A violencia contra as mulleres é a máxima expresión da desigualdade de xénero no mundo. O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmás Patria, Minerva y María Teresa Mirabal, asasinadas na República Dominicana en 1960.
III Xornadas: Prevención e sensibilización sobre violencia sexual na mocidade
- Data, horario e lugar: Luns, 8 de novembro de 2021, ás 10:00 h no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación.
- Organiza: Secretaría Xeral da Igualdade, coa colaboración da Oficina de Igualdade de Xénero.
Seminario V CO(M)XÉNERO. Recuperar a fala, recuperar a alma
- Data, horario e lugar: 10 e 11 de novembro de 2021, ás 16:15 h no Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación.
- Organiza: Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e a Oficina de Igualdade de Xénero.
Seminario Xénero e Política: É unha cuestión política a violencia machista?
A cargo de Carme Adán, filósofa, ensaísta e política.
- Data, horario e lugar: Luns, 22 de novembro de 2021, ás 12 h no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas.
- Organiza: Rede Armela.
III Xornadas: Prevención e sensibilización sobre violencia sexual na mocidade
- Data, horario e lugar: Martes, 23 de novembro de 2021, ás 10 h no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado.
- Organiza: Secretaría Xeral da Igualdade, coa colaboración da Oficina de Igualdade de Xénero.
Conferencia: Traballo non nos falta
Ciclo "Retratos en movemento". A representación das identidades de xénero a partir da Colección CGAC.
A cargo de Mar Caldas, artista visual.
- Data, horario e lugar: Mércores, 24 de novembro de 2021, ás 19 h na Aula 10 e Teams.
- Organiza: Comisión de Actividades Culturais, Igualdade e Normalización Lingüística da Facultade de Xeografía e Historia.
Teatro: A casa da forza (2, 52-88)
- Data, horario e lugar: Mércores, 24 de novembro de 2021, ás 21 h na sala de teatro Vidal Bolaño.
- Aforo e entradas: Cabida reducida. Recollida de billetes de entrada na sala a partir das 20 h.
- Organiza: Aula de Teatro da USC.
Performances na rúa
Alumnado da materia de Socioloxía da Educación da Facultade de CC. da Educación.
- Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 11:45 h na Alameda e a partir das 12 h na praza do Obradoiro.
Presentación-coloquio: Acoso #MeToo en la ciencia española
A cargo da autora: Ángela Bernardo Álvarez.
- Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro de 2021, ás 12 h.
- Soporte: MS Teams.
- Inscrición: formulario.
- Organiza: Comisión de Igualdade da ETSE.
Panel informativo: Reflexións sobre a perspectiva de xénero: Cambia a túa visión con gafas violetas
Elaboración participativa e photocall do 22 ao 26 de novembro de 2021.
- Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 12 h encontro na entrada da Facultade.
- Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Óptica e Optometría.
Campaña: Plantemos cara á violencia contra as mulleres
Colocación de paneis informativos, photocall #25Nplantemoscara, árbore comunitaria e murais de mensaxes violetas.
- Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 12 h lectura pública do Manifesto 25 N-RUIGEU na entrada da Facultade de Psicoloxía.
- Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Psicoloxía.
Lecturas do manifesto 25 N-RUIGEU
- Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 11 h no Pavillón Estudantil e ás 11:30 h en Reitoría.
- Organiza: Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Servizos.
Facultade de Ciencias
- Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 9:45 h no Salón de Graos da Facultade.
- Organiza: Facultade de Ciencias.
Facultade de Filoloxía
- Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 11:55 horas na entrada da Facultade.
- Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Filoloxía.
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 12 h no vestíbulo da Facultade.
- Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Lectura do manifesto e fotografía grupal.
- Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 12:55 h.
- Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da EPSE-Lugo.
Facultade de Veterinaria
Lectura de manifesto e fotografía grupal.
- Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 13:30 horas no vestíbulo do Auditorio da Facultade.
- Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Veterinaria.
Facultade de Filosofía
Homenaxe ás vítimas de violencia de xénero e lectura do manifesto.
- Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 14 h no vestíbulo da Facultade.
