detrimento do sintético. O traballo ten como obxectivo analizar os valores e a distribución do futuro morfolóxico e da construción ir + infinitivo nunha selección de textos narrativos escritos do século XXI. Á fin de dar conta dos factores que poden determinar a escolla dunha ou doutra forma cando estas se atopan en situación de alternancia, examinaranse os seus usos atendendo a unha selección de variables que resultaron relevantes en estudos previos (Bauhr, 1989; Sedano 1994, 2006; López Martínez, 2012): a distancia temporal, a persoa gramatical do verbo, o tipo de oración e a modalidade. Para a obtención de datos, empregarase o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), que permite a recuperación automática das formas propostas para o estudo, de acordo coa tipoloxía textual e o período cronolóxico establecidos. Preténdese, deste xeito, comprobar se a expresión de futuridade no galego segue ou non as tendencias de cambio lingüístico iniciadas noutras variedades, así como examinar a incidencia das variables na escolla de cada unha das formas.
Dirección
Sousa Fernández, Xulio (Titoría)
Tribunal
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
A cuestión lingua-xénero: a situación sociolingüística na mocidade de Xinzo de Limia
Autoría
M.R.F.A.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.02.2025 11:00
Resumo
Na meirande parte de estudos sociolingüísticos o xénero é incluído coma unha variable máis que inflúe sobre os resultados que se poden obter, non é ata os últimos anos que dita variable se transforma nunha cuestión central sobre a que incidir directamente. O propósito principal deste traballo de investigación é achegar un pouco de luz sobre a cuestión de se existen prácticas lingüísticas distintas en función do xénero. Para iso, tomando como espazo de estudo a vila de Xinzo de Limia, seguiuse unha metodoloxía de tipo cualitativa pondo o foco nas actitudes lingüísticas que presentan os mozos e mozas de dezaseis anos do I.E.S Cidade de Antioquía. A mostra seleccionada está conformada por un total de doce alumnos do centro, dos cales seis son rapaces e seis rapazas, por outro lado, para a selección do alumnado enquisado tívose en conta a lingua habitual empregada; en cada un dos dous grupos, divididos segundo o xénero dos enquisados, tres persoas falan galego e tres castelán. Finalmente, analizáronse diversas cuestións coma as situacións de converxencia, a correlación identidade-lingua ou a posible aparición de prexuízos concluíndo que existen diversas tendencias lingüísticas que poden variar en función do xénero.
Dirección
MONTEAGUDO ROMERO, XOSE HENRIQUE (Titoría)
Tribunal
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
Sousa Fernández, Xulio (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
Paisaxe lingüística: o impacto do Camiño de Santiago nas vilas de Padrón e de Negreira
Autoría
M.B.H.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.02.2025 10:30
Resumo
Este traballo analiza a pegada do Camiño de Santiago na Paisaxe Lingüística (PL) nas vilas de Padrón e Negreira. Tendo en conta que esta serve como espazo para comprender as dinámicas culturais e sociais dun territorio, este estudo é fundamental para entender a relación entre lingua e identidade cultural. A través da análise da presenza do galego nos espazos públicos podemos observar como se preserva ou modifica a lingua local en función de distintos factores, entre outros, o turismo, a economía ou a globalización. Tamén permite avaliar a efectividade das políticas lingüísticas e identificar procesos de cambio sociolingüístico. Padrón, última parada do camiño portugués, e Negreira, primeira etapa do camiño de Fisterra ofrecen unha posibilidade significativa para estudar como a ruta xacobea modifica o entorno lingüístico nestas localidades. A investigación céntrase na análise de elementos visibles, como sinalizacións, carteis informativos ou denominacións de establecementos. Ademais, explóranse as dinámicas de convivencia lingüística entre o galego e outras linguas relacionadas coa internacionalización do Camiño de Santiago. A metodoloxía consiste na delimitación do espazo xeográfico, definindo as áreas específicas que serán obxecto de análise. Nestas áreas realizarase a toma de fotografías de todo o espazo, excluíndo elementos internos ou dinámicos, como textos temporais. Posteriormente levarase a cabo a clasificación e análise destas imaxes, para, finalmente, elaborar unha conclusión que permita unha clara comprensión das dinámicas lingüísticas presentes nestes lugares públicos. Os resultados permitirán coñecer a relación entre o Camiño de Santiago e a Paisaxe Lingüística (PL), destacando as súas implicacións culturais, identitarias e turísticas
Dirección
REGUEIRA FERNANDEZ, XOSE LUIS (Titoría)
Tribunal
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
Sousa Fernández, Xulio (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
Algunhas perspectivas sobre a natureza e o uso do inglés na publicidade.
