Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Xerontoloxía (3ª edición)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Ámbito de coñecemento
Interdisciplinar.
Centro(s)
Facultade de Enfermaría
Avda. Xoan XXIII, 15782
Santiago de Compostela
881812033 (Conserxaría)
881812035 (Decanato)
enfermaria.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Manuel Gandoy Crego
Contacto
manuel.gandoy@usc.es

O Máster Universitario en Xerontoloxía enfócase como un título de posgrao de gran utilidade para todos os universitarios encamiñados cara ao campo da xerontoloxía, tanto clínica como social, sendo especialmente relevante para as carreiras de Ciencias da Saúde (medicina, enfermería, terapia ocupacional, logopedia, psicoloxía clínica…) e Ciencias Sociais (traballo social, relacións laborais, psicoloxía social, psicopedagoxía, socioloxía…), tanto desde un punto de vista profesional como académico e investigador vía realización de tese doutoral por parte dos graduados egresados.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4317745
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 20

    Decano/a ou director/a do centro:
    RAQUEL RODRIGUEZ GONZALEZ
    raquel.rodriguez@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Manuel Gandoy Crego
    manuel.gandoy@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde 8/07/2021 (DOG do 16/07/2021)

    Data de publicación no BOE:
    17/01/2022

    Data da última acreditación:
    24/05/2021

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorios 24
    Optativos Vinculados 8
    Optativos 12
    Prácticas Externas 8
    Traballo Fin de Máster 8
    Total 60

    Este título contempla dúas especialidades:

    -Especialidade en Xerontoloxía Social (USC)
    -Especialidade en Xerontoloxía Clínica (UDC)

    Para obter a titulación é obrigatorio cursar unha das dúas especialidades, para o cal deberá superar as dúas materias vinculadas á especialidade elixida e realizar as prácticas e o traballo fin de mestrado por esa especialidade.

    Tamén deberá cursar as materias obrigatorias comúns e 12 créditos non vinculados a especialidade.

  • Para ser admitido ao Máster, o alumno preferentemente deberá de responder o perfil de cada unha das dúas especialidades das que se compón o Máster, a saber:

    • Para ser admitido á especialidade en Xerontoloxía Clínica o alumno (recentemente egresado ou non) deberá proceder preferentemente (preferencia 1) dun título de grao afín ás Ciencias da Saúde (medicina, psicoloxía clínica e da saúde, enfermería, fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, podoloxía, odontoloxía, farmacia) ou Sociais (preferencia 2), ou demostrar experiencia profesional e/ou investigadora suficiente neste ámbito, requisito a valorar pola Comisión Académica da UDC de acordo aos méritos achegados (experiencia laboral e/ou investigadora entre outros).
    • Para ser admitido á especialidade en Xerontoloxía Social, o alumno (recentemente egresado ou non) deberá proceder preferentemente (preferencia 1) dun título de grao afín ás Ciencias Sociais e/ou Xurídicas (socioloxía, dereito, pedagoxía, antropoloxía, psicoloxía, demografía, xeografía, traballo social, educación física) ou da Saúde (preferencia 2), ou acreditar experiencia profesional e/ou investigadora suficiente neste ámbito, requisito a valorar pola Comisión do Título de Máster da Facultade de Enfermería da USC acordo aos méritos achegados (experiencia laboral e/ou investigadora entre outras).
    • A admisión será por adecuación de perfil (ramas dos estudos de procedencia). E, no caso de que a demanda fose maior que a oferta de prazas, a admisión sería de acordo ao seguinte baremo (Expediente e Formación Académica):
    (1) EXPEDIENTE ACADÉMICO (máximo 10 puntos)
    Matrícula de horna (10 puntos) 4 puntos, valorarase con 10 puntos
    Sobresaliente (de 9 a 9,99 puntos) 3 puntos, valorarase con 8 puntos
    Notable (de 7 a 8,99 puntos)     2 puntos, valorarase con 6 puntos
    Aprobado (de 5 a 6,99 puntos) 1 puntos, valorarase con 5 puntos
    (2) FORMACIÓN ACADÉMICA E PREMIOS EXTRAORDINARIOS (máximo 5 puntos)
    A: Licenciatura, Diplomatura ou Grao Engadirase 1 punto pola obtención de premio extraordinario ou por otras licenciaturas, diplomaturas e/ou graos.
    B: Teses doctorais
    B1: Sobresaliente cum laude (ou apto cum laude) 4 puntos
    B2: Sobresaliente        3 puntos
    B3: Notable 2 puntos
    B4: Aprobado (ou apto) 1 punto
    No caso de que non se especifique a cualificación, considerarase a puntuación mínima. Ás teses con mención europea engadiráselles 1 punto. Tamén se engadirá 1 punto pola obtención de premio extraordinario.
  • O Máster Universitario en Xerontoloxía enfócase como un título de posgrao de gran utilidade para todos os universitarios encamiñados cara ao campo da xerontoloxía, tanto clínica como social, sendo especialmente relevante para as carreiras de Ciencias da Saúde (medicina, enfermaría, terapia ocupacional, logopedia, psicoloxía…) e Ciencias Sociais (traballo social, relacións laborais, psicopedagoxía, socioloxía…), tanto desde un punto de vista profesional como académico e investigador.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Para aqueles alumnos do mestrado que desexen realizar estudos doutros cursos ou masters, a Comisión Académica, co visto e prace do titor do alumno, facilitará a mobilidade dos estudantes e encargarase de estabelecer a correspondencia e adecuación, así como os criterios de validación dos estudos cursados.

