Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Movemento mundial, democrático e independente con mais de 7 millóns de socios e socias, activistas e simpatizantes que se toman a inxustiza como algo persoal. Actúan en case todos os países do mundo para que todas as persoas poidan gozar dos seus dereitos humanos.

Amnistía Internacional desenvolven o seu traballo con absoluta independencia. Non aceptan subvencións de gobernos nacionais nin doazóns de partidos políticos para o seu traballo de investigación e campañas. Deste xeito preservan a súa imparcialidade e liberdade de acción.

En Amnistía Internacional teñen a visión dun mundo en que tódalas persoas gozan dos dereitos proclamados na Declaración Universal de Dereitos Humanos de Nacións Unidas. Paradoxalmente, isto convérteos nunha organización incómoda para os poderosos. Emporiso, a experiencia dilles que é posible cambiar as cousas.

  • Xestión do activismo

    Tarefas de captación de novas e novos activistas para AIG a través de cartas, RRSS, portais de voluntariado etc. e xeración de documentación interna relativa ao activismo.

    • Horario: 1 día á semana a elixir (2 horas).
    • Prazas: 4.

    Educación en Dereitos Humanos

    Traballo para levar a escolas e institutos contidos de Dereitos Humanos.

    • Horario: 1 día á semana a elixir (2 horas).
    • Prazas: 4

    Comunicación

    Visibilización do traballo de AI en medios de comunicación, RRSS e Blog de AIG.

    • Horario: 1 día á semana a elixir (2 horas).
    • Prazas: 4

    Relacións Institucionais

    Traballo de incidencia políticas co goberno e parlamento autonómico.

    • Horario: 1 día á semana a elixir (2 horas).
    • Prazas: 4

    Equipo de traballo coa sociedade civil organizada (Organizacións da mocidade)

    Envío das preocupacións, accións e informacións elaboradas por AI a mozas e mozos (Universidade, centros de Ensino Medio e Superior, asociacións da mocidade etc.)

    • Horario: 1 día á semana a elixir (2 horas).
    • Prazas: 4

    Grupo Gaza

    Sensibilización sobre cuestións específicas ao redor do conflito Israel-Palestina (en canto a vulneracións dos dereitos humanos).

    • Horario: 1 día á semana a elixir (2 horas).
    • Prazas: 6

    Grupo GEIA

    Activismo arredor da sensibilización e educación en temas de xénero, equidade, igualdade e antiracismo.

    • Horario: 1 día á semana a elixir (2 horas).
    • Prazas: 6

    Grupo Xustiza Climática

    Activismo arredor da sensibilización sobre xustiza climática, xa que o cambio climático aumenta a desigualdade e a vulnerción dos dereitos humanos.

    • Horario: 1 día á semana a elixir (2 horas).
    • Prazas: 6
Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.09.2024.