Autoría
C.R.N.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
18.02.2025 17:30
Resumo
O principal obxectivo deste traballo é a descripción das características lingüísticas e do uso do inglés na publicidade. Dividirase en dúas partes fundamentais. Na primeira, empezarei definindo que se entende por publicidade e o seu papel da sociedade moderna. A continuación, tratarei os diversos tipos (online, TV e radio, impresa, medios sociais, etc.) e as súas principais diferencias. A seguinte sección desta primeira parte estará adicada a unha descripción detallada das principais características lingüísticas deste xénero donde as técnicas de persuasión xogan un papel moi importante e inclúen, entre outras, o uso de frases curtas, a utilización da linguaxe directa, xogos de palabras, expresións de doble significado, a búsqueda de ritmo, ou incluso efectos musicais para que a mensaxe poda ser recordada máis facilmente. A sección que segue explorará a importancia do contexto, centrándose especificamente no contexto cultural, xa que é evidente que os anuncios sofren cambios en función do país e a sociedade para os que se crean. Concluirei esta primeira parte estudando como evolucionou co tempo o papel do factor xénero na publicidade. A segunda metade da investigación será máis práctica e consistirá na aplicación dos principios teóricos e ideas expostas na primeira parte a unha mostra de anuncios extraídos de distintas fontes, como a televisión e as redes sociais. O traballo rematará con varias reflexións derivadas das conclusións do estudio. Seguirán as referencias bibliográficas e as webgrafías e, se é necesario, incluiranse apéndices con algúns dos anuncios analizados.
Dirección
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ ROURA, MARIA TERESA (Presidente/a)
ALONSO ALONSO, MARIA (Secretario/a)
MOURON FIGUEROA, CRISTINA (Vogal)
O papel dos medios en liña na aprendizaxe autodirixida de EFL: explorando novas fronteiras na educación lingüística.
Autoría
A.G.C.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
24.02.2025 13:00
Resumo
O tema desta disertación é OILE (Online Informal Learning of English) que, segundo Stevens (2010: 2), pode definirse como unha aprendizaxe non estruturada e xeralmente non intencionada 'resultante de actividades da vida cotiá relacionadas co traballo, a familia ou o lecer'. (Stevens, 2010, 12). Polo tanto, o estudo pretende comprender como pode influír o uso incidental dos medios en liña, incluíndo diversas ferramentas e recursos dixitais como ver series de televisión na versión orixinal, escoitar música en inglés baixo demanda e as redes sociais con outros usuarios de fala inglesa o proceso de aprendizaxe autodirixido da lingua. Tamén pretende proporcionar información sobre o panorama en evolución da educación lingüística, explorando as implicacións pedagóxicas. A tese constará de dúas seccións xerais: A primeira sección presentará unha revisión exhaustiva da literatura sobre OILE co fin de establecer o marco teórico e explorar aplicacións prácticas ao ensino da lingua inglesa. No segundo apartado presentaranse os resultados dunha enquisa realizada entre dous grupos de idade distintos (menores de dezaoito anos e maiores de sesenta). O propósito da enquisa é investigar as preferencias, experiencias e obstáculos destes grupos de idade cando se trata de usar medios de Internet para a aprendizaxe autodirixida de EFL. A investigación pretende ofrecer un relato completo de como a idade pode influír no uso e a eficacia dos medios de Internet na aprendizaxe de EFL comparando as actitudes e respostas destes dous grupos.