- Organiza: Comisión de igualdade de xénero da Facultade de Filosofía.
Facultade de Medicina e Odontoloxía.
- Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 16:30 h no Salón de Actos da facultade.
- Organiza: Facultade de Medicina e Odontoloxía.
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Sentada do alumnado contra toda expresión de violencia cara ás mulleres e lectura de manifesto.
- Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 12:00 horas e ás 17:00 h diante da facultade.
Mesa redonda sobre feminismo
- Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 20:30 h no Café Airas Nunes.
- Participan: María Xosé Agra Romero, Guadalupe Jiménez Esquinas, Xiana Estévez Huete, Sara Ozores Rodrígez e Susana Bellón Rey, profesoras e alumnas da Facultade de Filosofía.
- Organiza: Facultade de Filosofía.
Exposición: (Re)tratar a violencia de xénero
- Data, horario e lugar: A partir do xoves, 25 de novembro de 2021. Facultade de Filoloxía.
- Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Filoloxía.
Contador de violencia de xénero
Recollida e exposición dos nomes das víctimas de violencia de xénero en España ao longo do ano.
- Organiza: Facultade de Humanidades.
Exposición: O que os meus ollos lle contaron ao mundo
- Organiza: Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación.
Relatorio: Invisibilizadas e instrumentalizadas: A violencia de xénero durante a ditadura de Franco. O caso lugués (1945-1966)
A cargo de Tamara López Fernández, investigadora predoutoral do grupo de investigación Histagra.
- Data, horario e lugar: Venres, 26 de novembro de 2021, ás 11 h.
- Modalidade: Retransmisión en directo.
- Organiza: Facultade de Humanidades.
Conferencia: A defensa da vítima de violencia de xénero dende a avogacía: cuestións prácticas
A cargo de Pilar López-Guerrero Vázquez, presidenta do Consello Galego da Avogacía.
- Data, horario e lugar: Venres, 26 de novembro, ás 13 h na Sala de Xuntas da Facultade.
- Organiza: Facultade de Dereito.
Mural: Vivencias sobre violencia de xénero
Urnas de recollida nos vestíbulos dos andares 0 e 2 da facultade.
- Organiza: Alumnado de "Teoría e Historia da Educación Escolar". Facultade de Formación do Profesorado.
Conferencia: Son neutrais a bioloxía e a medicina? Unha perspectiva feminista e decolonial
A cargo de Marilar Aleixandre, profesora ad honorem da USC, escritora e académica da RAG.
- Data, horario e lugar: Venres, 26 de novembro, ás 18 h.
- Soporte: MS Teams.
- Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Bioloxía.
Conferencia: Protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero da USC: diagnóstico e reflexións
A cargo de Milena Varela Villar.
- Data, horario e lugar: Xoves, 2 de decembro de 2021, ás 12 h na Sala de Xuntas.
- Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da EPSE-Lugo.
Conferencia: A violencia de xénero
A cargo de Marta Rodríguez Engroba e Juan Vidal Pardo, presidenta e avogado de Si, hai saída. Asociación contra a violencia de xénero en Lugo).
- Data, horario e lugar: Xoves, 2 de decembro de 2021, ás 19 h na aula 29 da Facultade de Formación do Profesorado.
- Organiza: Facultade de Formación do Profesorado.
Conferencia: Os traballos e os días
A cargo de María Ruido, artista visual, investigadora e produtora cultural.
Ciclo Retratos en movemento. A representación das identidades de xénero a partir da Colección CGAC.
- Data, horario e lugar: Venres, 9 de decembro de 2021, ás 19 h na Aula 10
- Organiza: Comisión de Actividades Culturais, Igualdade e Normalización Lingüística da Facultade de Xeografía e Historia.
Acción formativa: Obradoiro coeducativo: acción para a transformación social
- Imparten: Teresa Moure, Milena Villar, Aixa Permuy e Jorge García Marín.
- Data, horario e lugar: 29, 30 de novembro e 16 de decembro de 2021, de 16 h a 20 h. Aula 1 da Facultade de Filosofía.
- Organiza: Oficina de Igualdade de Xénero e o Servizo de Participación e Integración Universitaria.