Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Iniciativa de voluntariado con menores.

Asociación Recreativa e Cultural "Os Tilos" ofrece a posibilidade de realizar tarefas de voluntariado en diversos programas de conciliación e actividades recreativas con menores.

  • Programa “O mundo de Xea”

    O Mundo de Xea é unha aula de conciliación familiar, onde as cativas e cativos entre 3 e 5 anos teñen unha gran variedade de actividades lúdico-educativas.

    Tarefas a desenvolver:

    • Apoio nas diferentes actividades do proxectos lúdico-educativos de igualdade de oportunidades, educación ambiental, vial e hábitos saudables etc. con xogos cooperativos, obradoiros de cociña ou manualidades...
    • Apoio na merenda.
    • Apoio nas saídas ou visitas programadas.
    • Apoio no proxecto de inglés lúdico.
       
    • Horario: de luns a xoves, de 17 a 20 h.
    • Prazas: 1 persoa por día.

    Planeta Solit

    O Planeta Solit é unha aula de conciliación familiar-aula de xogo, onde as nenas e nenos de 6 e 8 anos teñen diversas actividades lúdico-educativas.

    Tarefas a desenvolver:

    • Apoio no espazo dos deberes.
       
    • Horario: de luns a xoves, de 16 h a 20 h.
    • Prazas: 1 persoa por día. 

    Programa Club de Piratas

    O Club dos Piratas é unha aula de conciliación familiar-aula de xogo para rapazas e rapaces de 9 a 12 anos de idade. Durante as tardes, ademais de realizar as tarefas escolares para o día seguinte, teñen diversas actividades lúdico-educativas relacionadas con distintas temáticas. A maior prioridade deste club é comezar a fomentar a autonomía persoal e reforzar os lazos entre iguais.

    Tarefas a desenvolver:

    • Apoio no espazo dos deberes.
       
    • Horario: de luns a xoves, dende as 16 a 20 h.
    • Prazas: 1 persoa por día.

    Campamentos Urbanos

    Os Campamentos Urbanos é un proxecto de conciliación familiar, laboral e persoal con actividades lúdicas para diferentes grupos de idade. Todos os grupos teñen un eixo temático no que se relacionan os diferentes xogos e obradoiros co tema elixido polo equipo de monitoras e monitores. Estes campamentos lévanse a cabo durante os períodos de vacacións escolares (setembro, Nadal, Entroido, Semana Santa, xuño, xullo e agosto).

    Tarefas:

    • Apoio nas actividades lúdicas de lecer.
    • Apoio nos desprazamentos das nenas e nenos pola contorna dos Tilos.
    • Apoio na piscina no verán.
       
    • Horario: de luns a venres, de 11 a 14 h.
    • Prazas: 2 por día (consultar a dispoñibilidade de prazas en cada período)

    Outros proxectos ou tarefas onde colaborar

    Durante o ano hai diferentes actividades nas que se pode colaborar de forma presencial ou virtual:

    • Colaboración na celebración de festas tradicionais: Samaín, Magosto, Nadal, Entroido...
    • Colaboración nas ceas trimestrais para as nenas e nenos dende os 3 aos 12 anos.
    • Elaboración de carteis dos proxectos ou actividades.
    • Creación de presentacións audiovisuais dos diferentes proxectos.

     

    • Horario: de luns a venres, 16:30 h a 20:30 h.
    • Prazas: 1 por día (consultar a dispoñibilidade de prazas segundo a actividade na que se queira colaborar). 
Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.09.2024.