Dirección
DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA (Titoría)
Tribunal
DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA (Titor do alumno)
'Dentro de cada distopía, existe unha pequena utopía': Os Principios da Ficción Distópica a través da Obra de Margaret Atwood
Autoría
A.A.R.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
18.02.2025 16:00
Resumo
En 2017, The New Yorker definiu a Margaret Atwood como a 'profeta da distopía', unha muller cuxas visións catastróficas se fixeron realidade. Atwood non só imaxinou un futuro cheo de valores corruptos, forzas destrutivas e almas fragmentadas, senón que tamén deixou un testemuño escrito a través das súas novelas distópicas. Porén, a propia voz de Atwood non tardou en facerse escoitar: 'Non son unha profeta. A ciencia ficción trata sobre o presente' (Allardice, 2018). Este traballo de fin de grao ten como primeiro obxectivo examinar as convencións da ficción distópica, que adoitan partir de lecturas cínicas dos fundamentos das sociedades contemporáneas para imaxinar as peores posibles (ou imposibles) versións destas. Deste xeito, aínda que as distopías se opoñen ás utopías, tamén conforman o seu reflexo, mostrando como podería ser o noso futuro se non cambiamos o presente. En canto á metodoloxía, o traballo de Margaret Atwood será o punto focal do estudo: farase especial énfase na súa representación das relacións interpersoais, así como no comportamento dos seres humanos cara outros seres vivos e o medio ambiente. Ademais, abordarase a corrupción da humanidade e os seus efectos na sociedade, extrapolándoos desde unha perspectiva literaria á realidade. Con este fin, a presente investigación examinará os postulados do xénero cli-fi (ficción climática) e as aplicacións da filosofía poshumana radical, entre outros aspectos. Finalmente, as conclusións analizarán o emprego de recursos literarios por parte de Atwood, como o humor satírico ou as metáforas complexas, co fin de facer chegar a súa mensaxe aos lectores.
Dirección
LOJO RODRIGUEZ, LAURA MARIA (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ ROURA, MARIA TERESA (Presidente/a)
ALONSO ALONSO, MARIA (Secretario/a)
MOURON FIGUEROA, CRISTINA (Vogal)
Slay, queen!: Unha análise preliminar da xerga recente no discurso das redes sociais.
Autoría
L.P.F.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
18.02.2025 13:00
Resumo
Como é ben sabido, nas últimas décadas, as redes sociais desempeñaron un papel significativo na vida da mocidade de todo o mundo, e a súa influencia segue medrando coa constante aparición de novas plataformas e tendencias que fan que as xeracións máis novas estean cada vez máis inmersas nelas. Unha das características máis predominantes no discurso das redes sociais é o uso frecuente da xerga, que comprende expresións que xeralmente non se atopan en contextos formais de uso nin son aceptadas como parte do estándar polos falantes cultos da lingua (ref. De Klerk, 2005). O obxectivo principal desta disertación é analizar o uso da xerga actual no discurso das redes sociais, principalmente en TikTok, e o seu impacto no vocabulario e na forma de expresión da mocidade falante nativa de inglés, así como daqueles que aprenden inglés como segunda lingua ou lingua estranxeira (ESL/EFL). O estudo comezará cunha breve introdución ao mundo das redes sociais, as súas vantaxes e posibles riscos, e o seu papel na propagación de novas formas lingüísticas, seguida dunha explicación detallada de que é a xerga e a súa relevancia desde un punto de vista sociolingüístico. Ademais, incluirase un estudo práctico no que se proporcionará un glosario de termos de xerga emerxentes empregados pola mocidade nas redes sociais, xunto cunha explicación de como xurdiron, se poden atribuírse a grupos sociais específicos e os posibles cambios semánticos que puideron sufrir as palabras. Como ferramenta complementaria, o estudo tamén incluirá e analizará, se é posible, os resultados dun cuestionario en liña distribuído entre falantes nativos de inglés. En resumo, o proxecto analizará a relevancia da xerga recente, os diversos aspectos (por exemplo, sociolingüísticos) que a caracterizan no seu uso nas conversas cotiás en inglés e como o uso dalgunhas destas palabras pode contribuír á creación de identidades.
