Se estás pensando en realizar prácticas ou se xa estás matriculado/a nelas neste curso 2023/ 2024, a USC precisa obrigatoriamente e con antelación á túa incorporación ao centro de prácticas o teu Número da Seguridade Social (NUSS). A finalidade é darte de alta e cotizar polos días que realices prácticas, así que debes inserilo na túa Secretaría Virtual no espazo habilitado ao efecto (só estará dispoñible no caso de que teñas formalizada a matrícula nunha materia práctica).
Como podes consultar ou obter o teu NUSS para incorporar á túa Secretaría Virtual?
- Se non dispós dun NUSS propio podes solicitar un NUSS a través do servizo "Solicitar Número de Seguridad Social" existente na Sede Electrónica da Seguridade Social e Portal da TGSS Importass. O acceso a dito servizo pode facerse por SMS, Clave PIN, Cl@ve Permanente ou Certificado electrónico/DNIe. Os datos necesarios son os identificativos (DNI ou NIE), datos de contacto (teléfono móbil e email) e domicilio habitual.
Preme aquí para facer a solicitude de asignación dun Número de Seguridade Social
- Se dispós dun NUSS propio podes obter información sobre o teu NUSS na tarxeta sanitaria (lembra que ten que ser o teu número propio e non o dos teus pais/nais) ou a través do servizo "Acreditación do Número da Seguridade Social" existente na Sede Electrónica da Seguridad Social e do Portal da TGSS, Importass. O acceso a dito servizo pódese facer por SMS, Clave PIN, Cl@ve Permanente ou Certificado electrónico/DNIe.
Consultar o Número da Seguridade Social.
- Tamén podes solicitar que sexa a USC a que realice o trámite de consulta e/ou asignación, marcando esta opción na túa Secretaría Virtual nos prazos habilitados ao efecto. Lembra que tal opción deberás tramitala con antelación suficiente para que a USC poda completar a túa solicitude perante á Seguridade Social (os prazos concretos actualízanse na propia Secretaría Virtual).
Procedemento no caso de enfermidades ou accidentes durante o período das prácticas
No suposto de prácticas non remuneradas, estarán cubertas as continxencias derivadas de accidentes durante a realización das prácticas así como as enfermidades de tipo profesional. Se te atopas nesta situación deberás seguir o procedemento establecido para o persoal da Universidade de Santiago de Compostela.
En primeiro lugar, debes cubrir o volante de prestación de asistencia sanitaria que podes atopar nesta ligazón e que deberá asinar a/o docente da/o que estás ao cargo. Para recibir a atención, debes buscar o centro asistencial da cidade na que te atopes na seguinte ligazón.
Tamén estarán cubertas as prestacións económicas por nacemento e coidado do menor, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural. Se te atopas nesta situación deberás seguir o procedemento establecido para o persoal da Universidade de Santiago de Compostela que podes consultar nas seguintes ligazóns:
Como me afecta o feito de estar dado de alta nalgún réxime da Seguridade Social?
Segundo o Real Decreto Lei 8/2023 de 27 de decembro, para o suposto de persoas que durante a realización das prácticas figuren en alta en calquera dos réximes da Seguridade Social, non se realizará cotización por parte da entidade formativa.
Miña nai ou meu pai están dados de alta na Seguridade Social e eu aparezo como beneficiario/a, teño que facilitar o seu NUSS?
Non. O NUSS é un número único para cada persoa e serve para identificarte nas túas relacións coa Seguridade Social. Por tanto, é necesario que nos achegues o teu NUSS, que será diferente o de teu pai/nai.
Se estou afiliado a MUFACE, ISFAS ou MUGEJU (ben sexa como titular ou beneficiario/a), teño que facilitar o meu número de afiliación da mutua?
Non. O que establece a Lei Xeral da Seguridade Social (LXSS) é que haberá que incluír no sistema da seguridade social as personas que realicen prácticas externas non remuneradas. Por tanto, o dato que hai que achegar é o NUSS.
Son un estudante estranxeiro matriculado na USC. Que documento preciso para tramitar a asignación do NUSS e ser dado de alta?
Precisarás o NIE. Poderás solicitalo cumprindo os requisitos e seguindo as indicacións que se recollen aquí: https://sede.policia.gob.es/portalCiudadano/_es/tramites_extranjeria_tramite_asignacion_nie.php#
De non poder obter o NIE para o período de realización de prácticas, poderás facilitar o teu pasaporte (no caso de estudantes da UE o documento de identidade nacional tamén debería servir para tramitar as altas).
Son un estudante estranxeiro matriculado na USC no marco do Programa Erasmus + que realiza prácticas en España. Aféctame a medida?
Si. Como estudante de acollida nunha universidade española que fai prácticas en empresas en España, ao matricularte na universidade española, entras no ámbito de aplicación desta medida.
Son un estudante estranxeiro matriculado en estudos online na USC. Se realizo prácticas externas obrigatorias en liña no marco destes estudos nunha empresa española, aféctame a medida?
Non. Neste suposto non é aplicable a medida ao non existir desprazamento físico para cursar os estudos e realizar as prácticas en España.
Teño dúbidas sobre se xa teño asignado ou non o NUSS (por exemplo, porque na niña tarxeta sanitaria aparece unha numeración e non estou seguro de se é o meu NUSS ou o dos meus pais/nais ). Como podo comprobalo?
Tal e como está indicado máis arriba, podo comprobar online se teño ou non asignado o NUSS aquí: https://portal.seg-social.gob.es/wps/portal/importass/importass/Categorias/Vida+laboral+e+informes/Informes+sobre+tu+situacion+laboral/Acreditacion_NUSS
Vou realizar prácticas extracurriculares. Teño que facilitar o meu NUSS para ser dado de alta na Seguridade Social?
Si. Este tipo de prácticas tamén están incluídas nesta obriga.
A solicitude farase no seguinte enderezo: certificado.practicasacademicas [at] usc.es (certificado[dot]practicasacademicas[at]usc[dot]es)
Para axilizar o trámite, facilita os teus datos completos xunto cos da titulación e das materias prácticas das que solicitas a certificación (incluíndo o curso académico concreto). Realizadas as correspondentes comprobacións por parte da USC, a emisión da certificación está suxeita ao aboamento de 22,31 euros.