Está composto polo reitor ou a reitora, o secretario xeral ou a secretaria xeral, o xerente ou a xerenta e 300 representantes dos distintos sectores da comunidade universitaria, elixidos mediante sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto, coa seguinte distribución: 51 % de profesorado doutor con vinculación permanente; 11 % de membros das restantes categorías de persoal docente e investigador; 28 % de alumnado; 10 % de persoal de administración e servizos.
-
A elaboración dos Estatutos e mais a súa modificación.
-
A remoción do reitor, mediante a convocatoria de eleccións extraordinarias.
-
A elección de membros do Consello de Goberno na súa representación.
-
A elaboración e aprobación das súas normas de réxime interno.
-
A elección e revogación do valedor da comunidade universitaria, a aprobación do seu Estatuto e o debate do seu informe anual.
-
A aprobación do Estatuto do estudantado.
-
A aprobación das liñas xerais do Regulamento Electoral Xeral e dos regulamentos de persoal docente e investigador, de persoal de administración e servizos e dos estudos de títulos propios.
-
A deliberación sobre o informe anual do reitor.
-
A aprobación das liñas xerais da programación plurianual e dos orzamentos.
-
O coñecemento e o debate da planificación estratéxica e das relacións de postos de traballo.
-
A expresión da opinión da comunidade universitaria e a formulación de recomendacións, propostas e declaracións institucionais, así como o debate dos asuntos formulados polo reitor ou polo Consello de Goberno.
-
A recepción de información sobre o funcionamento e os obxectivos da Universidade.
-
O control da xestión dos órganos de goberno da Universidade.
-
A elección da Comisión de Reclamacións contra as propostas das comisións dos concursos de acceso do profesorado e do profesorado contratado doutor.
-
O establecemento dos criterios xerais que a USC deberá ter en conta para a creación, a modificación e a supresión de centros e departamentos e para a súa adscrición á Universidade.