Dirección
NUÑEZ PERTEJO, MARIA PALOMA (Titoría)
Tribunal
NUÑEZ PERTEJO, MARIA PALOMA (Titor do alumno)
O tratamento do humor na traducción audiovisual: o caso de Modern Family
Autoría
S.H.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
18.02.2025 17:00
Resumo
Durante moitas décadas, as sitcoms estadounidenses foron un xénero extensamente visto cun impacto cultural significativo a nivel global. Foron especialmente ben recibidas en España, onde os tradutores audiovisuais desempeñaron un papel crucial no seu éxito. Un elemento definitorio deste tipo de xénero é o humor, que, ao mesmo tempo, supón un reto difícil para o tradutor. Aínda que existen certos elementos culturais compartidos que facilitan a tradución do inglés ao español, tamén hai diferenza culturais que complican o proceso de tradución. Para superar estes obstáculos, os tradutores de dobraxe e subtitulado empregan diferentes técnicas debido ás súas distintas abordaxes nas modalidades de tradución. O obxectivo principal desta tese é identificar as estratexias empregadas para afrontar or retos da tradución do humor nas sitcoms. A metodoloxía inclúe unha análise comparativa dalgúns episodios da famosa sitcom Modern Family (2009) no idioma orixinal (inglés) e nas súas versións dobradas e subtituladas ao español. A ampla variedade de humor, que abarca dende situacións cotiás ata temas culturais específicos, contribuíu á escolla desta sitcom en particular. Ademais, conta con personaxes como Gloria Delgado Pritchett, unha muller colombiana que ten dificultades para falar inglés nun contorno estadounidense, o que fai que o proceso de tradución sexa máis desafiante e interesante. Para explicar os conceptos clave no marco teórico, revisaranse estudos previos de tradutores como Peter Newmark, Marguerita Dore ou Amparo Hurtado. Este traballo de fin de grao constará de dúas partes principais. A primeira parte abordará conceptos fundamentais, como a modalidade específica da tradución audiovisual, a definición de humor, a súa tipoloxía, os retos que supón para os tradutores e as ferramentas empregadas para conservar o efecto humorístico no público meta. A segunda parte adoptará un enfoque máis práctico, no que a análise dos capítulos seleccionados da serie amosará as técnicas empregadas nas versións dobradas e subtituladas ao español.
Dirección
CAL VARELA, MARIO (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ ROURA, MARIA TERESA (Presidente/a)
ALONSO ALONSO, MARIA (Secretario/a)
MOURON FIGUEROA, CRISTINA (Vogal)
A tradución da linguaxe groseira nas series de televisión: o caso de Peaky Blinders
Autoría
L.C.D.A.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
18.02.2025 16:30
Resumo
Este traballo de fin de grao céntrase na tradución da linguaxe soez inglesa ao español, a través das series de televisión. Unha gran parte da comunidade lingüística usa a linguaxe soez no seu día a día, pero normalmente considérase ofensiva e tabú por certos sectores da nosa sociedade (Beers, 2012). Aínda así, non podemos obviar que este tipo de linguaxe é crucial para o seu uso informal, ademais de ser un marcador das relacións entre interlocutores. Ademais, trátase dun marcador de identidade grupal entre os grupos de adolescentes. Tendo isto en conta, a tradución desta linguaxe é esencial, sobre todo se nos centramos nas películas e nas series que teñen como público principal aos adolescentes. A tradución dos insultos é complexa polos pequenos detalles que se deben ter en conta, como as diferenzas entre linguaxes (Dobao, 2006), o uso individual, os diferentes significados de certas palabrotas en diferentes contextos etc. (Pavesi e Formentelli, 2023). Unha correcta tradución de por si é importante, pero cando se trata de dobraxe e dos insultos, unha boa adaptación é todavía máis importante para que o público poida recoñecer a situación que está a acontecer. Este traballo dividirase en dúas partes principais, a primeira consistirá nunha revisión da literatura existente sobre o tema: problemas específicos da tradución audiovisual; definición, tipoloxía e funcións dos insultos; linguaxe soez en inglés e español; a importancia que teñen no cine; as dificultades e estratexias que usan os tradutores para lidiar cos insultos, entre outros. Esta sección trátase dun contexto para a unha segunda parte mais descritiva. Na segunda parte da tese, analizarei o tratamento dos insultos na dobraxe dun fragmento da serie británica Peaky Blinders. En particular, centrareime na tradución dun pequeno número das palabras e expresións máis frecuentes nas películas en inglés, como é fuck e os seus derivados. Para a metodoloxía que se vai seguir, prepararemos os guións en ambas linguas, buscaremos os diferentes exemplos do texto en inglés, e posteriormente buscaranse as súas respectivas traducións ao español e ademais describirase a estratexia de tradución utilizada polo tradutor. Para iso, utilizarase unha folla de cálculo de Excel para facilitar o traballo de recompilación e anotación dos datos.
