Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Traballos presentados

A educación sexual como prevención da violencia sexual infantil: unha aproximación dende o Traballo Social
Autoría
C.R.B.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
03.02.2025 11:00
Resumo
A violencia sexual infantil é unha problemática que afecta a nenos, nenas e adolescentes de todo o mundo, xerando nas menores consecuencias físicas, psicolóxicas e sociais que poden perdurar ao longo de toda a súa vida. Neste contexto, exponse a educación sexual como unha ferramenta esencial para a protección e a prevención deste tipo de violencia, nun contexto onde os menores débense desenvolver de forma integral. O obxectivo principal do estudo é analizar a percepción da comunidade educativa sobre a educación sexual e o seu rol na prevención da violencia sexual infantil desde a perspectiva do Traballo Social educativo, empoderando e protexendo aos menores. Por iso, leva a cabo un proxecto de investigación cualitativa, a través de entrevistas a persoas que forman parte da comunidade educativa, para aproximar o proxecto á realidade actual dos menores. Exponse unha duración de 12 meses para levar a cabo a investigación, para posteriormente ser difundido en revistas e redes sociais.
Dirección
Escobar Árias, Diana Morela (Titoría)
Tribunal
Escobar Árias, Diana Morela (Titor do alumno)
Institucións penitenciarias e reinserción social: perspectiva dos internos do Centro Penitenciario de Bonxe
Autoría
S.G.F.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
04.02.2025 11:30
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo comprender a realidade actual das Institucións Penitenciarias en España, así como coñecer a relevancia da profesión do Traballo Social no contexto penitenciario; pois, como veremos, a figura do Traballador/a Social é indispensable nun proceso como o é cumplir condea. Pártese dun recorrido ao longo das Institucións Penitenciarias, a súa orixe e evolución, unha aproximación á lexislación e finalmente un aceercamento ao Traballo Social Penitenciario facendo fincapé nas funcións e na relevancia que exerce a profesión neste ámbito. A información aportada pretende situar ao lector ante unha realidade, ás veces ignorada e moitas invisibilizada por tratarse dun dos grupos da poboación que máis difícil ten a reinserción social debido aos prexuízos aos que están expostos. Proponse unha investigación cuantitativa mediante a aplicación dun cuestionario autoadministrado dirixido á poboación reclusa do Centro Penitenciario de Bonxe co fin de coñecer a percepción que as persoas internas posúen sobre as Institucións Penitenciarias, o funcioamento das mesmas e de aqueles aspectos que a concirnen, baixo a óptica do Traballo Social.
Dirección
Murcia Álvarez, Evelia (Titoría)
Tribunal
Murcia Álvarez, Evelia (Titor do alumno)
Proxecto Rumbo: Unha ferramenta para a promoción da autonomía persoal
Autoría
I.R.P.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
12.02.2025 12:00
Resumo
O presente traballo consiste nun modelo de proxecto de investigación cualitativo sobre a importancia da Asistencia Persoal, como ferramenta de mellora na vida diaria das persoas con discapacidade e/o dependencia. Devandito proxecto, pretende analizar as experiencias dos/as profesionais e os/as partícipes do proxecto piloto Rumbo, levado a cabo pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) na cidade de Lugo, Galicia. Esta iniciativa, consiste na asignación dun/unha Asistente Persoal por persoa participante, nunha vivenda de transacción ou no seumpropio fogar, durante certo período de tempo. Para poder levar a cabo a análise deste proxecto que se tomou como referencia, levaráse a cabo unha serie de procesos de recollida de datos característicos do método cualitativo. Esta proposta de futura investigación, será un gran avance para coñecer a Asistencia Persoal como ferramenta, para mellorar a vida diaria das persoas con discapacidade e/o dependencia.
Dirección
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titoría)
Tribunal
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titor do alumno)
Traballo Social e os Trastornos da Conducta Alimentaria: unha análise dende a cidade da Coruña
Autoría
U.R.F.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
03.02.2025 11:30
Resumo
No seguinte documento, preséntase un proxecto de investigación sobre Traballo Social e os Trastornos da Conducta Alimentaria na cidade de A Coruña co fin de analizar, en primeiro lugar, a percepción existente sobre o Traballo Social neste ámbito e, en segundo lugar, que accións de acompañamento se levan a cabo dende esta disciplina na cidade. Co fin de facilitar a comprensión da temática, ofrécese un marco teórico sobre estes trastornos e o papel da disciplina neste ámbito, ademais dun marco referencial para contextualizar os servizos dispoñibles na cidade da Coruña. A metodoloxía empregada correspóndese cunha investigación cualitativa, que se propón no deseño do proxecto a través de entrevistas semiestructuradas e de grupos focais, tanto a profesionais do Traballo Social como ás persoas usuarias de servizos públicos e privados para o tratamento do seu Trastorno Alimentario. Por último, nos capítulos finais desta investigación preséntase o deseño metodolóxico, o plan de traballo e o plan de difusión dos resultados, respectivamente.
Dirección
Escobar Árias, Diana Morela (Titoría)
Tribunal
Escobar Árias, Diana Morela (Titor do alumno)
Residentes curatelados pola Fundación Pública Galega para o Apoio ao Exercicio da Capacidade
Autoría
S.T.G.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
04.02.2025 11:00
Resumo
Este proxecto de investigación trata sobre as medidas de apoio en relación as persoas maiores e como estas recentemente foron modificadas. Céntrase principalmente na curatela levada a cabo pola Fundación Pública Galega para o Apoio ao Exercicio da Capacidade Xurídica (FUNGA), tendo como obxetivo principal coñecer o funcionamento da FUNGA en relación ás persoas usuarias nas residencias de maiores DomusVI Santiago e Fogar Porta Do Camiño situadas en Santiago de Compostela.Neste proxecto seguirase unha metodoloxía cuantitativa, mediante a técnica da entrevista semiestructurada e utilizando o cuestionario para a recollida de datos. Para iso, revisouse a nova normativa e toda aquela documentación de relevancia, exposta no marco teórico.
Dirección
Murcia Álvarez, Evelia (Titoría)
Tribunal
Murcia Álvarez, Evelia (Titor do alumno)