    A Comisión de Selección terá como función propoñer un titor ao estudante de acollida e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida. Tamén planificará e dotará mecanismos de seguimento, avaliación, asignación de créditos e recoñecemento curricular da mobilidade dos estudantes. A selección de candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, pola Comisión de Selección, de acordo con criterios de baremación previamente estabelecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, de ser o caso, as competencias en idiomas que esixen a universidade de destino.

    Prácticas

    O programa práctico é específico para cada especialidade e constará de varias modalidades:

    a) Prácticas socio-sanitarias: a realizar en diferentes centros de asistencia xeriátrica ou xerontolóxica, consonte os programas e convenios previamente estabelecidos.

    b) Prácticas de investigación: a realizar en diferentes centros de investigación xeriátrica ou xerontolóxica, consonte os programas e convenios previamente estabelecidos.

    c) Recoñecemento: este apartado poderá ser confirmado/recoñecido pola Comisión Académica a aqueles alumnos que demostren, mediante o correspondente certificado, estaren desempeñando actividade laboral e/ou de investigación en relación coas prácticas esixidas ou ocupar postos profesionais en relación coa atención ás persoas maiores.

    As prácticas externas realizaranse nos distintos centros concertados, baixo a tutela dun profesional, preferentemente do mesmo perfil que o/a alumno/a, que será o encargado de facer a valoración do rendemento do/a alumno/a durante a realización das actividades.

    Con carácter previo á finalización do período lectivo correspondente ao primeiro cuatrimestre, o estudiantado, através dun formulario específico, deberá elixir a modalidade de prácticas a realizar durante o segundo cuatrimestre, consonte a oferta estabelecida.

  • O Traballo Fin de Máster (8 créditos) ten como finalidade a acreditación de que o estudante adquiriu os coñecementos e competencias asociados ao título de Master Universitario en Xerontoloxía. Aínda que a súa orixe virá determinada desde a materia de Metodoloxía da investigación, será realizado polo estudante ao longo do segundo cuadrimestre baixo a dirección dun profesor titor-doutor que será asignado en función da coincidencia de intereses de investigación.

    O Traballo consistirá na elaboración e presentación pública dunha investigación levada a cabo polo estudante na cal se fará especial fincapé na aplicación da dita investigación ao campo da xerontoloxía e a xeriatría.

    Para que unha proposta se considere aceptada e o estudante poida proceder ao seu desenvolvemento e elaboración, deberá presentar, antes da finalización do segundo cuadrimestre, ante a Comisión Académica do Máster, unha proposta do Traballo que pretende desenvolver. Unha vez dado o visto bo por parte da Comisión e do titor da proposta presentada, o alumno procederá ao desenvolvemento do Traballo final.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2025.