Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) desenvolve accións diferentes programas de sensibilización e acompañamento de persoas con discapacidade.

COGAMI busca conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos e da reivindicación do cambio social.

  • Programa de acompañamento a persoas con discapacidade: apoio educativo

    Prestar apoio educativo a unha persoa da zona de Santiago de Compostela co fin de mellorar a lecto-escrita básica en castelán. 

    • Horario: un día á semana en horario de tarde, unha hora entre as 16:30 e as 18 h.
    • Prazas: 1 (COMPLETO)

     

    Programa de acompañamento a persoas con discapacidade: apoio educativo en actividade extraescolar

    Prestar apoio educativo a unha nena da zona de Santiago de Compostela que cursa primaria en actividade extraescolar.

    • Horario: martes, de 16:30 a 17:30 e de 17:30 a 18:30 h.
    • Prazas: 2 (COMPLETO)
Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.02.2025.