Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Actividade formativa en igualdade para estudantes.
Cabeceira do cartel

A Universidade de Santiago de Compostela aprobou en 2016 o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero. Esta actividade de formación pretende achegar o mencionado protocolo ao estudantado da USC.

  • Afondando no “Protocolo de acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero na USC”: achegamento, análise e reflexións

    Obxectivos

    • Comprender o concepto de acoso sexual, acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero e as súas principais características.
    • Coñecer e afondar no Protocolo de acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero na USC.
    • Descubrir a percepción social e a realidade do fenómeno no ámbito universitario.
    • Deseñar unha proposta de prevención.

    Contidos

    1. O acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero.

    • Concepto.
    • Delimitación lexislativa e modelos teóricos.
    • Tipoloxía.
    • Persoas involucradas.
    • Acoso na universidade.

    2. Protocolo de acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero na USC.

    • Obxectivos.
    • Conceptos.
    • Persoas destinatarias.
    • Órganos competentes.
    • Procedemento.
    • Comportamentos constitutivos de acoso na USC.

    3. Percepción e situación actual.

    Metodoloxía

    A metodoloxía será activa e participativa, combinando a exposición de contidos por parte da responsable da actividade co traballo das persoas asistentes á mesma, ben de maneira individual ou en pequeno grupo.

    Docentes

    Milena Villar Varela. Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC.

    Colectivo ao que vai dirixido

    Alumnado das titulacións de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela.

    Duración

    A duración do proceso formativo será de 6 horas (4 presenciais e 2 non presenciais).

    Avaliación

    Avaliarase a participación, o interese, o traballo e actividades realizadas polo alumnado, así como o emprego e aproveitamento dos recursos e materiais. O alumnado terá que entregar un informe final, na forma dun diario de sesións que recolla as reflexións xurdidas na vivencia do obradoiro.

    Matrícula e recoñecemento

    • Matrícula gratuíta.
    • Actividade incluída no percurso formativo "O acoso e as novas formas de violencia sexual" recoñecido con 1 crédito ECTS para todas as titulacións de grao da USC
    • Datas: Mércores, 26 de outubro de 2002, de 16 h a 18:30 h, e xoves, 3 de novembro de 2022, de 16 h a 17:30 h (presenciais).
    • Duración: 6 horas (4 presenciais e 2 non presenciais).
    • Lugar: Aula 18 (26 de outubro) e Aula 10 (3 de novembro) da Facultade de Dereito. Campus Vida
    • Número prazas: 30.
    • Matrícula: gratuíta.
    • Formulario para inscribirse
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.12.2022.