Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Delegados/as de prevención

Competencias e relación de delegados e delegadas de prevención en centros e servizos da USC.

  • De acordo coa Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais, son competencias e facultades dos delegados e delegadas de prevención:

    • Colaborar coa dirección da USC na mellora da acción preventiva.
    • Promover e fomentar a cooperación do persoal na execución da normativa sobre prevención de riscos laborais.
    • Ser consultados, con carácter previo á súa execución, sobre calquera decisión que poida ter efecto substancial sobre a seguridade e saúde do persoal.
    • Exercer un labor de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.
    • Acompañar aos técnicos nas avaliacións de carácter preventivo.
    • Acompañar ós inspectores de traballo e seguridade social nas visitas e verificacións que realicen nos centros de traballo para comprobar o cumprimento da normativa sobre prevención de riscos laborais, podendo formular diante deles as observacións que estimen oportunas.
    • Ter acceso á información e documentación relativa ás condicións de traballo que sexa necesaria para o exercicio das súas funcións. De xeito particular, os delegados e delegadas de prevención terán acceso á información e documentación referente a:
      • Os riscos para a seguridade e a saúde do persoal e a súa avaliación.
      • As medidas e actividades de protección e prevención aplicables ós devanditos riscos.
      • Resultado dos controis periódicos das condicións de traballo e da actividade do persoal.
      • Práctica dos controis do estado de saúde do persoal e conclusións obtidas dos mesmos.
      • Relación de accidentes de traballo e enfermidades profesionais que ocasionen unha incapacidade laboral superior a un día de traballo.
      • Situacións de emerxencia e medidas de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuacións.
    • Ser informados dos danos producidos na saúde do persoal, unha vez que a USC tivera coñecemento deles. Os delegados e delegadas de prevención poden presentarse, aínda que sexa fora da súa xornada laboral, no lugar do accidente para coñecer as circunstancias nas que se produciu.
    • Recibir da USC as informacións obtidas procedentes das persoas ou órganos encargados das actividades de protección e prevención na empresa, así como dos organismos competentes para a seguridade e saúde do persoal.
    • Realizar visitas ós lugares de traballo para exercer un labor de vixilancia e control do estado das condicións de traballo. Para iso poden acceder a calquera zona do lugar de traballo e comunicarse co persoal titular dos postos sen que se altere o normal funcionamento do proceso produtivo.
    • Solicitar da USC a adopción de medidas de carácter preventivo e para a mellora dos niveis de protección da seguridade e saúde do persoal, podendo facer propostas á dirección da USC ou ao CSS.
    • Propoñer a paralización de actividades en caso de situación de risco grave e inminente.

    Do acceso á información e documentación estarán expresamente excluídos os datos relativos ao estado de saúde do persoal. Os delegados e delegadas de prevención deberán observar sixilo profesional respecto das informacións ás que tivesen acceso como consecuencia da súa actuación na empresa. Asemade, aos datos protexidos conforme á Lei de Protección de Datos aplicaráselle o réxime de garantías da devandita lei e a súa normativa de desenvolvemento.

  • Representación Nome e apelidos Centro/Servizo
    PDI funcionario Jorge Proupín Castiñeiras Facultade de Física (Física Aplicada)
    Xosé Manuel Pardo López CITIUS
    Benjamín Rey Sanjurjo EPSE (Enxeñería Agroforestal)
    María Rosa Mosquera Losada EPSE
      María Reyes Lage Vilar UXA Sur
    PDI laboral do Campus de Santiago Alba Alonso Álvarez Facultade de Ciencias Políticas (Ciencia Política e Socioloxía)
    Carlos Pérez Varela Facultade de Filoloxía (Filoloxía Francesa)
    Francisco Javier Fernández Fernandez Facultade de Matemáticas (Análise Matemática)
    David Nespereira Ulla Área de Operación de Infraestruturas
    Cristina Varela Portela Facultade de Ciencias da Educación (Didáctica)
    PDI laboral do Campus de Lugo Alicia del Carmen Mondragón Portocarrero Facultade de Veterinaria
    María Dolores Fernández Tilve Facultade de Ciencias da Educación
    PAS funcionario Rodrigo Santiso Varela  Edificio Intercentros (Lugo)
    Francisco Cotón Raña Biblioteca Intercentros de Física e Óptica
    Catuxa Lombao Vázquez UXA Norte
    Álvaro Salteiro Leis Facultade de Dereito
    PAS Laboral do Campus de Santiago Sandra Barca Bravo CACTUS Santiago
    Fernando Sedano Arnáez Área de Xestión e Valorización de I+D+i
    Pilar Riveiro López Servizo de Protección Radiolóxica
    Antonio Pazos Álvarez Facultade de Física
    PAS Laboral do Campus de Lugo María Fátima Carbón González CACTUS Lugo
    Alba Noelia Prado Vázquez Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
    Albina Román Castro CACTUS de Lugo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.05.2024.