Ir o contido principal

Política de calidade

O Sistema de Garantía de Calidade da Facultade de Enfermaría ten como obxectivo garantir a calidade das tres titulacións que se imparten no centro mediante a actualización constante da oferta académica. 

O SGC da Facultade impulsa un proceso de mellora continua dos programas formativos para satisfacer as necesidades e expectativas dos grupos de interese:

  • Estudantes e egresados
  • Persoal da USC
  • Sociedade, terceiro sector e provedores
  • Empresas e institucións, fundamentalmente da área de Ciencias da Saúde
  • Centros de ensino, universidades e institucións
  • Administracións públicas

Para garantir un compromiso e unha atención sistemática, estruturada e continua á calidade, en termos de mantemento e mellora continua das titulacións que se imparten no centro:

  • Identifica as necesidades e expectativas dos seus grupos de interese
  • Identifica os procesos necesarios para o sistema de xestión de calidade e a súa aplicación para dar resposta ás necesidades dos grupos de interese.
  • Determina a secuencia e interacción destes procesos.
  • Determina os criterios e métodos necesarios para asegurar que tanto a operatividade coma o seguimento destes procesos sexan eficaces e satisfagan as necesidades dos grupos de interese.
  • Asegura a dispoñibilidade de recursos e información necesarios para apoiar a operatividade e o seguimento destes procesos.
  • Realiza o seguimento, a medición e a análise destes procesos.
  • Implanta as accións necesarias para alcanzar os obxectivos planificados e mellorar continuamente os seus procesos para satisfacer as necesidades dos grupos de interese.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.02.2021.