Dirección
FERNANDEZ POLO, FRANCISCO J. (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ ROURA, MARIA TERESA (Presidente/a)
ALONSO ALONSO, MARIA (Secretario/a)
MOURON FIGUEROA, CRISTINA (Vogal)
A función dos amebeos nas Troianas de Eurípides
Autoría
H.R.R.
Grao en Filoloxía Clásica
Data da defensa
18.02.2025 11:00
Resumo
O propósito deste traballo é o análisis métrico-prosódico dos amebeos, tanto líricos como epirremáticos, insertos na traxedia As troianas de Eurípides (vv. 153-196, 239-292, 577-606, 1216-1332). Os amebeos son diálogos entre un personaxe e o coro ou directamente entre personaxes, que son intercalados na obra para facer resaltar o ethos da escena e amplificar os sentimentos do diálogo, normalmente en pasaxes de carácter doloroso e tráxico. En canto aos tipos de amebeo, os amebeos líricos son aqueles nos que ambas as dúas partes cantan (recollen unha amplia variedade de metros), mentres que os amebeos epirremáticos están formados por unha parte cantada e outra recitada (normalmente a parte recitada utiliza trímetros iámbicos). Ademais, os amebeos pódense inserir ao longo de toda a traxedia; os fragmentos seleccionados para este traballo atópanse na párodo, no primeiro e segundo episodio e no éxodo. Para a análise métrica son fundamentais os manuais de Gentili (Gentili, B. (1999), La Colometria antica dei testi poetici greci, Pisa: Istituti Editoriali e Poligrafici Internazionali), Guzmán Guerra (Guzmán Guerra, A. (1997), Manual de métrica griega, Madrid: Ediciones Clásicas) e West (West, M. L. (1982), Greek Metre, Oxford: Clarendon Press).
Dirección
PEREIRO PARDO, AMELIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
DE CARLOS VILLAMARIN, HELENA ROSA (Presidente/a)
GARCIA TRABAZO, JOSE VIRGILIO (Secretario/a)
RUIZ PEREZ, ANGEL (Vogal)
Enfoque didáctico do acto de fala da petición en francés como lingua estranxeira (FLE)
Autoría
A.G.V.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
18.02.2025 16:00
Resumo
Os actos de fala ocupan un lugar esencial na comunicación, non só para transmitir información, senón tamén para realizar accións. Este traballo ten como obxectivo abordar a ensinanza/aprendizaxe do acto de fala de petición na competencia oral en FLE, tanto en producción como en recepción. Exploraremos como os estudantes de FLE poden dominar non só a arte de formular peticións, senón tamen de comprender as petición dos interlocutores. Con este obxectivo, propoñemos un enfoque teórico e práctico baseado na perspectiva accional, segundo as directrices do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECRL, 2001). En primeiro lugar, presentamos a teória dos actos de fala segundo as distintas perspectivas, co fin de introducir o noso obxecto de estudo. En segundo lugar, propoñemos una descripción do acto da petición na ensinanza/aprendizaxe do FLE, en canto à producción e á recepción oral, baseándonos na perspectiva comunicativa e accional. Finalmente, a última parte do noso traballo consiste nunha posta en práctica na que se propoñen activides de ensinanza/aprendizaxe do acto de petición enfocadas ao nivel B1.
Dirección
RODRIGUEZ PEDREIRA, NURIA (Titoría)
Tribunal
GARCIA MARTINEZ, MANUEL (Presidente/a)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Secretario/a)
PÉREZ VARELA, CARLOS (Vogal)
Modo de interacao e compreencao da lingua portuguesa mediante as variantes linguisticas na USC Galiza: o caso dos estudantes lusófonos
Autoría
E.Z.C.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
07.02.2025 11:00
Resumo
A lingua portuguesa é un tema moi debatido en diversos segmentos sociais, especialmente nas áreas das ciencias sociais e da sociolingüística. É visto como unha lingua de identificación de comunidades xeograficamente distantes, en lugar de compartir a mesma lingua oficial ou nativa. Partindo desta premisa, o propósito deste estudo foi comprender as variantes do portugués no proceso de interacción entre o alumnado. Porén, é a interacción lingüística con outros falantes da mesma lingua a que se percibe pola diversidade e os cambios derivados da forma de falar, o significado que adquiren as palabras, entre outros elementos que destacamos os diversos camiños que vai percorrendo a lingua. . Así mesmo, na comunicación verbal obsérvase o uso de distintos termos en diversos grupos, dando como resultado a creación de diversos dialectos. Para tal fin, realizouse un estudo de caso co alumnado lusófono da USC en Galiza, empregando un enfoque metodolóxico cualitativo, que consistiu en entrevistas a 13 estudantes de países lusófonos e tres entrevistas a estudantes galegos, ademais da organización dun punto focal grupal con estudantes de países de lingua portuguesa. Polo tanto, a avaliación dos datos e as conclusións revelan como o alumnado interactúa e comprende o portugués nas súas máis diversas variantes.
