Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Pertencen a Down España, entidade formada polas asociacións e fundacións máis representativas do territorio nacional. Son socios fundadores de Down Galicia.

A Asociación Síndrome de Down Vigo creouse en 1989 co obxectivo de lograr a plena integración das personas con síndrome de Down e Discapacidade Intelectual e contribuír a mellorar a súa calidade de vida.

 

 

  • Programa “Móvome”, autonomía persoal e habilidades sociais e coñecemento da contorna

    Con "Móvome” trabállase a autonomía persoal a través do desenvolvemento das habilidades sociais e do coñecemento da contorna.

    Refórzase a autonomía a través de sesións semanais formativas na aula e saídas en fin de semana onde se poñen en práctica as habilidades traballadas no contexto formativo.

    Neste programa participan nenas/os e mozas/os con Síndrome de Down/discapacidade intelectual a partir dos 6 anos.

    • Horario: as sesión formativas son de luns a xoves, de 16 a 20 h, e as saídas son os venres e sábados de acordo co tipo de actividade de 3/4 horas de duración aproximada.
    • Prazas: 2.

    Foormativos

    Preparación para a vida adulta traballando en habilidades motoras, cognitivas, resolución de conflitos, xestión de euros, saúde. Tócanse os aspectos relevantes que permiten ás persoas con SD acceder a un nivel de autonomía que sempre respecte os ritmos de cada un e as necesidades/motivacións da persoa e da súa familia. Este traballo corre paralelo a outros servizos como a integración social e o emprego con apoio.

    • Horario: de luns, martes e xoves, de 9 a 13 h.
    • Prazas: 1

     Emprego con apoio (ECA)

    Apoio na aula a traballadoras e traballadores (modalidade de Emprego con Apoio, nunha empresa ordinaria). Acompáñaos no traballo para axudalas/os no lugar a integrar tarefas e desenvolver habilidades sociais e laborais. Alí se detectan as áreas de mellora que lles trasladan nunha reunión de equipo aos técnicos da ECA para que poidan ver como pode practicar, adestrar e mellorar esa habilidade/tarefa/competencia na clase.

    • Horario: martes e mércores, de 9 h a 13:30 h e de 16;30 a 18:30 h e os xoves, de 10 a 12:30 h e de 15:30 a 16:30 h.
    • Prazas: 4
Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.09.2023.