Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Correspondentes Universitarias/os

Acción de voluntariado da Xunta de Galicia para a difusión dos seus programas e iniciativas entre o estudantado das tres universidades galegas.

  • Programa Correspondentes Universitarios/as nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña

    A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, en colaboración coas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, favorece a difusión da información xuvenil entre o alumnado dos campus universitarios a través do programa Correspondentes Universitarias/os.

    Este programa ten por obxecto difundir os diferentes proxectos, accións e iniciativas que a Xunta de Galicia ofrece as mozas e mozos galegos, así como outra información de interese entre o alumnado das tres universidades.

    Serán os propios estudantes, como Correspondentes Universitarios, os encargados de transmitir esa información, o que favorece así a súa participación activa tanto na elaboración como na difusión da información entre iguais.

  • O prazo para solicitar a participación no programa estará aberto ata o 31 de outubro de 2023.

    A solicitude farase a través do formulario publicado na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia pero se queres que ademais teña recoñecemento académico con créditos tes que cubrir tamén o noso formulario de inscrición publicado nesta páxina.

     

     

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2024.