Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Actualmente, está composta por 45 entidades que actúan de forma coordinada para asegurar que os dereitos fundamentais das persoas menores de idade sexan respectados e protexidos.

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) é unha asociación de entidades xurídicas que traballa para a promoción e defensa dos dereitos da infancia e adolescencia en Galicia. 

Nacida coa misión de defender, protexer e promocionar os dereitos da infancia, a POIG basea o seu labor nos principios recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno de 1989. O seu obxectivo principal é garantir o bo trato á infancia e adolescencia en Galicia, denunciando e facendo seguimento das situacións que vulneren os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes.

Ademais das súas actuacións en Galicia, a POIG tamén colabora e participa en iniciativas a nivel estatal e internacional, co fin de incrementar o benestar da infancia e asegurar que os dereitos da infancia sexan unha prioridade en todas as esferas.

A POIG ofrece tamén oportunidades de voluntariado para todas aquelas persoas que queiran implicarse activamente na defensa dos dereitos da infancia e adolescencia. A través do seu programa de voluntariado, podes colaborar en proxectos relacionados coa participación infantil, campañas de sensibilización e moito máis; todo coa misión de crear un impacto positivo nas vidas da infancia e adolescencia en situación de vulnerabilidade.

  • Programa Redeir@s. Os dereitos da Infancia e Adolescencia en Rede

    O persoal voluntario que se una a este proxecto poderán participar activamente no Grupo de Participación Infantil e Adolescente, un espazo no que nenos, nenas e adolescentes galegos poden expresarse, propoñer ideas e compartir as súas inquedanzas. Os voluntarios/as axudarán a organizar e dinamizar:

    1. Xuntanzas anuais e encontros dixitais: promoción da participación activa nos dereitos da infancia.
    2. Actividades para o Día Universal dos Dereitos da Infancia (20N): organización de actividades que espertan a conciencia sobre os dereitos da infancia e adolescencia.
    3. Campañas de difusión e socialización en Redeir@s: creación de contidos e recursos dixitais que cheguen a un público máis amplo.

    Para máis información sobre como involucrarse e ser parte da POIG, visita a súa web: https://infanciagalicia.org/fai-voluntariado/

    Horario: luns, martes ou mércores. Modalidade presencial ou híbrida. Flexibilidade horaria.

    Prazas: 2

     

    Programa de difusión sobre os Dereitos da Infancia e Adolescencia mediante accións de comunicación, investigación ou sensibilización social

    O persoal voluntario que se una a este proxecto poderán colaborar no programa de Difusión e Comunicación, unha área centrada en sensibilizar á sociedade sobre a importancia dos dereitos da infancia e adolescencia. Entre as súas funcións estarán:

    1. Xestión de redes sociais e creación de contidos: o persoal voluntario axudará a crear e publicar contidos atractivos e didácticos nas redes sociais, contribuíndo a campañas de sensibilización.
    2. Participación en campañas de difusión: estas campañas están orientadas a promover o coñecemento dos dereitos da infancia e adolescencia en Galicia e apoiar as accións da POIG.
    3. Creación de materiais gráficos e audiovisuais: o persoal voluntario terá a oportunidade de aprender e aplicar habilidades creativas a través da elaboración de boletíns, carteis e vídeos para difusión en medios sociais e eventos da POIG.

    Apoio na actualización de documentos/informes sobre os dereitos da infancia e adolescencia. 

    Para máis información sobre como involucrarse e ser parte da POIG visita a súa web: https://infanciagalicia.org/fai-voluntariado/

    Horario: luns, martes ou mércores. Flexibilidade horaria. Modalidade presencial, híbrida ou telemática.

    Prazas: 2

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2024.