Para a elaboración deste Plan tívose en conta a Norma Básica de Autoprotección dos centros, establecementos edependencias dedicados a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia, en diante norma Básica de Autoprotección (R.D. 393/2007 do 23 de marzo de 2007. B.O.E. nº 72 do 24 de marzo de 2007).
Obxectivos
O obxectivo principal do presente Plan é previr e controlar os riscos sobre as persoas e os bens e dar resposta axeitada ás posibles situacións de emerxencia, na zona baixo responsabilidade do titular da actividade, garantindo a integración destas actuacións co sistema público de protección civil.
Tamén son obxectivo deste Plan.
- A descrición do establecemento, as súas instalacións e os sectores ou zonas de risco potencial.
- Identificar, analizar e avaliar os riscos propios e os externos.
- Establecer formas de colaboración co sistema público de Protección Civil.
- Garantir a fiabilidade das instalacións e dos medios de protección.
- Garantir a dispoñibilidade de persoas formadas e preparadas para unha rápida e eficaz actuación.
- Garantir a intervención inmediata, a evacuación e/ou confinamento (en caso necesario).
- Facilitar as inspeccións dos Servizos da Administración.
- Garantir a intervención da Axuda Externa.
- Previr dos posibles sucesos adversos a todas aquelas actividades, centros, establecementos, espazos, instalacións e dependencias recollidos no anexo I que poidan resultar afectadas por situacións de emerxencia
- Identificar os medios de protección existentes e necesarios para mitigar os posibles sucesos. (humanos e materiais).
- Organizar os medios humanos e materiais, e planificar as súas obrigas.
- Cumprir a normativa vixente