Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

O programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” inclúe entre as súas actividades as “Charlas dirixidas ás Nais e Pais do alumnado de Ensino Medio de Galicia”.

Estas charlas informativas, ás que pode asistir calquera persoa que o desexe consiste nunha Charla-Coloquio na que un representante da USC fai unha presentación sobre o que é e o que quere ser esta Universidade que está a punto de cumprir 525 anos de Historia.

A exposición dura entre 50 e 60 minutos e vai seguida dun coloquio no que o público asistente pode formular as preguntas que desexe.

Estas charlas tamén se ofertan a calquera outro colectivo que o solicite.

Neste caso, o mellor é poñerse en contacto directamente co persoal do Programa “A Ponte” para concretar os detalles da visita.

Para calquera dúbida ou consulta podedes poñervos en contacto con nós, a través do correo electrónico aponte@usc.es

The contents of this page were updated on 03.09.2023.