Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Nace das necesidades dun grupo de familias que queren involucrarse en maior medida na defensa dos dereitos das persoas menores de idade que están no sistema de protección público.

Unha das súas prioridades é difundir o acollemento familiar como o mellor recurso para a protección á infancia e adolescencia en situación de desamparo ou risco, comprometéndonos así co programa de sensibilización social e captación de posibles persoas e familias acolledoras.

  • Programa Agarimos. Campamento para crianzas en acollemento    

    Campamento pensado por e para as crianzas en acollemento residencial que ten como obxectivo principal proporcionarlles unha experiencia onde cada crianza ten unha persoa voluntaria en exclusiva.        

    • Horario: 10 dias durante o verán (24 horas)          
    • Prazas: 5 

    Programa Enlazando vidas. Voluntariado de referentes            

    Establecer unha relación de confianza compartindo tempo de lecer cunha crianza ou adolescentes en acollemento residencial con falta de referentes ou rede de apoio estable e segura na súa vida.        

    • Horario: Segundo dispoñibilidade da persoa voluntaria.
    • Prazas: 4 (COMPLETO)

    Programa de apoio escolar

    Realizar actividades de reforzo da lectura e escolar con crianzas en acollemento familiar que cursen E.I. ou E.P. 

    • Horario: martes e xoves, de 18:30 a 19:30 h.
    • Prazas: 6 (COMPLETO)

    Programa de conciliación e canguraxe

    Realizar actividades de conciliación coas crianzas nas actividades propostas para persoas adultas e apoiar no servizo de canguraxe con familias acolledoras.              

    • Horario: segundo a necesidade e a dispoñibilidade da persoa voluntaria.
    • Prazas: 4 

    Programa Encontros entre irmáns e irmás

    Acompañar a grupos de irmás e irmáns en acollemento residencial e familiar en saídas e actividades de lecer.      

    • Horario: fins de semana, de 17 a 20 h.
    • Horario: 4 

    Programa Ocio positivo entre iguais

    Acompañar a crianzas e adolescentes en acollemento residencial e familiar en saídas e actividades de lecer.        

    • Horario: fins de semana, de 17 a 20 h.
    • Prazas: 4 

    Programa de difusión e sensibilización

    Colaborar na difusión de información sobre o acollemento familiar, o sistema de protección e as actividades realizadas por ACOUGO, nas redes socias e por calquera outro xeito que se poida.

    • Horario: segundo a necesidade e a dispoñibilidade da persoa voluntaria.
    • Prazas: 20 

    Programa Banco de recursos

    Colaborar na xestión do banco de recursos situado no Concello de Padrón e que proporciona roupa e enseres ás familias, promovendo o desenvolvemento sostible e a reutilización. 

    • Horario: mércores, de 10 a 13 h. 
    • Prazas: 4
Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.12.2024.