Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Facultade de Enfermaría
Avda. Xoan XXIII, 15782
Santiago de Compostela
881812033 (Conserxaría)
881812035 (Decanato)
enfermaria.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Maria Jesus Nuñez Iglesias
Contacto
mjesus.nunez@usc.es

Este máster ten como obxectivo a formación de profesionais que sexan capaces de actuar en situacións de emerxencias sanitarias e ambientais, de urxencias sanitarias e de proporcionar coidados de soporte especializados no ámbito das unidades de coidados críticos, ademais de capacitalos no ámbito da xestión sanitaria.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4310352
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 30

    Decano/a ou director/a do centro:
    RAQUEL RODRIGUEZ GONZALEZ
    raquel.rodriguez@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Maria Jesus Nuñez Iglesias
    mjesus.nunez@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 53/2008 do 13 de marzo (DOG 28/03/2008)

    Data de publicación no BOE:
    06/03/2014

    Data da última acreditación:
    19/07/2019

    O máster ofrece unha visión interdisciplinar de atención nos ámbitos descritos a través do coñecemento das formulacións teóricas, e das liñas de investigación (básica, aplicada e traslacional) pero sobre todo a través da actividade formativa práctica.

  • Créditos que deberá cursar o alumno para obter a titulación:

    Obrigatorios 25
    Optativos 28
    Traballo Fin de Máster 7
    Total 60

    Este máster ten dúas especialidades:

     Especialidade Clínica
     Especialidade de Xestión

  • Este máster ten como obxectivo a formación de profesionais que sexan capaces de actuar en situacións de emerxencias sanitarias e ambientais, de urxencias sanitarias e de proporcionar coidados de soporte especializados no ámbito das unidades de coidados críticos, ademais de capacitalos no ámbito da xestión sanitaria.

  • É un obxectivo primordial a formación de profesionais que sexan capaces de actuar en situacións de emerxencias e urxencias sanitarias e ambientais e de proporcionar coidados de soporte especializados no ámbito das unidades de coidados críticos; ademais de capacitalos no ámbito da xestión sanitaria.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

    Prácticas

    As prácticas externas deste máster son fundamentalmente prácticas clínicas. Garántese a realización destas prácticas mediante convenios cos distintos organismos implicados na docencia (SERGAS, 061, e hospitais privados interesados na formación de profesionais sanitarios). Garántese o seguimento destas prácticas asignando a cada alumno/a un titor en cada centro implicado na docencia clínica. Cada alumno/a deberá realizar unha rotación polos distintos aspectos clínicos do máster (Urxencias, UVI móbil, UCI adultos, UCI pediátrica e Unidade de Coidados Coronarios..)

  • Trátase de traballos de investigación sobre un aspectos do máster que deberá ser tutelado. Cada alumno terá un titor que será profesor do máster para a realización do seu proxecto.

  • O persoal docente do máster está formado tanto por profesores da propia universidade como por profesorado externo, maioritariamente da área de Ciencias da Saúde, con ampla experiencia en docencia e investigación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2025.