Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Programa de actividades.
Muller nun acto do 25N

A violencia contra as mulleres é a máxima expresión da desigualdade de xénero no mundo. O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmás Patria, Minerva y María Teresa Mirabal, asasinadas na República Dominicana en 1960.

  • III Xornadas: Prevención e sensibilización sobre violencia sexual na mocidade

    • Data, horario e lugar: Luns, 8 de novembro de 2021, ás 10:00 h no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación.
    • Organiza: Secretaría Xeral da Igualdade, coa colaboración da Oficina de Igualdade de Xénero.

    Seminario V CO(M)XÉNERO. Recuperar a fala, recuperar a alma

    • Data, horario e lugar: 10 e 11 de novembro de 2021, ás 16:15 h no Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación.
    • Organiza: Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e a Oficina de Igualdade de Xénero.

    Seminario Xénero e Política: É unha cuestión política a violencia machista?

    A cargo de Carme Adán, filósofa, ensaísta e política.

    • Data, horario e lugar: Luns, 22 de novembro de 2021, ás 12 h no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas.
    • Organiza: Rede Armela.

    III Xornadas: Prevención e sensibilización sobre violencia sexual na mocidade

    • Data, horario e lugar: Martes, 23 de novembro de 2021, ás 10 h no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado.
    • Organiza: Secretaría Xeral da Igualdade, coa colaboración da Oficina de Igualdade de Xénero.

    Conferencia: Traballo non nos falta

    Ciclo "Retratos en movemento". A representación das identidades de xénero a partir da Colección CGAC.

    A cargo de Mar Caldas, artista visual.

    • Data, horario e lugar: Mércores, 24 de novembro de 2021, ás 19 h na Aula 10 e Teams.
    • Organiza: Comisión de Actividades Culturais, Igualdade e Normalización Lingüística da Facultade de Xeografía e Historia.

    Teatro: A casa da forza (2, 52-88)

    • Data, horario e lugar: Mércores, 24 de novembro de 2021, ás 21 h na sala de teatro Vidal Bolaño.
    • Aforo e entradas: Cabida reducida. Recollida de billetes de entrada na sala a partir das 20 h.
    • Organiza: Aula de Teatro da USC.

    Performances na rúa

    Alumnado da materia de Socioloxía da Educación da Facultade de CC. da Educación.

    • Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 11:45 h na Alameda e a partir das 12 h na praza do Obradoiro.

    Presentación-coloquio: Acoso #MeToo en la ciencia española

    A cargo da autora: Ángela Bernardo Álvarez.

    • Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro de 2021, ás 12 h.
    • Soporte: MS Teams.
    • Inscrición: formulario.
    • Organiza: Comisión de Igualdade da ETSE.

    Panel informativo: Reflexións sobre a perspectiva de xénero: Cambia a túa visión con gafas violetas

    Elaboración participativa e photocall do 22 ao 26 de novembro de 2021.

    • Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 12 h encontro na entrada da Facultade.
    • Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Óptica e Optometría.

    Campaña: Plantemos cara á violencia contra as mulleres

    Colocación de paneis informativos, photocall #25Nplantemoscara, árbore comunitaria e murais de mensaxes violetas.

    • Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 12 h lectura pública do Manifesto 25 N-RUIGEU na entrada da Facultade de Psicoloxía.
    • Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Psicoloxía.

    Lecturas do manifesto 25 N-RUIGEU

    • Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 11 h no Pavillón Estudantil e ás 11:30 h en Reitoría.
    • Organiza: Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Servizos.

    Facultade de Ciencias

    • Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 9:45 h no Salón de Graos da Facultade.
    • Organiza: Facultade de Ciencias.

    Facultade de Filoloxía

    • Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 11:55 horas na entrada da Facultade.
    • Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Filoloxía.

    Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

    • Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 12 h no vestíbulo da Facultade.
    • Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

    Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

    Lectura do manifesto e fotografía grupal.

    • Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 12:55 h.
    • Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da EPSE-Lugo.

    Facultade de Veterinaria

    Lectura de manifesto e fotografía grupal.

    • Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 13:30 horas no vestíbulo do Auditorio da Facultade.
    • Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Veterinaria.

    Facultade de Filosofía

    Homenaxe ás vítimas de violencia de xénero e lectura do manifesto.

    • Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 14 h no vestíbulo da Facultade.
    • Organiza: Comisión de igualdade de xénero da Facultade de Filosofía.

