Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Club pioneiro en Compostela en promocionar o hóckey sobre patíns. Fundado en 1989, levan 25 anos promocionando o deporte e, sobre todo aínda que a súa competición sexa mixta ata os 17 anos, difundindo e fomentando o deporte feminino, conseguindo chegar ao máximo nivel deportivo nacional.

  • As actividades desenvólvense no Pavillón Municipal de Vite que está na rúa Carlos Maside, 2. Neste momento o pavillón está en obras (en xaneiro teñen previsto a súa volta) polo que, na actualidade, a base a teñen en Lamas de Abade e o equipo nacional feminino en Fontiñas.

    Programa deportivo educativo

    Colaboración cos equipos da base do club, dende axudar a poñer os patíns ás mais cativas e cativos, acompañamento, colocación do material deportivo, etc.

    • Horario: martes, xoves, venres e fins de semana de partidos, de 16:30 a 21 h (horarios de partidos a definir)
    • Prazas: 5

    Colaboración como axudantes nos adestramentos, dende colocación de portarías, material, organización e control dos grupos, asistencia, etc. 

    • Horario: martes, xoves e venres de 16:30 a 21 h.
    • Prazas: 4

    Acompañamento en partidos, coas mesmas funcións de colaboración cos equipos da base.

    • Horario: fins de semana (horarios dos partidos a definir)
    • Prazas: 2

    Realización de obradoiros de 1º auxilios básicos, e outros obradoiros de educación saudable. 

    • Horario: martes, xoves e venres de 16:30 a 21 h.
    • Prazas: 2

    Colaboración coas sesións de preparación física previas aos adestramentos.

    • Horario: martes, xoves e venres de 16:30 a 21 h.
    • Prazas: 2

     

    Programa Deportivo de base

    Colaboración cos partidos oficiais da base, dende facer mesas de arbitraxes, ata acompañamento e recepción dos equipos locais e visitantes.

    • Horario: fins de semana (horarios dos partidos a definir)
    • Prazas: 4

     

    Xestión do Club

    Encargados de almacéns de material: responsabilidade no orde e control dos almacéns de material do club.

    • Horario: martes, xoves e venres de 16:30 a 21 h.
    • Prazas: 2

    Colaboración na organización de actividades extradeportivas.

    • Horario: en función da programación (horarios dos partidos por definir)
    • Prazas: 4

     

    Partidos OK Liga (Categoría nacional)

    Recepción de equipos visitantes.

    • Horario: fins de semana (horarios dos partidos a definir)
    • Prazas: 2

    Organización da instalación: megafonía, speaker, musica, colocación e retirada de publicidade estática, preparación de zonas bancadas, arbitro e vestiarios.

    • Horario: fins de semana (horarios dos partidos a definir)
    • Prazas: 4

    Control de aforo, entrada e saída de público asistente.

    • Horario: fins de semana (horarios dos partidos a definir)
    • Prazas: 2

    Gravación de encontros.

    • Horario: fins de semana (horarios dos partidos a definir)
    • Prazas: 2

    Locución de retransmisión deportivas.

    • Horario: fins de semana (horarios dos partidos a definir)
    • Prazas: 2

     

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.11.2024.