Voluntariado cultural no Museo de Belas Artes da Coruña
O Museo de Belas Artes expón pezas de pintura, debuxo, escultura, gravado e artes decorativas. A colección pictórica acolle obras dende o século XVI ata a actualidade de importantes artistas galegos (Sotomayor, Colmeiro, Laxeiro, Seoane...), máis tamén creacións de artistas como Rubens, Vicente Carducho, Frans Francken ou Francisco de Goya.
-
Área de difusión
Colaboración na asistencia ao visitante e grupos escolares. Participación nas actividades do museo.
- Horario: martes a venres, de 9:30 h a 14 h.
- Prazas: 2
Área de Documentación
Colaboración no inventario e documentación de fondos do museo.
- Horario: luns a venres, de 9 a 14 h.
- Prazas: 1