Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Neste congreso abórdanse problemáticas sociais contemporáneas desde un marco teórico e conceptual ben consolidado, o da Psicoloxía Social.
VI Congreso

O Congreso será un espazo de encontro dun amplo número de profesionais e investigadoras/res de diferentes procedencias xeográficas, nacionais e internacionais.

  • As persoas participantes e voluntarias terán a posibilidade de asistir á presentación das investigacións máis recentes e relevantes para a análise de realidades socio-políticas, comunitarias, grupais e interpersoais. Polo tanto, considérase que é un escenario propicio para que o voluntariado da USC desenvolva competencias no apoio á preparación e posta en marcha dunha actividade que contribúe na difusión e transferencia do coñecemento científico. Do mesmo xeito, van poñer en práctica habilidades sociais —indispensables para calquera profesional—, a través do acompañamento e orientación de persoas que visitan a nosa universidade e cidade.

    • Horario: vanse asignar quendas, ata completar 15 horas de colaboración directa nos tres días de congreso.
    • Prazas: 18.

    Compromisos das persoas voluntarias:

    • Recibir unha formación teórica sobre voluntariado facilitada polo Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (10 h de formación en liña)
    • Participar nas actividades programadas durante os tres días de Congreso (15 h):
      • Colaborar na acollida de congresistas.
      • Acompañar relatores/as.
      • Apoiar en tarefas organizativas.
      • Dinamizar espazos compartidos.
      • Asistir ás sesións científicas.
      • Avaliar a súa experiencia cunha memoria (1 h).
         
    • Páxina web do congreso
Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.03.2025.