A Universidade de Santiago de Compostela aprobou en 2016 o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero. Esta actividade de formación pretende achegar o mencionado protocolo ao estudantado da USC.
Afondando no “Protocolo de acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero na USC”: achegamento, análise e reflexións
Obxectivos
- Comprender o concepto de acoso sexual, acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero e as súas principais características.
- Coñecer e afondar no Protocolo de acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero na USC.
- Descubrir a percepción social e a realidade do fenómeno no ámbito universitario.
- Deseñar unha proposta de prevención.
Contidos
1. O acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero.
- Concepto.
- Delimitación lexislativa e modelos teóricos.
- Tipoloxía.
- Persoas involucradas.
- Acoso na universidade.
2. Protocolo de acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero na USC.
- Obxectivos.
- Conceptos.
- Persoas destinatarias.
- Órganos competentes.
- Procedemento.
- Comportamentos constitutivos de acoso na USC.
3. Percepción e situación actual.
Metodoloxía
A metodoloxía será activa e participativa, combinando a exposición de contidos por parte da responsable da actividade co traballo das persoas asistentes á mesma, ben de maneira individual ou en pequeno grupo.
Docentes
Milena Villar Varela. Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC.
Colectivo ao que vai dirixido
Alumnado das titulacións de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela.
Duración
A duración do proceso formativo será de 6 horas (4 presenciais e 2 non presenciais).
Avaliación
Avaliarase a participación, o interese, o traballo e actividades realizadas polo alumnado, así como o emprego e aproveitamento dos recursos e materiais. O alumnado terá que entregar un informe final, na forma dun diario de sesións que recolla as reflexións xurdidas na vivencia do obradoiro.
Matrícula e recoñecemento
- Matrícula gratuíta.
- Actividade incluída no percurso formativo "O acoso e as novas formas de violencia sexual" recoñecido con 1 crédito ECTS para todas as titulacións de grao da USC
- Datas: Mércores, 26 de outubro de 2002, de 16 h a 18:30 h, e xoves, 3 de novembro de 2022, de 16 h a 17:30 h (presenciais).
- Duración: 6 horas (4 presenciais e 2 non presenciais).
- Lugar: Aula 18 (26 de outubro) e Aula 10 (3 de novembro) da Facultade de Dereito. Campus Vida
- Número prazas: 30.
- Matrícula: gratuíta.
- Formulario para inscribirse