Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
O Centro Sanitario A. P. Foltra é un centro de referencia nacional e internacional na rehabilitación do paciente con dano neurolóxico.

O Centro busca abrir novos camiños para as persoas que esgotaron as posibilidades de evolución e mellora na súa calidade de vida en centros públicos ou privados.

Trátanse unha serie de patoloxías neurolóxicas (parálise cerebral infantil, lesión medular, traumatismo cranio encefálico, accidente cerebro vascular, lesións nerviosas periféricas, enfermidades dexenerativas…) mediante un tratamento personalizado, integral e multidisciplinar (fisioterapia, psicoloxía, logopedia, terapia ocupacional, hidroterapia, estimulación e integración auditiva, reforzo cognitivo e terapia escolar, terapia de expresión artística…) potenciando ademais a implicación persoal das/os terapeutas, do centro e das familias.

  • Programa de ocio e acompañamento

    Acompañamento pola tarde para realizar actividades de ocio (culturais, tomar algo, pasear...).

    • Horario: calquera día da semana, de 17:30 h a 20 h.
    • Prazas: 1.

    Acompañamento en domicilio

    Posibilidade de practicar inglés falado e que a persoa voluntaria poda aprender e mellorar o seu nivel.

    • Lugar: Rúa Doutor Maceira, en Santiago de Compostela
    • Horario: calquera día da semana, de 16 h a 20 h.
    • Prazas: 1.

    Acompañamento pola tarde para saídas de ocio (tomar un café, pasear...)

    • Lugar: Avenida Barcelona, en Santiago de Compostela.
    • Horario: calquera día da semana, de 16 h a 20 h.
    • Prazas: 1.

    Acompañamento pola tarde para realizar actividades de ocio (culturais, tomar algo, ir ao cine, pasear...)

    • Lugar: Cacheiras, Teo
    • Horario: calquera día da semana, de 18:15 h a 20 h.
    • Prazas: s/n.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.08.2023.