Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Son unha fundación que aposta por unha educación transformadora que xere a participación activa e comprometida de todas as persoas a favor da xustiza, a equidade de xénero e a sostibilidade social e ambiental.

InteRed Galicia  ten como obxectivo traballar polo dereito á educación transformadora, de calidade e inclusiva, para acadar a igualdade e polo dereito a unha vida libre de violencias machistas.

  • Sementando Coeducación dende o Rural: Os Coidados como Xermolo para a Sustentabilidade da Vida.

    Implementación da estratexia de comunicación do proxecto. Accións:

    • Elaborar e difundir contido divulgativo en boletín, apps de mensaxería e RRSS de InteRed. Exemplo: publicacións didácticas nas RRSS de InteRed Galicia (Instagram e Facebook).
    • Gamificación: Gamificación nos obradoiros coas RRSS para atraer novo público ás mesmas. 
    • Difusión das actividades do proxecto en RRSS. Exemplos: difusión dunha formación ou publicación sobre como foi un obradoiro.
    • Deseño e elaboración de carteis para a difusión de diversas actividades do proxecto como formacións, encontros, intercambios, etc.
    • Difusión en RRSS dos produtos audiovisuais creados pola mocidade implicada no proxecto (Produtos das accións de mobilización social).

    Horario: Non se esixe un horario específico nin ríxido, se non unha dedicación de 2-3 horas por semana no máximo que dependerán do día no que se realicen actividades, no que se fagan publicacións en RRSS, etc

    Prazas: 1 persoa (ou 2 se fose posible, para poder ir alternándose por períodos ou se unha non pode en algún momento concreto)