Dirección
FEIJO TORRES, ELIAS JOSE (Titoría)
Tribunal
SOUTO CABO, JOSÉ ANTÓNIO (Presidente/a)
MORAN CABANAS, MARIA ISABEL (Secretario/a)
FORNEIRO PEREZ, JOSE LUIS (Vogal)
Os anglicismos no sector da moda francesa e española: estudo contrastivo
Autoría
M.N.F.G.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
18.02.2025 16:40
Resumo
O mundo da moda representa un campo no que o uso de novas palabras para designar tendencias, roupa e mesmo estilo está en constante aumento. Estes neoloxismos son esencialmente prestados doutras linguas. Así, moitas revistas de moda españolas e francesas teñen un gran número de préstamos nos seus artigos, en particular un importante número de anglicismos para chegar a un público internacional. Aínda que o tipo de préstamo foi evolucionando ao longo dos anos, seguindo as tendencias da moda, o uso de anglicismos para designar termos de moda é unha realidade cotiá. O obxectivo deste traballo é analizar os anglicismos da moda francesa e española durante o ano 2023. Para iso analizáronse diferentes revistas de moda francesas (Marie Claire France, Harper’s Bazaar France, Vogue France, Numéro France, Elle France) e españolas (Vogue España, Harper’s Bazaar España, Glamour España, Elle España) para tentar ver que tipos de anglicismo se empregan. Así, a partir da análise contrastiva destas revistas, analizaranse os distintos tipos de anglicismos, a súa influencia así como a súa asimilación nas linguas de acollida. Despois poderemos establecer as converxencias e diverxencias entre as dúas linguas analizadas.
Dirección
RODRIGUEZ PEDREIRA, NURIA (Titoría)
Tribunal
GARCIA MARTINEZ, MANUEL (Presidente/a)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Secretario/a)
PÉREZ VARELA, CARLOS (Vogal)
Preposicións en galego, castelán e italiano: dificultades de aprendizaxe e propostas didácticas”
Autoría
M.T.G.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
21.02.2025 13:00
Resumo
Esta tese de grao (TFG) céntrase na análise contrastiva dos sistemas preposicionais do galego, español e italiano, co obxectivo de identificar as dificultades que atopan os estudantes galegofalantes e hispanofalantes cando aprenden italiano como segunda lingua. As preposicións, debido á súa natureza gramatical abstracta e ao seu uso variable entre linguas, constitúen un desafío importante para os estudantes. En particular, abórdanse as diferenzas no uso de preposicións como a, de, en e con nestes tres idiomas, destacando casos nos que as interferencias lingüísticas dan lugar a erros comúns. O traballo segue dous enfoques principais: en primeiro lugar, unha análise lingüística das preposicións nestas linguas románicas; en segundo lugar, unha proposta didáctica que busca ofrecer solucións prácticas para minimizar os erros por interferencia. Esta proposta pretende deseñar actividades específicas que traten as diferenzas preposicionais en niveis iniciais, intermedios e avanzados, co fin de mellorar a precisión no uso das preposicións italianas. A metodoloxía inclúe tanto un marco teórico baseado en estudos previos sobre a adquisición dunha segunda lingua, como unha análise comparativa do uso das preposicións, prestando especial atención ás diferenzas e semellanzas que poden facilitar ou dificultar a aprendizaxe. Finalmente, destácanse as implicacións pedagóxicas desta análise contrastiva, suxerindo que un enfoque didáctico baseado na comparación pode ser eficaz para superar as barreiras lingüísticas.
Dirección
MONTES LOPEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
MONTES LOPEZ, MARIA (Titor do alumno)