    Facultade de Medicina e Odontoloxía.

    • Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 16:30 h no Salón de Actos da facultade.
    • Organiza: Facultade de Medicina e Odontoloxía.

    Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

    Sentada do alumnado contra toda expresión de violencia cara ás mulleres e lectura de manifesto.

    • Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 12:00 horas e ás 17:00 h diante da facultade.

    Mesa redonda sobre feminismo

    • Data, horario e lugar: Xoves, 25 de novembro, ás 20:30 h no Café Airas Nunes.
    • Participan: María Xosé Agra Romero, Guadalupe Jiménez Esquinas, Xiana Estévez Huete, Sara Ozores Rodrígez e Susana Bellón Rey, profesoras e alumnas da Facultade de Filosofía.
    • Organiza: Facultade de Filosofía.

    Exposición: (Re)tratar a violencia de xénero

    • Data, horario e lugar: A partir do xoves, 25 de novembro de 2021. Facultade de Filoloxía.
    • Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Filoloxía.

    Contador de violencia de xénero

    Recollida e exposición dos nomes das víctimas de violencia de xénero en España ao longo do ano.

    • Organiza: Facultade de Humanidades.

    Exposición: O que os meus ollos lle contaron ao mundo

    • Organiza: Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación.

    Relatorio:  Invisibilizadas e instrumentalizadas: A violencia de xénero durante a ditadura de Franco. O caso lugués (1945-1966)

    A cargo de Tamara López Fernández, investigadora predoutoral do grupo de investigación Histagra.

    • Data, horario e lugar: Venres, 26 de novembro de 2021, ás 11 h.
    • Modalidade: Retransmisión en directo.
    • Organiza: Facultade de Humanidades.

    Conferencia: A defensa da vítima de violencia de xénero dende a avogacía: cuestións prácticas

    A cargo de Pilar López-Guerrero Vázquez, presidenta do Consello Galego da Avogacía.

    • Data, horario e lugar: Venres, 26 de novembro, ás 13 h na Sala de Xuntas da Facultade.
    • Organiza: Facultade de Dereito.

    Mural: Vivencias sobre violencia de xénero

    Urnas de recollida nos vestíbulos dos andares 0 e 2 da facultade.

    • Organiza: Alumnado de "Teoría e Historia da Educación Escolar". Facultade de Formación do Profesorado.

    Conferencia: Son neutrais a bioloxía e a medicina? Unha perspectiva feminista e decolonial

    A cargo de Marilar Aleixandre, profesora ad honorem da USC, escritora e académica da RAG.

    • Data, horario e lugar: Venres, 26 de novembro, ás 18 h.
    • Soporte: MS Teams.
    • Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Bioloxía.

    Conferencia:  Protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero da USC: diagnóstico e reflexións 

    A cargo de Milena Varela Villar.

    • Data, horario e lugar:  Xoves, 2 de decembro de 2021, ás 12 h na Sala de Xuntas.
    • Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da EPSE-Lugo.

    Conferencia: A violencia de xénero

    A cargo de Marta Rodríguez Engroba e Juan Vidal Pardo, presidenta e avogado de Si, hai saída. Asociación contra a violencia de xénero en Lugo).

    • Data, horario e lugar:  Xoves, 2 de decembro de 2021, ás 19 h na aula 29 da Facultade de Formación do Profesorado.
    • Organiza: Facultade de Formación do Profesorado.

    Conferencia: Os traballos e os días

    A cargo de María Ruido, artista visual, investigadora e produtora cultural.

    Ciclo Retratos en movemento. A representación das identidades de xénero a partir da Colección CGAC.

    • Data, horario e lugar:  Venres,  9 de decembro de 2021, ás 19 h na Aula 10
    • Organiza: Comisión de Actividades Culturais, Igualdade e Normalización Lingüística da Facultade de Xeografía e Historia.

    Acción formativa: Obradoiro coeducativo: acción para a transformación social

    • Imparten: Teresa Moure, Milena Villar, Aixa Permuy e Jorge García Marín. 
    • Data, horario e lugar: 29, 30 de novembro e 16 de decembro de 2021, de 16 h a 20 h. Aula 1 da Facultade de Filosofía.
    • Organiza: Oficina de Igualdade de Xénero e o Servizo de Participación e Integración Universitaria.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.12.2022.