Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Programa de voluntariado en Sarela

A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela é unha entidade sen ánimo de lucro creada en decembro de 2000 por familiares e persoas con dano cerebral adquirido (DCA).

Sarela ten como obxectivos fundamentais promover a defensa conxunta dos dereitos das persoas con DCA e as súas familias; a súa integración e normalización social, e o seu coidado, asistencia e protección.

  • Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT) e Servizo de Mellora ou Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social (MAPIS)

    Saídas á contorna comunitaria

    As saídas no contorna comunitaria forman parte das actividades que se levan a cabo nos diferentes servizo que oferta a entidade. Estas saídas teñen diferentes temáticas, dende física, cultural, ocio... pero sempre co mesmo fin, que é a inclusión social das persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA) e o aproveitamento dos recursos comunitarios que temos ao noso alcance como cidadáns, dende pasear por un parque, ir ao cine, un bar ou a un museo.

    • Horario: luns, mércores e xoves. Polo xeral polas mañás, de 10 a 13 h. Avisaríase con tempo para favorecer a organización da actividade e da persoa voluntaria.
    • Prazas: 2

    Servizo de Atención Diurna Terapéutica (SADT)

    Expresión Artística

    Nesta actividade trabállase coas persoas con DCA a área ocupacional. Procúranse persos que teñan coñecementos ou interese en colaborar en actividades de:

    • Pintura
    • Costura
    • Bricolaxe
    • Horario: martes, de 10 a 11:45 h.
    • Prazas: 1

    Movemento Activo

    A actividade física é importante para o desenvolvemento persoal de todas as persoas en xeral e aínda máis, para as persoas con DCA. A persoa voluntaria pode colaborar dando apoio á persoa con DCA na realización de actividade física adaptada á súa condición.

    • Horario: martes, de 11:45 a 13 h.
    • Prazas: 1

    Ocio

    O ocio é a parte fundamental da vidas das persoas. Por iso, as persoas usuarias poderán elixir e xestionar o ocio segundo a súa elección e intereses persoais, en grupo ou de xeito individual. Tendo en conta as súas capacidades, algunhas persoas ususarias precisan de apoio dunha terceira persoa para a preparación da actividades e, incluso, para poder realizar a mesma.

    As actividades de ocio das tardes son diversas, xa que depende dos gustos e preferencias da persoa usuaria. Algún exemplos: 

    • Partida de cartas, dominó... Un apoio podería ser a colocación do material e apoiar na partida (axudar a mover as fichas, repartilas...).
    • Cine: apoio para a elección da película, preparación da sala, explicación do argumento...
    • Paseos pola zona: apoiar nalgunha saída que se relice polas inmediacións do servizo.
    • Coro.
    • Blog.
    • Horario: luns, martes, mércores e xoves, de 15:45 a 17:15 h.
    • Prazas: 4                                   
Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.09.2024.