Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Equipamentos

A Escola está nun edificio histórico no casco monumental de Santiago e ocupa unha superficie de 1.800 m2 nun único andar.

A Escola conta para a docencia con:

  • Aula 1. Capacidade: 120 postos
  • Aula 2. Capacidade:110 postos
  • Aula 3. Capacidade 110 postos
  • Aula 4. Capacidade: 60 postos
  • Aula 5. Capacidade: 40 postos
  • Un seminario. Capacidade: 45
  • Unha aula de informática con 20 postos.
  • Unha sala para titorías.

Cada aula está dotada cun ordenador, con conexión á rede, canón e retroproxector, e os seminarios dispoñen de ordenador con conexión á rede e canón.

A biblioteca da EUTS dispón de 32 postos na sala de consulta.

O resto dos espazos dispoñibles destínanse a despachos de profesorado, dirección, secretaría, administración e sala de xuntas.

Os representantes do alumnado dispoñen de arquivo e caixa de correo propio de acceso exclusivo. En función das súas necesidades e interese, os representantes do alumnado poden dispoñer, previa solicitude á dirección da Escola, de espazos para o seu uso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.02.2025.