Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Igaxes é unha ONG que traballo con menores en risco de exclusión social para que non teñan que renunciar a seu futuro.
Cren no voluntariado como ferramenta para cambiar vidas.

Máis de 100.000 nenas, nenos e persoas mozas en Galicia padecen cada día as consecuencias da falta de recursos, a soidade ou a violencia. Velan polo seu dereito a crecer nun clima seguro e protector, a recibir unha educación de calidade e en condicións de equidade, a contar con oportunidades para formarse e acceder a un futuro profesional e converterse no que elas ou eles mesmos queiran ser.

  • Escola da vida

    A lectura mellora os resultados académicos, pero non todas as nenas e nenos teñen quen lles lea, por iso animan a apoiar a nenas e nenos de Educación Primaria con lecturas que melloren a súa comprensión lectora. A actividade se fai de forma individual, unha persoa voluntaria por cada nena ou neno. 

    *Esta actividade terá lugar no Centro Educativo da nena ou neno, sempre en centros de Santiago e arredores.

    • Horario: un día á semana a acordar co colexio, en sesións dunha hora e media en horario de tarde.

    • Prazas: 5

     

    Escola da vida

    O fracaso escolar dificulta a posterior inserción laboral e perpetúa a pobreza. Axudar ás mozas e mozos de secundaria, bacharelato e ciclos formativos cos seus estudos non é posible para todas as familias, é indispensable axudar a estas mozas e mozos para que non queden atrás. Animan a formar parte do reforzo educativo, no que traballan con grupos reducidos axudando ás alumnas e alumnos nas materias nas que atopen dificultades. 

    • Horario: mércores, no Centro Sociocultural Pontepedriña, en Santiago, de 17 a 20 h.

    • Prazas: 2

     

    Referentes

    Moitas mozas e mozos sen apoio familiar precisan alguén maior en quen confiar. Referentes é un voluntariado que muda vidas. Buscan persoas que queiran acompañar a unha moza ou mozo no seu camiño cara á emancipación. Aconsellando en materia laboral, orientando na procura de piso, compartindo gustos e afeccións ou, simplemente, compartindo unha conversa arredor dun café. Ti podes ser esa persoa que lle permita ampliar a súa rede social e camiñar con máis seguridade. Como referente construirás unha relación de amizade cunha moza ou mozo para confiar, divertirse, consolarse ou coñecer unha realidade diferente á propia. 

    *É requisito indispensable ter máis de 25 anos e NON ter formación nin experiencia profesional en áreas sociais (educación social, traballo social, psicoloxía, pedagoxía....) **Imprescindible pasar unha proba de idoneidade. 

    • Horario: dúas horas semanais durante seis meses.
    • Prazas: 5
Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.10.2024.