Créditos que deberá cursar o estudante para obter a titulación:
Obrigatorios 22,5
Optativos 21
Prácticas Externas OB 9
Traballo Fin de Máster 7,5
Total ECTS 60
O estudantado debe cursar unha das seguintes especialidades:
- Especialidade Clínica
- Especialidade Xestión
Todo o estudantado ten que cursar o Módulo Común e deberá cursar o Traballo Fin de Máster. Non se pode obter o título de máster sen cursar unha especialidade.
Se o estudantado cursa a especialidade Clínica terá que cursar as materias vinculadas á especialidade (Urxencias, Emerxencias e Grandes Catástrofes e Manexo do Paciente Crítico), xunto coas Prácticas Académicas Externas Especialidade Clínica. Ademais, deberá cursar unha das materias con créditos optativos ordinarios ofertados.
Se o estudantado cursa a especialidade de Xestión deberá cursar os créditos desta especialidade (Xestión Sanitaria, Sistemas Sanitarios de Saúde, Economía da Saúde, Calidade Asistencial, Enfoques Docentes, e-Health).