Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Voluntariado de reforzo socioeducativo, lecer e tempo libre

Desenvolvemento de actividades voluntariado en Ferrol e tamén en Viveiro, Vilalba, Foz e Burela.

  • Programa Amodiño

    Con esta expresión tan propia, AMODIÑO, definen a esencia do proxecto, o cambio paseniño e con afouteza, promovendo as capacidades dos NNA (nenos, nenas e adolescentes), favorecendo o seu desenvolvemento integral e sementando novas oportunidades de futuro, que contribúan a romper o círculo da pobreza e a súa cronicidade, para ser freos e non aceleradores, garantindo así, a igualdade de dereitos e apostando pola protección, prevención e educación coma motor de cambio. 

    Este proxecto desenvolvese en Ferrol (en diferentes barrios) e Lugo (Viveiro, Vilalba, Foz e Burela) e precisa voluntariado para acompañar aos NNA en tarefas de reforzo socioeducativo e ocio/tempo libre.

    Horario: de luns a venres, de 17 a 19h.

    Prazas: 8

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2025.